EN ABRIL TEMOS UN RETO PARA TI

 Todos e todas sabemos que o mes de abril é o "mes dos libros".

Ler é moi, moi divertido e entretido, e para demostralo, propoñémosvos a seguinte actividade:

Retámosvos a que enviedes unha foto divertida e orixinal vosa (ou de calquera da familia, amizade, etc.) cun libro.

Pode ser de calquera tipo; deixade voar a imaxinación, mergulládevos nalgún libro e xa veredes que foto marabillosa conseguides.

As fotos debedes mandalas ao correo da biblioteca do cole:

osonosnagaiola@gmail.com

Irémolas publicando ao longo de todo o mes de abril na web do cole.

Tedes todo o mes  facelo, así que:

Adiante!

ABRIL 2023 de Dolores

Saídas do 3º trimestre

Iniciamos o terceiro trimestre do curso e xa temos planificadas a maioría das actividades complementarias e extraescolares para os diferentes cursos neste tramo final. Podedes ter información de elas facendo clic na seguinte imaxe. Lembrade que é un documento que pode sufrir variacións en función das previsións meteorolóxicas ou outros factores, en todo caso sería actualizado.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Velaquí o traballo de todo o alumnado do cole para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e o 8 de Marzo, e que seguro vos sacará máis dun sorriso. Sementando Galego!!! 

BOLBORETAS-MENSAXEIRAS-POR-ROSAL-A-E-O-8-M

Rosalia1-P-gina-1

Rosalia2-P-gina-1

 Preme nas imaxes

Solicitude de praza escolar para o curso 23-24

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2023-2024. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.

Portas abertas. Admisión de alumnado 23-24

Este ano retomamos a plena normalidade e polo tanto realizaremos a tradicional XORNADA DE PORTAS ABERTAS O VINDEIRO LUNS 6 DE MARZO ÁS 18,15H. Tamén poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido percorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e un documento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. 

A Festa do Entroido

Tres anos despois voltamos co noso clásico festival de Entroido. Acompañados novamente polas familias, e así todos xuntos disfrutamos dos desfiles, bailes e xogos organizados polo profesorado e que neste curso tiña o MUNDO MÁXICO como tema central. Coa participación dos 450 alumnos-as, profesorado e "sientos e sientos" de familiares fixemos unha grande festa, divertida, entretida e variada, da que podedes ver un resumo no seguinte vídeo. Grazas pola participación e axuda a todas e todos!!

IMAXES DA XORNADA

Entrega da recadación do mercadillo

No día de San Valentín o director Juan Vicente e a xefa de estudos, Loli Mantiñán fixeron entrega do recaudado no mercadillo solidario no Día da Paz. Como sabedes a ONG destinataria este curso foi Cáritas da Parroquia de Oza, moi preto do noso colexio. Na entrega estivo presente Victor Pérez Bedía, director desa Cáritas, e agradeceu a todas e todos a implicación pola importante cantidade acadada, e tamén ao centro a iniciativa organizada.

Quiddicht con 4ºEP

Aproveitando sinerxias, invitamos aos integrantes do equipo dos DEMENTORES de Coruña, campións de España de quiddicht, a que intentasen ensinarnos como xogar a este deporte que ten as súas raices nas películas de Harry Potter. E vaia que aprendemos! e gustou ao alumnado de cuarto, e seguro que tamén o practicaremos con outros alumnos-as doutros cursos. Deixamos unha pequena mostra no seguinte vídeo e agradecemos aos DEMENTORES a súa labor de divulgación deste deporte e dun xeito desinteresado.

Conmemoración do Día da Paz

Despois de 3 anos retomamos retomamos otra das nosas clásicas actividades conxuntas, a conmemoración do Día Escolar pola Paz nun acto no patio e coa actividade do mercadillo solidario, este ano a favor de Cáritas da Parroquia Sta. María de Oza. Un mercadillo onde participan todo o alumnado e familias aportando e recibindo dun xeito máis solidario, e tamén dando unha segunda vida a xoguetes e libros. Moitas gracias pola participación, e cando teñamos a recadación final a publicaremos aquí: 1160€

 

Actividade solidaria

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola Paz. Nesta ocasión realizaremos un mercadillo de xoguetes e libros coas aportacións desinteresadas do alumnado e as familias. Tedes toda a información na circular explicativa da actividade que podedes ver facendo clic no cartel anunciador.

Powered by Drupal - Design by artinet