Actividade solidaria

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola Paz. Nesta ocasión realizaremos un mercadillo de xoguetes e libros coas aportacións desinteresadas do alumnado e as familias. Tedes toda a información na circular explicativa da actividade que podedes ver facendo clic no cartel anunciador.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO SOBRE A IGUALDADE

O martes, 17 de xaneiro, tivo lugar o acto de entrega de premios do Concurso de Debuxo e Fotografía para o 25 N,  pola Igualdade e a Convivencia, promovido pola plataforma PICUS. Contouse coa presenza de representantes da devandita plataforma e da  Concelleira de Benestar Social, ademais, por suposto, de alumnado e familias do noso Centro.

Moitas grazas a todos e todas quen participastes nesta convocatoria e parabéns ao alumnado que realizou os traballos premiados.

Se picades  na fotografía (do xornal A Opinión), accederedes ao artigo que se publicou na prensa.

 

 

Inicio do proceso de admisión 2023-24

A partires de hoxe 16 de xaneiro actívase este procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6ºEP interesado en continuar estudios no IES Monte das Moas (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 6 de febreiro (o colexio enviará documentación ás familias nos vindeiros días) e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas.

No caso de solicitude de prazas para 4ºEI ou calquera outro nivel ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Publicaremos vacantes e información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

Segundo trimestre

Comezamos o 2º trimestre con novidades. Durante o Nadal instalamos tarima na Biblioteca e na zona da entrada da mesma. Ademáis próximamente será o Salón de Actos o que terá unha renovación con instalación de tarima e outras melloras importantes. Tamén este trimestre estará marcado por conmemoracións clásicas e consolidadas no funcionamento do colexio; mercadillo solidario no Día da Paz, Entroido e Día da Muller Traballadora, entre as destacadas. Nos vindeiros días tamén publicaremos as saídas confirmadas para este segundo trimestre.

 

 

 

Festival de Nadal 2022

Despedimos o primeiro trimestre deste curso voltando ao Salón de Actos a celebrar o noso tradicional Festival de Nadal. Como sempre un éxito de participación, todos os cursos tiveron a oportunidade de realizar unha actuación. Ademáis aproveitamos para despedir ao alumnado de prácticas da UDC e agradecer o seu traballo neste trimestre. Tedes na seguinte lista de reproducción unha boa mostra de todo o acontecido nesta celebración, e a continuación unha selección de imaxes do mesmo festival. BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2023!!!

Agora imos andadando ao cole

Este é o nome da campaña organizada por STOP accidentes, na que veñen de participar e ser premiados varios alumnos e alumnas do noso colexio. Noa Muiño, Ainara Riotorto e Leila Hamalci como finalistas e Nicolás Varela como gañador na categoría de carta. Todos os finalistas e premiados foron recibidos pola alcaldesa e o concelleiro de educación no salón de plenos do Concello de A Coruña. Parabéns!!!

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE

Co motivo do 25 N, día Internacional contra a Violencia de Xénero, no colexio estivemos traballando de forma máis concreta o tema da igualdade e da violencia de xénero.

Realizamos diferentes traballos que presentamos ao concurso convocado pola plataforma PICUS e que forman parte da exposición que se inaugurou o luns 5 de decembro no Centro Cívico do Castrillón.

Despois do fallo do xurado, os premios das distintas categoría foron para:

- Educación Infantil: Mural colectivo do alumnado de 5 anos A e B.

- 1º Ciclo de Primaria: Traballo da aula de 2º C.

- 2º Ciclo de Primaria: Traballo colectivo da aula de 4º A.

- 3º Ciclo de Primaria: Traballo grupal realizado por Fatoukine Dieye Ciss, Irene Rodríguez Pedredo, Lilieth Urbano Salazar e Yaretzi Varela Crestar, da aula de 6º C.

Parabéns a todos os traballos premiados e a quen os realizou!

E moitas grazas pola participación!

Se queredes ver os traballos presentados, picade na presentación seguinte.

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Celebrada a votación o luns 28 de novembro de 2022 os representantes candidatos elixidos foron:

SECTOR PROFESORADO: Alfonso González López e Luis Seijas Penas

SECTOR FAMILIAS: Rubén Cuellas Vázquez e Ramiro Eduardo Maceira Martínez

Tamén aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa implicación e participación ás representantes saíntes, que son as nais María García e Mónica Scandura, e as mestras Eva Fariñas e Ana Roca.

Mini Olimpiada 6ºEP 2022

Terminamos a UD de atletismo con 6ºEP, e como é habitual dende hai 10 anos o celebramos cunha xornada lúdica nas pistas de atletismo da Universidade de A Coruña, entidade coa que colaboramos dende hai moitos anos. Cansados pero contentos, así podemos definir como terminou todo o alumnado de 6ºEP.

 

Powered by Drupal - Design by artinet