Gallego

C1401003: Certificación da eficiencia enerxética de edificios

Summary: 

Do 2 ao 5 de setembro no IES Universidade Laboral.
Gallego

Certificación da eficiencia enerxética de edificios

Área

FP - Edificación e obra civil

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: C1401003
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  02/09/2014  -  05/09/2014
Data límite de inscrición: 30/06/2014
Lugar: IES Universidade Laboral A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 30        Horas non presenciais: 0

Horas totais:  30

Obxectivos

1.Analizar o marco normativo relacionado coa eficiencia enerxética de edificios.

2.Empregar a Ferramenta Unificada LIDER-CALENER de Certificación da Eficiencia Enerxética de Edificios para a avaliación da demanda enerxética e o consumo enerxético.

3.Xustificar co uso da Ferramenta Unificada LIDER-CALENER os cambios introducidos polo DB-HE-2013 para edificios de nova construción. Certificar a Eficiencia Enerxética de Edificios de nova construción e existentes.



Contidos

1.Marco normativo da certificación enerxética de edificios.

1.1.Directiva 2010_31_UE relativa á eficiencia enerxética nos edificios.

1.2.Documento básico de aforro de enerxía HE do Código Técnico da Edificación.

1.3.Real Decreto 235_2013, de certificación de eficiencia enerxética de edificios.

2.Conceptos básicos da enerxética edificatoria.

2.1.Fundamentos das variables que interveñen na enerxética edificatoria

2.2.Procedementos de comprobación da demanda enerxética de edificios DB - HE0 e DB-HE1.

3.Opción xeral Ferramenta Unificada LIDER-CALENER.

3.1.Fundamentos do programa.

3.2.Demostración cun exemplo do programa LIDER. Resolución de casos prácticos.

4.Cualificación da eficiencia enerxética.

4.1.Fundamentos do CALENER.

4.2.Demostración cun exemplo do programa CALENER. Resolución de casos prácticos.

5.Cualificación da Eficiencia Enerxética de edificios existentes.

5.1.Demostración cun exemplo do programa CE³X. Resolución de casos prácticos.

Asesor responsable da actividade

Asesor:  PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico:  mpenelas@edu.xunta.es

 

Certificación da eficiencia enerxética de edificios

File: 

C1401009: Software de xestión de actividades hostaleiras en restauración

Summary: 

No CIFP Paseo das Pontes do 1 ao 4 de setembro de 2014.
Gallego

Software de xestión de actividades hostaleiras en restauración

Área

FP - Hostalería e turismo

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: C1401009
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  01/09/2014  -  04/09/2014
Data límite de inscrición: 27/06/2014
Lugar: CIFP Paseo das Pontes, r/ San Pedro de Mezonzo 4, A Coruña, 15004
Prazas:  22

Horas totais

Horas presenciais: 20
Horas non presenciais: 0

Obxectivos

1.Organizar e supervisar os procesos de aprovisionamento como venda de bebidas e relación de servizos de alimentación, prestando asistencia técnica e ondo asesoramento e atención especial aos clientes.

2.Planificar establecementos, áreas, os departamentos de produción e servizos, e realizar o control da súa explotación.

3.Deseñar e comercializar ofertas gastronómicas en distintos tipos de establecementos, áreas ou departamentos de restauración.

Observacións

Lugar de celebración: CIFP Paseo das Pontes

Contidos

1.Introdución na hostalaría das novas tecnoloxías da información.

2.Creación e xerarquía de clasificación de artigos.

3.Aplicación práctica a través do programa de xestión.

Asesora responsable da actividade

 PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico:  mpenelas@edu.xunta.es

SW de xestión de actividades hostaleiras

File: 

Resolución da convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Gallego

Xúntase a Orde do 7 de agosto de 2014 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Colectivo: 

Listaxe definitiva das licenzas por formación para o curso 2014/2015 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.

Colectivo: 

Estancias profesionais para centros e profesores

Summary: 

Publicadas no BOE as convocatorias de estancias profesionais dirixidas a centros e a profesores
Gallego

Publícanse no BOE as convocatorias de estancias profesionais dirixidas ao profesorado que imparte ensinos regulados por LOE e aos centros educativos de todo o territorio nacional e destinadas a fomentar intercambios profesionais e culturais entre centros e docentes doutros países europeos. O profesorado poderá realizar estancias en centros educativos de Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido ou Suíza, que lles ofrecerá a oportunidade de coñecer diferentes sistemas educativos e fórmulas de organización e xestión de centros, ademais de ampliar as súas estratexias de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira ou nunha lingua estranxeira. Os centros que o desexen poderán acoller a profesores dalgún dos países participantes na convocatoria.

estancias profesionais
estancias profesionais

S1401002 - Comercio internacional, custos e documentación

Summary: 

Comercio internacional, custos e documentación (S1401002) Prazas libres para este curso que se celebrará no CAFI, en Santiago de Compostela, do 1 ao 5 de setembro de 2014
Gallego

Imaxe promocional do curso Comercio Internacional

Prazas vacantes para o curso S1401002 - Comercio internacional, custos e documentación que se celebrará no CAFI en Santiago de Compostela do 1 ao 5 de setembro de 2014.

Este curso está dirixido á área de FP de Comercio e marketing. Terá unha duración de 25 horas.

Máis información na ficha de FProfe

Esta actividade está financiada polo Fondo Social Europeo.

curso comercio

Congreso PISA Finanzas para la vida

Summary: 

Salón de Actos del CSIC. C/ Serrano, 117. Madrid
Gallego

Desde el Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE), el Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), el Banco de España (BdE) y la Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) queremos invitaros a participar en el Congreso PISA Finanzas para la vida que tendrá lugar los próximos días 9 y 10 de julio, en el Salón de Actos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) situado en la calle Serrano 117 de Madrid.
En el estudio “PISA competencia financiera”,  España participó junto a otros 18 países y el próximo 9 de julio se harán públicos los resultados. Esta evaluación ofrece un medio para comparar las estrategias de educación financiera entre los países, así como una oportunidad para explorar buenas prácticas en función de los niveles de competencia financiera; además de acceder a datos comparables a lo largo del tiempo, que permitan evaluar el impacto de las iniciativas de educación financiera en los centros escolares e identificar opciones de mejora. Es fundamental que la comunidad educativa pueda obtener el máximo provecho de la información que ofrece este estudio.


Asimismo, el día 10 tendréis la oportunidad de conocer más de cerca los contenidos y resultados del Programa de “Educación Financiera” que desarrolla el Banco de España y la CNMV y la implicación de la comunidad educativa a todos los niveles.
El Congreso va dirigido a profesores y directores de los centros participantes en “PISA competencia financiera” además de los vinculados a proyectos y programas de educación financiera, como el Programa de “Educación Financiera” desarrollado en los centros desde el año 2010 por Banco de España y CNMV.
Podéis acceder a la información actualizada del congreso, programa y ficha de inscripción para las sesiones presenciales en:


http://www.mecd.gob.es/inee/Informaciones-de-interes/Congreso_PISA_finanzasparalavida.html

 

 

pisa
pisa

V1402001: I Xornadas de Pedagoxía Musical

Summary: 

Os días 26 e 27 de setembro, terán lugar no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as I Xornadas de Pedagoxía Musical, para profesorado de música de todos os niveis educativos e ensinanzas especiais.
Gallego

Os días 26 e 27 de setembro, terán lugar no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as I Xornadas de Pedagoxía Musical, para profesorado de música de todos os niveis educativos e ensinanzas especiais.

Descarga o programa aquí:

I Xornadas de Pedagoxía Musical

I Xornadas de Pedagoxía Musical
I Xornadas de Pedagoxía Musical

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015

Summary: 

O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.
Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:

Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Máis información

a) As seguintes páxinas web

- Consellería: www.edu.xunta.es

- CAFI: www.edu.xunta.gal/portal/cafi    (apartado FORMACIÓN)

- CFR: A Coruña www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo.

b) Os seguintes teléfonos

CAFI: 981522411.

CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513

c) Os seguintes enderezos electrónicos

CAFI: cafi@edu.xunta.es

CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.

PFPP 2014 2015
PFPP

Plan anual de formación do profesorado 2014/2015

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

 

ACCESO DIRECTO AO PLAN 2014/15

 

 

plan de formacion 2015