Proxecto Semente: entrega de licencias

O pasado martes 17 de abril tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de A Coruña a entrega de licencias de venta ambulante ás cooperativas participantes no proxecto educativo e de emprendemento Semente. Un ano máis participa o noso Colexio con dúas cooperativas, unha de 6ºA e outra de 6ºB. O acto estivo presidido polo Alcalde e o Concelleiro de Emprego. O 24 de maio terá lugar, na zona do Obelisco, o gran mercado de productos de todas as cooperativas participantes. Norabóa pola iniciativa ás titoras e ao alumnado.

Invitación á charla "A Educación a Debate"

Dende o Centro de Formación do Profesorado de A Coruña organizan unhas charlas sobre a educación. Nesta ocasión, e co título "Relación Familia Escola, unha relación necesaria" terá lugar o martes 24 de abril no salón de actos da UNED. Todas as familias estades invitadas a participar nesta interesante actividade, na que tamén participarán profesorado e inspectores de educación. Non é necesario apuntarse.

Saídas do 3º trimestre

Este martes 3 de abril iniciamos o terceiro trimestre que terminará o 21 de xuño coa finalización das clases. Podedes consultar as saídas confirmadas e aprobadas para este periodo.

Becas comedor 18-19

Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Programa municipal de traballo con familias

Tfno: 981 18 42 00, ext 33040

Charla sobre igualdade

O vindeiro luns 19 de marzo estades todos-as invitados-as a participar na interesante charla da orientadora Ana Torres, sobre igualdade de xénero, que terá lugar no Salón de Actos ás 18h. A actividade está organizada pola Plataforma do Castrillón, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

Admisión de alumnado no curso 2018-19

Valores no deporte

Dentro das actividades que promovemos no colexio para o fomento dunha vida saudable e activa, levamos a cabo a elaboración deste vídeo que conta coa colaboración do alumnado de 6ºEP, as familias, monitores e profesores, xa que cada quen tivo que grabar a súa participación elixindo a palabra que consideraba máis axeitada. O resultado é esta montaxe tan motivadora. A idea sacámola dun vídeo do CSD.

 

Powered by Drupal - Design by artinet