Hora de ler en 6º de EP

No presente curso escolar 2021/2022, a hora de ler, en 6º curso de Primaria,  realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez e por Dna. María Pilar Iglesias Gómez , centrándose nos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer e valorar a importancia do noso entorno e do planeta.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballamos coa prensa analizando noticias. Comprobamos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.

Unha vez traballado o libro , os alumnos realizaron un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA, sobre os temas tratados no libro, que servirán de complemento ás actividades propostas en relación ao noso Proxecto Documental Integrado “ O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta”.

2º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.

  • Alguén roubou o inverno. Editado pola Deputación de Ourense . Conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza.
  • Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo de Carola Benedetto y Luciana Ciliento.

O libro traballouse nos meses febreiro , marzo e nas dúas primeiras semanas de abril do curso escolar 2021/2022 e versa sobre distintas personalidades que traballaron a prol do noso planeta facendo , en forma de conto, unha pequena biografía de cada un deles .


3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • Palabras de auga de Marcos Calveiro. Ed. Merlín.

O libro traballouse neste 3º trimestre  e relata unha viaxe ao interior do continente africano  . da súa cultura e das duras condicións de vida ás que se ven sometidos os membros do clan Wataki da tribu dos Kimba.
Como remate ao traballo realizado organizamos un novo CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA sobre devandito libro  e as actividades con el relacionadas.

  • Tu planeta te necesita de Philip Bunting.

O libro traballouse dentro da hora de ler e como complemento ás actividades relacionadas co noso PDI , sendo unha guía optimista para reducir, reciclar, reutilizar e renovar.

 

Hora de ler en 6º de EP. en inglés

Tomando como punto de partida o libro “Caring for our planet”, desenvolvemos as actividades previas, durante e posteriores á lectura, tal e como se recollía na programación de inicio de curso.

Como todos os proxectos teñen vida propia, este evolucionou cara á celebración dun cumio polo clima como remate da actividade.

O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo na Hora de Ler pódense seguir no enlace:

Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni!

Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar.

Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos.

Desde a área de inglés,  as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:

  • Last but not least 
  • Aloha Hawaii
  • Do it now!
  • A pinga Sueiriña
  • 10 marzo, Polo Sur
  • Wild, wild world
  • 1st Sueiro Climate Summit
  • Aloha Courtney!
  • De base a base e leo porque me toca
  • Surfing in Hawaii!. Como actividade final e ao mesmo tempo, que deixe  interesados aos nenos/as para continuar co proxecto o curso vindeiro, organizamos unha xornada de surf na praia da Lanzada da man dos expertos surfistas de Prado Surf na praia da Lanzada , que fixo as delicias de todos os que nos desprazamos ata alí.

Esto no es Hawai, qué guay!!

O deporte que mellor representa a este estado norteamericano é o surf,  pero desprazarrnos ata Hawaii non é sinxelo.

Ben sabemos que aos valentes alumnos/as de 3º E.P. non hai dificultade que os bote para atrás, e como na nosa terra temos boas praias nas que coller ondas, alá que marchamos.

Grazas aos expertos surfeiros de Prado Surf na praia da Lanzada, pasamos unha xornada de praia e surf que non esqueceremos.

Non estamos en Waimea Bay pero cos nosos neoprenos e táboas calquera podería confundirnos coas xentes de Hawaii.

COLLE ONDAS CON NÓS!

Lendo a ritmo de Hula

O proxecto hawaiano aínda non rematou, pero elaborar un lei con flores naturais e tecer saias para Nahele e Kailane para bailar a ritmo de hula foi unha das nosas tarefas máis minuciosas e requeriu de toda a nosa concentración.

Coas lecturas seleccionadas aprendemos os nomes das illas máis importantes do arquipélago e a historia da súa flag.

LE E DANZA CON NÓS!

From the Tate to the Sueiro

Tal e como consta na programación inicial do noso plan anual de lectura, nos cursos de 1º e 2º E.P., integrados nos plans de plurilingüismo e seccións bilingües, respectivamente, desenvolvimos un proxecto baseado nas actividades da TATE GALLERY for kids.

Este proxecto de área participa tamén do xeral do centro, desde o punto de vista da reciclaxe, tendo en conta que moitos dos materias empregados son materiais de refugallo.

Os/as nenos/as de 1º e 2º E.P. deron unha volta pola TATE GALLERY de London e basearon os seus traballos plásticos nas propostas do centro cultural.

Debuxaron aos seus friends, seguindo as indicacións da artista Joey Yu

Chegou o nadal e nada mellor que crear un reindeer. A Tate proponnos un unicorn, pero utilizando materiais de refugallo axudamos a Father Christmas no seu medio de transporte.

E pasamos da tradición ao futuro da man de “BLIPPY, THE ROBOT”. Seguimos os pasos da Tate pero ao noso xeito construímos os nosos robots.

Como fin de traballo, Tobias, o auxiliar de conversa, contounos a historia de Blippy e nós enviámolo ao espazo.

Aproveitando o país de orixe de Tobias e os recursos da Tate, coñecemos un pouco máis a Vincent Van Gogh: Sunflowers, Starry night, ben chulas que saíron as nosas propostas.

Empréstitos na biblioteca no curso 2021/2022

Durante o curso 2021/22 o servizo de préstamo da biblioteca funcionou con taotal normalidade desde a última semana de setembro e ata a primeira de xuño, sen verse afectado polo protocolo COVID.

Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer e nas súas casas.

Hora de ler en Ed. Infantil no curso 2021/2022

Neste curso 2021-2022  desfrutamos da lectura dun montón de contos con valores que traballamos con conciencia individual e de grupo, sobre todo as emocións e os sentimentos, en sesións de 20 minutos despois  do recreo e dunha pequena relaxación. En moitas ocasións a lectura do conto necesitaba dúas ou tres sesións, contando coas actividades que as acompañaban.

  • MONSTRUO DE COLORES de Ana Llenas , ED. Flamboyant.
  • El MONSTRUO DE COLORES VA AL COLE de Ana LLENAS
  • MONSTRUO ROSA. De Olga de Dios
  • RANA DE TRES OJOS De Olga de Dios
  • PÁJARO AMARILLO De Olga de Dios
  • UNA RICA MERIENDA ED. ANAYA. De Rocío Antón y Lola Núñez. De la colección, Y...ÉRASE OTRA VEZ.
  • EL HADA AGUA Y JABÓN, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • AYUDEMOS A CENICIENTA, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • A COLMEA. Petra Bartikova. BAÍA EDICIÓNS.
  • EL CICLO DE LA MIEL. ED. EVEREST Cristina Quental Marina Magalhaes.
  • A QUE SABE UN BESO De Olga de Dios.
  • ¿TE ABURRES MINIMONI? De Olga de Dios.
  • UNA EIRUGA MOI LARPEIRA. Erick carle . ed KÓKINOS.
  • 1,2,3 A CONTAR CACAS. GÉRALDINE COLLET. ÉRIC GASTÉ. Ed. CUBILETE.
  • Wangari y los árboles de la Paz. JEANETTE WINTER. EDICIONES EKARÉ.
  • Chivos Chivones. Texto de Bata. Kalandraka
  • A ovella que chocou un ovo. Gemma Merino. Picarona.
  • El conejo blanco. Bata. Kalandraka.
  • Chocolata. Marisa Núñez y Helga Bansch. OQO editora.
  • Hasta que podamos abrazarnos. Eoin McLaughlin y Polly Dunbar. Algar.
  • El lapicero mágico. Luis Amavisca. Nubeocho.
  • El Abejoso. Nadia Shireen. Ed. Cubilete.
  • Pingüino azul. Petr Horácek. Juventud.

Os obxectivos que pretendemos conseguir son os seguintes:

  • Aproximación a lectura de diversos contos coa temática dos nosos proxectos, e potenciando o traballo dos valores, dentro da aula, e na súa vida.
  • Motivar e estimular os nenos pola lectura  .
  • Desenvolvemento da creatividade, atención e linguaxe.

Para conseguilo realizamos diferentes actividades, entre as que destacamos:

  • Comezamos lendo o conto e ensinando as ilustracións .
  • Inventaron títulos relacionados co conto.
  • Imaxinaron ós protagonistas e outras personaxes do conto.
  • Fixeron  debuxos relacionados co conto.
  • Algúns contos sobre, todo os relacionados con educación emocional inventábanlle un título e entre todos escollían un .
  • Memorizaron  algunhas poesía , adiviñas  , e coplas  para recitalas na clase cada neno e nena aos demais compañeiros e compañeiras.
  • Elixiron  o seu conto favorito .
  • Pintaron e decoraron debuxos con materiais de reciclaxe, e reutilizando materiais do colexio que xa non servían.
  • Fixeron unha árbore en forma de símbolo da Paz e decorárono con pombas, recortadas por eles.
  • Fixemos pequenos proxectos documentais.

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.