No Pleno Infantil con 5º,un curso máis.

O venres 20 de novembro asistimos ao pleno. Pasámolo moi ben; compartimos autobús co Anxo da Garda. Despois chegamos á Casa do Concello en María Pita, lemos o texto e fixemos as nosas aportacións. Estaba a Voz de Galicia e a televisión galega. Fixemos unhas fotos co alcalde .Díxonos que eramos uns dos mellores. Vouvos describir o Concello, ERA MOI BONITO!!!! Ademais había unha alfombra enorme por todas as escaleiras. No Salón de Plenos, había no teito unhas vidrieiras espectaculares. A verdade, foi unha experiencia preciosa. Valeria Riotorto 5ºB

Atletismo en INEF (novembro 2017)

El alumnado de sexto participamos, en las pistas de atletismo del INEF, en la actividad final de la unidad didáctica de atletismo. Al llegar las visitamos y hablamos de todas las partes que tiene una pista de atletismo. Después hicimos nuestra mini-olimpiada. Esta constaba de cinco pruebas: correr 40 metros lisos, hacer salto de longitud, hacer carreras de relevos de cuatro corredores, cada uno hacía 40 metros lisos, hacer lanzamiento de peso y por último correr 1.000 metros como prueba de resistencia. Sin duda que ahora sabemos bastante más del deporte del atletismo.

Alba Díaz 6ºA

 

Xuntos na Festa do Magosto

Venres 10 de novembro, semellaba complicado celebrar a festa, o orballo ameazaba ás nosas castañas quentiñas. Finalmente decidimos arriscar, e unha vez máis tivemos sorte. Unha gran celebración coa participación de todos e todas. Botade unha ollada ao vídeo recopilatorio para ver o ben que o pasamos.

HORRYWOOD

Durante estes días previos ao Samaín, temos a inmensa sorte de contar con moitas colaboracións de nais e pais que cos seus contacontos e historias terroríficas contribúen a que a nosa festa de Samaín luza máis e mellor. Por exemplo, a excepcional actuación coral de nais, pais e alumnas-os nesta representación que incluía os Premios Morcego de Ouro 2017, que seguro haberá que instaurar a partir deste ano. Moitísimas gracias por facer escola todos xuntos. Norabóa a todas e todos.

Actividades Samain 2017

Martes 31, ven pola tarde coa túa cabaza e goza  coa túa familia das nosas actividades, dende ás 19 h.

Powered by Drupal - Design by artinet