Skip to Content

Varias

Imaxes do Nadal 2017

Preme para ver a Galería de imaxes do centro no Nadal 2017

Postais de Nadal

Se premedes na imaxe veredes a galería de imaxes das postais de Nadal elaboradas polo alumnado do CEIP Manuel Sueiro.

Xogos populares

No mes de novembro, o Centro de Cultura popular Xaquín Lorenzo, desenvolveu no noso centro o XIII obradoiro de Xogos populares e tradicionais, dirixidos polo famoso animador "Lito".

Nesta ocasión os xogos traballados foron os seguintes:

  • Zancos, aros e peóns.
  • Xogos de pillas como o cazador, o pano do río e o chourizo.

O alumnado disfrutou moitísimo das actividades e xogos que Lito lles preparou. A maioría deles foi quen de subirse aos zancos, guiar os aros e facer xirar a buxaina.

 

 

A castaña que rebentou de risa

Ao longo do mes de novembro a nosa castañeira fixo garda na entrada da biblioteca para repartir o conto de "A castaña que rebentou de risa" a todo o alumnado do cole. Un conto en formato minilibro para colorear co que descubrimos por que a castaña ten dúas cores.

 

Magosto 2017

O 14 de novembro celebramos, no patio do colexio, a festa do magosto como colofón a todas as actividades realizadas en torno aos froitos de outono, especialmente ás castañas.

Este ano, contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo que cursan o Ciclo Superior de animación sociocultural e turística. Eles foron os encargados de animar o tempo de lecer ata que todas as viandas estiveron listas e preparadas para degustar.

O menú estivo composto por pulgas preñadas, empanada, bica e castañas asadas por un castañeiro de recoñecida sona na nosa comunidade educativa.

Ao remate do xantar, e seguindo a tradición, aproveitamos para cinsarnos a cara e as mans coa borralla da fogueira.

Pasámolo xenial!!

Exposición magosto 2017

Durante o mes de novembro realizamos, nos corredores do colexio, unha exposición temática sobre froitos do outono con traballos manuais  elaborados polo alumnado do centro coa axuda das súas familias.

Na galería de imaxes podedes observar a extraordinaria calidade dos traballos presentados. 

Proxecto Meteoarte

O proxecto desenvolvido ao longo do curso pasado, polo alumnado de 6ºde Ed. Primaria, dentro do programa de Meteoescolas, e titulado "Meteoarte", foi valorado polo xurado composto por membros da Consellería de Educación e de MeteoGalicia cunha calificación de "Programa de Excelencia".

Todos as actividades realizadas están reflectidas no blog "Meteosueiro" que manteñen os membros do equipo de metereoloxía.

Os nosos parabéns para todos e todas os compoñentes do Equipo de metereoloxía:

Exposición de calacús

Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.

Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.

Parabéns para todos os participantes!!

PREMIADOS

Ruliña

O alumnado de 3º de Ed. Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense, coa colaboración das pandereiteiras de 6º, Estela e María, interpretaron a canción "Ruliña" con letra e música de Ana Sánchez-Brunete.

Esta canción será presentada ao " II concurso nusical infantil "Quero cantar" que convocou a Deputación provincial da Coruña coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega, e a creatividade poética e musical.

Baile tradicional

O alumnado que participou na actividade extraescolar de baile tradicional que se ofertou de forma gratuíta no centro, foi invitado á exhibición que a agrupación folclórica ourensá, Queixumes do Pinos, realizou como festa de fin de curso.

O noso centro foi agasallado cun disco recopilatorio,  un exemplar da revista "A Bugalla" e un diploma de participación.

Distribuir contido


by Dr. Radut