Saídas no segundo trimestre

Iniciamos este 2º trimestre que terminará o 23 de marzo coa entrega dos boletíns correspondentes. De momento, xa podedes consultar as actividades complementarias que xa están confirmadas, facendop clic no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/taxonomy/term/17

Festival de Nadal 2017

Norabóa a todos e todas polo bo traballo realizado. Tamén queremos pedir disculpas a 4 anos A e 6ºA por non poder difundir as súas actuacións debido a uns fallos nas grabacións. FELICES FESTAS!!

Colaboración coa Cocina Económica

Grazas pola vosa solidaridade. Os responsables desta entidade transmitíronnos a súa gratitude e tamén lembraron a necesidade destas campañas e axudas, que son as que fan posible atender todas as necesidades. 

Teatro do alumnado do IES Monelos

O martes 18 de decembro, os alumnos do instituto de Monelos interpretaron unha obra de teatro titulada "Se suspende la función" e protagonizada por 6 alumnos de 4º de ESO. Estaba escrita en castelán e, como era moi longa, os actores lían o texto da obra dun libro. O argumento trataba sobre un director teatral que decide vender un teatro porque os actores estaban enfermos. Ademáis, non ten máis remedio que despedir a todo o persoal. Sen embargo, a limpiadora decide que eles memos farán a obra... e así o fan. Pero o director xa fixera a venta e os novos donos do teatro deciden convertelo nun bingo...

Enara 5ºB

 

Actividade física e conciencia social

Onte, 4 de decembro de 2017, no colexio, os nenos de 5º de primaria puideron realizar unha actividade en educación física que levou a cabo Adrián Devesa, o noso profe de prácticas. Tratábase de meterse no corpo dunha persoa cega e as actividades que realizan. Nos fixemos dúas actividades: na primeira tivemos que tapar os ollos e facer grupos de tres, a actividade que tíñamos que facer tratábase de tirar unha pelota que dentro contiña uns cascabeis e tíñamos que escoitar e collela. A segunda tratrábase de taparnos os ollos e de ir con un bastón camiñando facendo un circuito sen axuda de ninguén. Foi unha moy boa experiencia!

Enma Buján Mouriño 5ºA.

Teatro con Caramuxo

O venres 1 de decembro o alumnado de 5 anos, 1º, 2º, 3º e 4º de EP disfrutaron da obra de teatro FEO de Caramuxo, dentro das actividades municipais de Ao Meu Xeito. Como vedes no vídeo, o pasaron xenial.

No Pleno Infantil con 5º,un curso máis.

O venres 20 de novembro asistimos ao pleno. Pasámolo moi ben; compartimos autobús co Anxo da Garda. Despois chegamos á Casa do Concello en María Pita, lemos o texto e fixemos as nosas aportacións. Estaba a Voz de Galicia e a televisión galega. Fixemos unhas fotos co alcalde .Díxonos que eramos uns dos mellores. Vouvos describir o Concello, ERA MOI BONITO!!!! Ademais había unha alfombra enorme por todas as escaleiras. No Salón de Plenos, había no teito unhas vidrieiras espectaculares. A verdade, foi unha experiencia preciosa. Valeria Riotorto 5ºB

Powered by Drupal - Design by artinet