Día da Paz

Como acto central desta conmemoración, formamos o símbolo da paz entre todo o alumnado e profesorado. Tamén participaron os responsables da Biblioteca Municipal do Castrillón, alumnos do IES de Monte das Moas e familias que espontaneamente uníronse ao acto. Tratábase dunha actividade impulsada pola Plataforma Cidadana pola Paz na que os centros educativos do barrio e a AAVV de IAR xunto co Centro Cívico participamos como colofón a un curso cheo de actividades, charlas, exposicións, etc...co denominador común da non violencia.

Lembrade que o luns e martes, 4 e 5 de febreiro faremos o mercadillo de xoguetes. Seguimos recibindo as vosas doazóns ata o venres. Gracias.

Reparto de leite 2019

* O reparto de froita en maio será para todo o alumnado de infantil e primaria. Este curso non haberá reparto de leite en infantil.

Renovación da horta escolar

Queremos informarvos de que os traballos de renovación e acondicionamento na horta escolar está prácticamente rematados. Consistiron na ampliación dos bancales de cultivo, así como a súa elevación e instalación de riego automático. Pronto empezaremos o programa de cultivos e compost ecolóxicos, co alumnado.

Agradecemos aos profesores do curso de hortas ecolóxicas do Centro Municipal de Emprego o seu traballo e acompañamento na xestión da horta escolar.

Actividades complementarias no 2º trimestre

Aquí tedes as actividades xa confirmadas neste 2º trimestre do curso. Lembrade que esta listaxe pode ser actualizada en calquera momento, engadindo novas actividades ou modificando outras.

Comeza o 2º trimestre

Benvidos ao 2019 e a este inicio do 2º trimestre do curso 18/19. Este trimestre abrangue dende o 8 de xaneiro ata o 29 de marzo, data na que entregaremos os informes trimestrais a todo o alumnado. Nesta semana publicaremos as saídas xa confirmadas para este periodo.Ademáis neste periodo agárdannos novidades como a posta en marcha de novidades no tempo do recreo, da que teredes cumprida información no seu inicio. Como non tamén será tempo de conmemoracións significativas como o Día da Paz, o Entroido ou Día da muller traballadora. Como sempre quedamos a vosa disposición a través das canles habituais. (entrevistas, titorías, consultas, etc)

.

Festival de Nadal 2018

Un ano máis estupendo Festival de Nadal cunha fantástica participación de todo o alumnado. Aquí deixamos unha boa mostra.

<

Recollida Solidaria para a Cociña Económica

O xoves 20 de decembro un equipo dos nosos voluntarios-as realizaron tarefas de traslado e representación de toda a comunidade educativa do Colexio que colaborou na recollida solidaria. Grazas un ano máis pola vosa sensibilidade e colaboración.

Recollida de produtos para a Cociña Económica

Ata o xoves 20 de decembro podedes deixar as vosas doazóns na entrada do Colexio. Dende aquí animámosvos a colaborar dentro das vosas posibilidades, e ademáis a implicar aos vosos fillos-as nesta iniciativa que pretende promover xestos e actitudes solidarias. Moitas gracias.

CIRCULAR COCIÑA ECONÖMICA

Powered by Drupal - Design by artinet