Contra a violencia de xénero: IGUALDADE

O fomento da igualdade e o rexeitamento esplícito á violencia contra as mulleres o traballamos todo o curso nas aulas, pero é nestas datas cando unímonos para amosar o noso compromiso e apoio con esta causa. Dende aquí animamos a todas as familias a que sigades contribuindo como xa o facedes e se pode ser cada día con maior sensibilidade, para que no futuro o alumnado de hoxe se convirta nunha cidadanía comprometida co principio da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado de 5ºEP no Pleno Infantil

O luns 19 de novembro participamos no pleno infantil con outros compañeiros da cidade. Fixemos reflexións e peticións ao Alcalde para mellorar a situación da infancia na cidade e no resto do mundo. Aqui podedes ver algunhas imaxes e enlaces a outros medios informativos que recolleron a noticia.

VÍDEO EN LA OPINIÓN DE A CORUÑA

O Magosto en imaxes

Unha xornada estupenda de outono na que disfrutamos dun magosto coa participación de alumnado, profesorado e familias, e introducindo a novidade da iniciativa  educativa e colaborativa de voluntariado para o alumnado do colexio. Noraboa!!

Eleccións a representantes no consello escolar

Iniciamos o proceso electoral para renovar parcialmente aos representantes da comunidade educativa no consello escolar do colexio. Teremos que renovar dúas vacantes no sector de nais/pais e outras dúas no de profesorado. Ata o venres 16 podedes presentar a vosa candidatura na secretaría do centro. O 19 de novembro publicaremos as candidaturas presentadas e o luns 26 de novembro celebraremos a xornada electoral entre as 17h e as 20h. Agardamos a vosa colaboración e participación.

CIRCULAR SOBRE O PROCESO ELECTORAL PARA NAIS E PAIS.

Formación en primeiros auxilios para nais e pais

Dende o CFR Coruña (Centro de Formación e Recursos) siguen a programar actividades dirixidas exclusivamente para as familias. Nesta ocasión trátase dunhas xornadas de formación para a atención de urxencias sanitarias. Será os días 26, 27 e 28 de novembro en horario de 17,30h a 20,30h no mesmo CFR de Coruña. Para máis información facede clic na imaxe.

 

SAMAÍN 2018

Un ano máis celebramos o Samaín como se merece. Moitas cabazas e moitas persoas participando desta festa.
Grazas a todos e todas.
Velaquí un pequeno vídeo resumo desta nosa festa.

Pegatina do Samaín

Aquí tedes o deseño gañador para a pegatina que entregamos a todos-as os que participen achegando unha cabaza decorada. Lembrade que a tarde do mércores 31 teremos unha terrorífica obra de teatro a cargo do grupo "Meigas do Castrillón" (formado por nais e alumnas de 5º e 6ºEP) e a continuación procederemos co encendido de cabazas e o tradicional desfile.

Estudando as algas en sexto

Aquí vos deixamos unha reseña desta interesante actividade realizada polo alumnado de 6ºEP en colaboración coa Universidade de A Coruña. Unha actividade de pequenos investigadores realizada no ámbito das ciencias naturais e impulsada pola alumna de prácticas da UDC, Lorena Portela e o seu titor no cole Juan J. Fernández.

 

Elección de días non lectivos

O luns 15 de outubro o Consello Escolar ratificou a decisión do Claustro de elixir os días 2 de novembro de 2018 e 20 de maio de 2019 cono non lectivos. A elección destes dous días débese a que os dous días festivos locais que escolleu o Concello caen en días que non hai clases. Esta elección está consensuada cos centros da zona, especialmente co IES Monte das Moas.

Powered by Drupal - Design by artinet