Solidaridade con Haiti

Como sabedes o ANPA do Colexio promoveu unha actividade solidaria co pobo de Haiti logo da catastrofe que padeceron.

Pois queremos darvos as gracias xa que temos recaudado 606,14 euros.

Os cartos transferímolos á conta da ONG "Mano a Mano" 2100- 5745-28-0200017536.

Grazas pola vosa colaboración

CANTOS DE NADAL

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,
foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de
acompañamento e de ilusión, para moitos dos galegos e galegas .

Se queredes máis información, pinchade aquí.

Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro está adicado ás persoas con discapacidade. Un curso máis o colexio quixo estar presente  nesta conmemoración e para esta ocasión montamos un circuito no patio, para que o alumnado de primaria tivese a oportunidade de poñerse no lugar das persoas que teñen que utilizar cadeiras de rodas por mor da súa discapacidade.

Tamén o alumnado de infantil  experimentou as dificultades coas que se atopan as persoas cegas recorrendo outro circuito no patio cuberto.

Agradecer dende aquí a colaboración da Cruz Vermella que nos cedeu as cadeiras de rodas,

Actividade sobre o magosto

Picando na  imaxe da fogata  entraredes na actividade  para xogar e aprender sobre o magosto.

Se ademáis queredes ver as fotos da celebración do magosto facede clic na cámara


SESIÓN FORMATIVA: Funcionamento e a introducción de noticias na páxina web do Colexio

09/11/2009 18:00
09/11/2009 19:00
Etc/GMT+1

Sesión Formativa profesorado
Data: Luns 9 de novembro.
Temática: funcionamento e a introducción de noticias na páxina web do Colexio

Celebración do SAMAÍN

30/10/2009 00:28
31/10/2009 00:28
Etc/GMT+1

- Presntación e exposición das cabazas

- Entrega de agasallo aos participantes

- Elaboración dos zonchos nas aulas

- Contacontos ás18h.

- Recollida de cabazas e desfile pola praza Pablo Iglesias.

Simulacro de Evacuación

O venres 23 de outubro fixemos o simulacro de evacuación. O plan de autoprotección do Colexio indica a celebración dun simulacro anualmente.

Este curso o realizamos aproveitando a realización da Semana da Prevención no barrio, concretamente no Centro Cívico do Castrillón. Grazas a esta situación contamos coa presencia dos bombeiros da Coruña que ademáis de participar activamente emitiron un informe sobre todos os aspectos relacionados co simulacro, destacando a rapidez - 2 minutos 50 segundos-  e a ausencia destacada de erros. Sen dúbida e xusto agradecer a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente a súa colaboración no correcto cumprimento das normas  de evacuación.

Semana da Prevención

  Durante a semana do19   ao 23 de outubro gran parte do alumnado do colexio participa nesta campaña de prevención en casos de emerxencia.

O alumnado de 3, 4, 5 anos e 1º , 2º e 5º de primaria participaron  dunha amena charla, dunha película e logo poideron ver e tocar os vehículos e ferramentas que utilizan os bombeiros.

Ademáis recibiron unha serie de agasallos por parte da organización da actividade.

Lembrade, " máis vale prevenir que lamentar"

Comezo do curso 2009-2010

10/09/2009 00:33
10/09/2009 14:33
Etc/GMT+1

O xoves 10 de setembro ás 9 horas comezarán as clases do curso 2009-2010 no seu horario habitual de 9 a 14 horas. Así mesmo tamén comezará o servizo de comedor das 14 ás 16 horas.

O alumnado de 3 anos terá un horario diferenciado para cumplir co periodo de adaptación á escola.

As actividades extraescolares inícianse o 1 de outubro.

Powered by Drupal - Design by artinet