O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.
Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.
Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.
Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.
Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días despois do recreo co obxectivo prioritario: Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días despois do recreo, de 12:00 a 12:20 traballamos os seguintes contos:
No 1º trimestre:
O primeiro conto foi escollido por Marco e elexiu o conto de "Cocorico" e que podedes ver nesta ligazón:
O segundo dos contos traballados foi: Grazas. Historia dun rueiro.
Outro dos contos escollidos por eles foi a fermosa historia de “Si yo tuviera una púa” que tamén podedes ver no noso blog da biblioteca.
Alegría, outra das nenas de 2º elexiu o conto “La paleta de los recuerdos”. A súa protagonista Lucía conta como cada un dos recordos ten unha cor diferente e como a través desas cores viaxa por distintos momentos da súa vida e transmitindolle sentimientos diferentes. Debuxamos a portada do conto e fixemos unha en A3 para facerlle un agasallo a alumna de prácticas que se vai e puxémoslle na paleta da protagonista os nomes dos nen@s de 2º que compartimos con ela moitos momentos.
Agradecer a Nerea por traballar co alumnado de 2º o conto de Elmer e aproveitar esa oportunidade para dramatizar o conto con eles. O elefante de cores, de David Mckee, trata dous grandes temas: o respeto hacia o outro dende a aceptación das diferencias, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente.
Tamén aproveitamos a presentación do noso proxecto das plantas para traballar o conto “Unha árbore”. Alina decidiu plantar unha árbore e todo comenzou a mudar. Ás veces unha pequena decisión é abondo para transformar todo o que nos rodea. Cada neno despois de traballar a comprensión e facer o cálculo de todo o que vai crecendo a través da árbore pedimoslle aos nenos que fixeran a ilustración do conto que máis lle gustara e todos coincidiron con facer a portada (cando alina caba o burato para plantar a súa plantiña)
No 3º trimestre:
O luns despois do día do libro fixemos un contacontos do conto LUME na bibblioteca. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, pero con esforzo aprenderá a xestionar a súa frustración. Neste mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca por iso o traballamos antes.
Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.
A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.
Como conclusión, destacar o motivad@s que estiveron @s nen@s por traballar cos contos que eles elexiron, os seus intereses e o que lle gusta é o éxito da actividade. A valoración foi moi positiva sobre todo no referente ao traballo en equipo cando dramatizan os contos e cando despois van a interpretarllo @s nen@s máis pequenos.
Durante o mes de abril e maio criamos no centro gusanos de seda.
Durante o mes de abril de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e a redución do consumo para o cal nos centramos na plantación de produtos agrícolas na horta do CIFP Portovello.
Durante o mes de marzo de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e como un dos elementos básicos é a plantación de árbores.
O curso escolar 2021/2022, o alumnado de 5º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva o título: "O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta!
A memoria do proxecto está dispoñible na seguonte ligazón: Memoria en pdf.
Nas seguintes ligazóns reflectimos as actividades realizadas ao longo do curso para desenvolver o noso proxecto:
No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
2º mochila:
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores.
Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo!
Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición.
O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza.
Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense.
Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores, paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial.
Durante todo este curso 2021-2022, na aula de apoio, levamos a cabo un proxecto dedicado a fomentar o coidado e respecto do noso medio ambiente.
As principais actividades realizadas, para levalo a cabo, foron as seguintes.
Aproveitamos as estacións do ano e a celebración dalgunhas festas populares no noso centro, inculcar ditos valores:
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12 a 12:20h, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
Os obxectivos principais foron:
Actividades:
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días. Comentar neste punto que, debido a acontecementos e actividades que xurdiron ao longo do curso, houbo moitos cambios na selección de materiais e libros para a hora de ler.
1º trimestre:
Centrámonos no aprendizaxe e representación da obra teatral “O fantasma Burlón”
A continuación, traballamos unha obra relacionada co Nadal titulada “Os Gnomos de Papá Noel”, que debido a corentena de algúns alumnos ao final deste trimestre, non se puido representar.
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Neste trimestre o traballo escollido foi en relación ao PDI anual do centro. Para elo escollemos o libro dos Bolechas titulado “Os Bolechas queren saber...que se bota no contedor amarelo”. A partir deste libro, fixemos un traballo de investigación relacionado cos “ 3 erres” que plasmamos finalmente en 3 LapBook:
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Finalmente neste 3º trimestre, e continuando coa temática do PDI, realizamos unha lectura en grupo sobre o libro :
“Una bolsa de patatas fritas en la Polinesia” Ed. SM. Con este libro, traballamos de xeito máis minucioso, a través de actividades relacionadas co mesmo e realizando un concurso final coa clase.
Rematamos coa lectura do libro: ¿Quién usa las papeleras? de Ed. Edelvives.
Finalmente comentar que, a pesar de que houbo moitos cambios na programación inicial na hora de ler, o nenos adaptáronse sen problema a mesma e traballaron con motivación e animados en todas as actividades propostas.