INICIO DAS CLASES

Estimadas familias, o vindeiro luns 11 de setembro iniciaremos as actividades lectivas no horario de costume, de 9h a 14h, coa excepción do periodo de adaptación para o alumnado de 4º de infantil, que contará durante a primeira semana cun horario especial que as familias implicadas xa coñecen.

Dende o primeiro día haberá servizo de madrugadores e comedor. Lóxicamente só poderá utilizalo o alumnado que previamente fora inscrito. As actividades extraescolares comezarán en outubro, a ANPA está a traballar no deseño do novo cadro de actividades, que publicaremos en canto esté finalizado.

Para facilitar o acceso neste primeiro día e durante o resto do curso a dirección achega esta CIRCULAR DE ENTRADAS E SAÍDAS con información detallada. Facendo clic na imaxe podedes ver a descrición de portas no plano do colexio.

plano do colexio 

Powered by Drupal - Design by artinet