Skip to Content

1º Curso

Saúde bucodental

O 20 de novembro contamos coa presenza de persoal especializado da Consellería de Sanidade para impartir un obradoiro de saúde bucodental a todo o alumnado do noso centro titulado "Coidando a miña boca".

Falounos da importancia de manter unha dieta non carioxénica, e adquirimos competencias que perseguen o fomento dunha hixiene oral efectiva e despois de cada comida.

Durante o relatorio púxose de manifesto que actualmente os escolares galegos teñen unha saúde bucodental equiparable á dos escolares dos países europeos máis avanzados neste campo. Unha das principais razóns deste importante avance foi o incremento da educación para a saúde bucodental na escola. Para todo isto a importancia da comunidade educativa foi, e continúa sendo, indiscutible.

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Metereoloxía na aula de apoio

O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día.

Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes.

A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.

 

Formación de usuarios: O alumnado

A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

Os máis cativos do cole, no primeiro trimestre, aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.

Visitaron a biblioteca unha vez por semana, e traballaron coas seguintes normas:

  • Entrar en silencio
  • Coller os libros cando diga a profesora.
  • Non interromper aos nenos/as que estean nela.
  • Sentarse ordenadamente sen arrastrar cadeiras...etc

Asemade realizaron outras actividades de formación:

  • Observaron os andeis dicindo a diferenza entre os que estean coa letra vermella e coa amarela.
  • Colleron algún libro en castelán e en galego.
  • Escolleron algún conto para contarlles na biblioteca .
  • Fixeron debuxos do conto.
  • Debuxaron a biblioteca.
  • Cada venres ían á biblioteca para cambiar o libro da mochila viaxeira.

As actividades gustáronlle moito pois a biblioteca é un lugar máxico para eles.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria seguiu tamén esta dinámica. Seguiron o programa de Formación de usuarios do PAL e realizaron as seguintes actividades:

  • Coñeceron a función da biblioteca e os seus servizos. Visitaron a biblioteca escolar, polo menos, unha vez por semana.
  • Cumprimentaron  fichas de libros..
  • Elaboraron un listado de accións para coidar os materiais da biblioteca.
  • Iniciáronse no coñecemento e interpretación da CDU simplificada, con actividades acordes á súa idade.
  • Aprenderon a interpretar os “tejuelos”.

O alumnado máis grande do cole realizou as seguintes actividades:

  • Repasou o sistema de clasificación da CDU e identificamos os seus elementos, facendo actividades de clasificación e cumprimento de fichas.
  • Coñeceu buscadores de internet e realizou pescudas para a documentación do traballo sobre escultura. Traballo realizado en Google presentación de xeito colaborativo.
  • Asemade, tamén fixeron pescudas en libros informativos: enciclopedias, biografías, etc e distinguimos pés de páxina, gráficos etc.



Hora de ler en 1º de Ed. Primaria

Neste  curso 2016-2017, e dentro da hora de ler, o alumnado de 1º curso de Primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:

  • Lectura individual dos libros escollidos.
  • Lectura en voz alta e por quendas.
  • Traballaron a lectura individual e colectiva de libros de interese e tamén dos de libre elección pola súa parte.
  • Confección de monicreques sobre algún dos libros escollidos e tamén sobre o relacionado co noso PDI.
  • Confección de historias en viñetas.
  • Confección de sinxelas poesías.
  • Sinxelas dramatizacións sobre algún dos libros.
  • Traballos plásticos sobre libros de interese.
  • Uso de revistas e cómics.
  • Reforzo da súa lectura e comprensión oral.

Unha das actividades que prepararon nesta hora foi o obra de teatro de monicreques titulada: "O outono da árbore cascarrabias" e que representaron ba biblioteca para todo o cole.

A mestre de Audición e linguaxe tamén se realizarosn as seguintes actividades:

  • Lectura do libro “LA PRINCESA LIWAYWAY” co que se traballou a comprensión lectora do mesmo axudando ao alumnado a extraer as ideas principais. Traballamos valores coma o respecto, tolerancia, axuda,..
  • Fixemos un “torbellino de ideas” respeto a como podemos axudar aos demais:a mmá, a papá, aos amigos e compañeiros,…
  • Limos a versión clásica “LA CENICIENTA” e xunto ao alumnado de 3º de Primaria intentamos cambiar a versión por unha cincenta mais actual. Cada alumno expuxo as súas ideas e entre todos decidimos as que mais nos gustaban para plasmalas nun comic da nova “CINCENTA”

 

Pinocchio en inglés

O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense.

Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade.

Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea.

Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura.

Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade.

Pasámolo xenial!!

Siena, ridng colours

O proxecto inicial de participación no PDI do centro era de dous pequenos proxectos: Un sobre a cidade de Siena e outro sobre Frida Kahlo. Debido a que o proxecto de Siena sufriu ampliacións, dado o interese do alumnado, e a posibilidade de actividades que foron xurdindo, decidimos deixar para outro curso o proxecto sobre a pintora mexicana.

O PDI sobre Siena desenvolveuse segundo o proxectado coas modificacións que agora puntualizamos:

  • Cambio de nome do proxecto consensuado co alumnado, Así decidimos chamalo “Siena, ridng colours”.
  • Postos en contacto co departamento de italiano da EOI de Ourense e manifestar a súa disposición a colaborar connosco, ao longo do proxecto non contactaron de novo co noso centro, polo que supuxo unha decepción.
  • O cónsul honorario de Italia en Galicia, Sr. Francesco Milani, confirmou a súa presenza no noso centro o 10 de maio. Por mor de problemas de saúde, na véspera da súa visita, tivo que ser anulada.
  • Ampliación de recursos e fontes empregados:
    • Fontes escritas:
      • ByME. Arts & Crafts 1,2,3. Ed. Macmillan.
      • Siena, playing with Art. Ed. Mandrágora.
      • Il Palio di Siena. Pacini Editore.
      • La belleza gótica de Siena. National Geographic.
      • Terzo di Siena 1, 2, 3. Assessorato al turismo. Comune di Siena.
      • Poema “La Pioggia”.  Associazione Vivacemente.
    • Fontes audiovisuais:

Os obxectivos, contidos e competencias clave que pretendíamos acadar foron as previstas e presentadas no PAL.

As actividades reflectímolas na presentación que se achega máis abaixo, así como nos enlaces da web do centro:

A arte da Música

Este ano  como actividade para o PDI do centro os alumnos e alumnas de 1º curso traballaron a parcela artística de MÚSICA. A partir da obra elixida "PEDRO E O LOBO", o alumnado de 1º curso achegouse ao  mundo da música e ao coñecemento moi básico dos distintos instrumentos musicais  e as súas familias. Tratáronse, entre outros , de acadar estes obxectivos:

  1. Fomentar a audición activa e consciente das obras musicais como fonte de enriquecemento cultural para favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.
  2. Participar en actividades musicais, tanto individualmente coma en grupo, con actitude aberta, interesada e respectuosa.
  3. Iniciación ao coñecemento das  familias de instrumentos musicais.
  4. Fomentar o gusto pola música e a participación en actividades de clase relacionadas con ela.
  5. Coñecer o valor do silencio na escoita de fragmentos musicais e nas pezas.

Para acadalos, as actividades realizadas, entre outras ,foron as seguintes:

  • Audicións de “ Pedro e o lobo “ . Visionado de vídeos tanto de orquestra  como de animación.
  • Lectura do conto en cómic.
  • Decoración das  portas  da clase cos personaxes e os instrumentos.
  • Elaboración dunha poesía sobre o relato.
  • Confección de monicreques dos personaxes do conto musical.
  • Fichas de comprensión e traballo do tema  elixido.
  • Dramatización na aula cos monicreques .
  • Confección de disfraces( Entroido) .Cada alumno/a disfrazouse dun dos personaxes da obra.
  • Confección do relato de Pedro e o lobo en viñetas. Cada alumno traballou unha viñeta e un compañeiro da clase encargouse de ilustralas.
  • Exposición dalgúns dos traballos realizados nun mural  no corredor.

Visita á horta do Concello de Mariñamansa

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria participou nunha visita didáctica ás hortas que o Concello de Ourense ten no barrio de Mariñamansa, a carón do río Barbaña.

Durante o tempo que durou a actividade estivemos fomos guiados por un biólogo que nos foi guiando no proceso de plantación e mantemento dunha horta.

Asemade, coñecemos como son en realidade diversas herbas aromáticas que se empregan na cociña ou con fins medicinais como a melisa, o ourego, ...

Pra rematar cada un de nos fixo o transplante dunha planta a un testo que nos comprometemos a plantar nas nosas casas.

A experiencia resultou moi interesante xa que boa parte do alumnado nunca visitara unha horta.

Un viaggio a colori

O 10 maio foi a data que escollemos para presentar todos os nosos traballos en relación a Italia e como colofón ao noso proxecto de biblioteca deste ano : "O Sueiro onde a lectura é arte".

Para tal ocasión, estaba previsto que o Cónsul de Italia, Sr Francesco Milani, presidise o acto, pero, por motivos de saúde, non foi posible a súa asistencia ao mesmo.

O programa de actuacións foi o seguinte:

  • Traballo realizado polo alumnado de 3º curso de Ed. Primaria sobre a Ópera, centrándose na obra de Donizetti "L'Elisir de amore".
  • Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria, coa colaboración  dalgúns extras de 3º, representaron o conto de Carlo Lorenzini: "Pinocho".
  • O alumnado de Relixión expuxo o seu traballo sobre a Capilla Sixtina.
  • Os máis pequenos do cole desprazáronse ata a cidade das canles: "Venezia" para coñecer o seu Entroido.
  • O alumnado de 6º de Ed. Infantil viaxou ata Vinci para para pescudar sobre a "Mona Lisa" e o seu autor, Leonardo.
  • E para rematar, os compañeiros de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria presentáronnos o "Viaggio a colori" que lles tocou vivir en Siena coa interpretación da canción "Io sono un bambino".

GALERÍA DE IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut