ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022) a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

Convocatoria nais, pais e titores legais

Modelo de candidatura nais, pais e titores legais

 

 

SAMAÍN 22

Regresou a festa de Samaín ao grande!!, a que creamos e  desfrutamos todas e todos na Comunidade Educativa, coa Asociación IAR e a Escola Infantil Carricanta.

Parabéns pola vosa gran participación e moitas grazas!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), e tras a boa acollida que tivo no noso alumnado o curso pasado, celebramos o II concurso de Caixas Literarias Sorpresa.

Mirade que preciosidade de caixas literarias!!! 

Agora, a ver quen adiviña que conto esconde cada caixiña do seu ciclo!!! A xogar!!!

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!

CHEGA O SAMAÍN!!!

Neste Genially tedes diferentes recursos: xogos, música, unidades didácticas ,contos, información de como imos celebrar a festa no colexio...

Imos pasalo de medo!!!

Comezamos coas saídas e actividades complementarias

Neste mes de outubro iniciamos o calendario de actividades complementarias dentro e fora do colexio. Podedes consultar as actividades xa confirmadas neste primeiro trimestre no seguinte enlace no menú "Calendario de saídas" deste sitio web. Estas saídas xa están autorizadas na ficha de inicio de curso e no mes de novembro solicitarase a aportación económica correspondente. Lembramos que o uso da mascarilla no transporte escolar continúa a ser obrigatoria.

CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR 22/23

CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR

         CURSO 22-223

XOVES 8, COMEZAMOS!!!

 

Ola alumnado e familias. Xa temos todo preparado para recibiros este xoves 8 de setembro. Se facedes clic na imaxe teredes a posibilidade de consultar unha circular informativa sobre o novo procedemento para as entradas e saídas. Volvemos cunha situación prácticamente similar a que tiñamos antes da pandemia. As familias podedes acceder con normalidade ao recinto para acompañar ao alumnado ata a porta de entrada correspondente, e nas saídas tamén podedes entrar un pouquiño antes para recollelos-as diante da porta ou no patio. 

A única medida, dos protocolos COVID, que deberemos manter será a obrigatoriedade de utilizar mascarilla no transporte escolar, ou sexa, cando teñamos algunha saída. O resto de medidas que tanto amolaron: uso de xel, mascarilla, grupos burbulla, confinamentos, zonas acotadas, limitacións de aforos e acceso, etc, etc, deixan de estar en vigor. Agardamos poder levar a cabo un curso similar aos anteriores á pandemia e sabemos que contamos co voso apoio e xa pedimos a vosa colaboración e comprensión, especialmente para estes primeiros días que están sempre cheos de intensidade emocional, de moita información, algún desaxuste,..., pero entre todos e todas sacarémolo adiante. 

MOITAS GRAZAS E QUE TEÑAMOS UN FANTÁSTICO E MÁXICO CURSO!!! Guiño

 

Powered by Drupal - Design by artinet