Hora de ler. Curso 2021/2022

 

Un ano máis, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.

Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2021/2022, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:

Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:

  4º e 5º de Ed. Infantil
 
 5º Ed. Infantil. 1º de Ed. Primaria.
2º de Ed. Primaria. 3º de Ed. Primaria.
4º de Ed. Primaria. 5º de Ed. Primaria.
Hora de ler de 6º de EP
6º de Ed. Primaria. Inglés


 

A primavera

O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores.

Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta.

Aprendemos moito e divertímonos moito máis.

Horto escolar, colleita 2022

Despois do éxito do horto escolar do curso pasado realizado no CIFP Portovello en colaboración co seu profesorado e alumnado, este ano voltamos a realizar a nosa pequena plantación de produtos hortícolas no espazo que nos acondicionaron para dita actividade nas instalación do centro.

Antes de ir ao horto, realizamos na aula a listaxe das plantas que iamos mercar no viveiro de Agrolimia e do material que precisabamos para realizar o traballo. Unha vez rematada a listaxe, dirixímonos ao viveiro do barrio para mercar ditos produtos. Entre todos e todas fomos recollendo as plantas coa colaboración dos responsables de Agrolonia que tan amablemente nos atenderon.

Rematada a compra, calculamos nos o importe da factura e pagámoslle ao encargado a cantidade xusto que coincidiu exactamente co que puña na factura. A nosa sorpresa foi que nos fixeron rebaixa  polo ben que nos portamos na tenda. Con ela mercaremos algunha vianda para degustar o próximo día que veñamos regar.

A continuación dirixímonos ao Horto escolar do CIFP Portovello, situado no seu patio exterior, para realizar a nosa plantación:

  1. Preparamos a terra do horto, sacándolle pedras e herbas.
  2. Abonamos a terra, e removemos o abono con ela para que se integrara mellor.
  3. Plantamos os tomates, as leitugas, as cenorias, as cebolas e as fresas.
  4. Acondicionamos, outra vez, o terreo da plantación.
  5. Por último, regamos as plantas ao carón do seu pé.

En principio, temos programado ir regar ao noso horto unha vez á semana e de paso comprobar como evoluciona o crecemento das plantas.

Xa só nos falta esperar a ter froitos para degustar na nosa aula.

Luume!

Durante a metade 2º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o libro Luuume! escrito por Andrea Freire e ilustrado por Laura Miranda Moreno para Antela Editorial.

Este álbum ilustrado narra a historia de Misto, achegándonos á súa personalidade. O pequeno Misto está sempre enfadado. Cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.

Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.

Este magnífico álbum presenta – de forma moi atractiva- valores tan necesarios como o autocoñecemento e o autoconcepto, imprescindibles para conseguir a aceptación da propia personalidade e un autocontrol das emocións.

Non estamos ante un “típico” libro de emocións, pois tanto historia, como a selección de personaxes (obxectos da vida cotiá), a tipografía e as ilustracións, axudan a achegarse de forma sinxela e motivadora a temas difíciles de explicar e de comprender.

Actividade 1: Lectura

Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta e lectura grupal dramatizada.

Actividade 2: Emocións e autoconcepto

Análise do contido da historia para traballar diferentes emocións e ideas como o autoconcepto e mecanismos de autocontrol.
Traballamos ademais a expresión plástica para plasmar como se vían eles mesmos cando estaban rabiosos e desenvolvemos mecanismos para intentar autocontrolarse e recuperar a calma.

Actividade 3: Análise das personaxes

Análise das personaxes para chegar ao concepto de autoaceptación das características propias de cada un. Elaboraron un libriño coas personaxes do conto.

Actividade 4: Contacontos e taller coa escritora do conto

Como actividade final, o alumnado de 4º asistiu a unha sesión na que a escritora do libro veu facer unhacontada. Despois, fixeron un taller sobre “autocontrol” no que traballaron a respiración e o autocontrol e elaboraron á personaxe principal da obra, Misto, con materiais de aproveitamento.

A árbore das lecturas favoritas

 

Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante  este curso na hora de ler e no club de lectura e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.

A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.

Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira

O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable.

A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense.

Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller.

O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas.

Visita á biblioteca da Ponte

 O 27 de abril o alumnado de Ed. Infantil visitou a biblioteca municipal do barrio da Ponte.

Pupas, sustos e outros disgustos

O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente.

A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade.

COIDEMOS A CREACIÓN

Neste curso, o P.D.I. ten como temática do curso escolar 2021/2022 “O Sueriño a diversidade respecta... TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA”  que nos mostra a necesidade de traballar xuntos para coidar e preservar o medio ambiente.

Dende a área de Relixión nos centramos  na creación de Deus de toda a natureza que nos rodea. E traballamos nesta temática cos cursos  1º de Primaria e 2º Primaria.

Os nenos e nenas realizaron un traballo acerca da creación de Deus baseada no relato da  la Biblia nos capítulos un e dous do  libro de Xéneses. Nestes capítulos relátase como se formou a natureza e os seres vivos que nela viven e como Deus lle deu ao home e á muller unha instrución para que coidaran a súa creación.

Deus fixo a terra para que fora un fogar fermoso para a humanidade, ao ver a súa Obra cualificouna de “moi boa” e encomendou ao home para que a cultivara e a coidara.

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!