Gallego

A Consellería de Cultura e Educación deseña un plan específico de formación do profesorado para a implantación do currículo de primaria adaptado á LOMCE

O departamento educativo da Xunta de Galicia desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro 17 xornadas formativas arredor das competencias clave, coas que se formará a 2.550 docentes

O programa completarase ao longo do ano con actividades de formación en rede

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación deseña un plan específico de formación do p
A Consellería de Cultura e Educación deseña un plan específico de formación do profesorado para a implantación do currículo de primaria adaptado á LOMCE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de pechar o deseño dun plan específico de formación do profesorado para a implantación do currículo de educación primaria adaptado á Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Con esta iniciativa trátase de dar oportunidades formativas a todo o profesorado, segundo as súas necesidades. Completan as accións deste plan específico as accións formativas xa programas dentro do Plan Anual de Formación, en concreto 13 cursos e xornadas para preto de 1.000 docentes. Ademais, está aberto o período de constitución de Grupos de Traballo e Seminarios de formación en centros, nos que se vai a abordar o cambio curricular nos centros.

Cómpre lembrar que nos últimos meses xa se realizaron algunhas accións para a adaptación á LOMCE, tales como a presentación do proxecto de currículo ante máis de 600 docentes o 24 de maio de nos II Encontros de Educación Infantil e Primaria, nunha mesa redonda aberta a debate na que participaron as persoas redactoras; ou as 10 xornadas formativas desenvolvidas en xuño, noutras tantas localidades, dirixidas a todos os centros de educación primaria nas que se convocaron as persoas directoras, as xefas e xefes de estudo e as persoas orientadoras.

Modalidades de formación

Tras estas dúas accións, as primeiras do plan específico sobre o currículo de primaria, desenvolveranse outras tanto no eido da formación presencial como ‘online’ e da formación en centros. A primeira do calendario será a formación presencial, a través de 17 accións formativas nos meses de outubro, novembro e decembro en 16 localidades, na modalidade de cursos para 150 docentes cada un, nos que, durante 8 horas certificadas  (2 sesións de 4 horas), abordaranse as cuestións básicas da nova reforma educativa e tratarase, dun xeito exhaustivo, a implantación do currículo de educación primaria e a integración das competencias clave

En total haberá 2.550 prazas nestas xornadas que, baixo o título ‘Implantación do currículo de educación primaria. Integración das competencias clave’, se desenvolverán nas localidades de Burela, A Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Monforte, Noia, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Verín, Vigo, Vilagarcía e Vimianzo.

Ademais, e xa no que atinxe á formación ‘online’, durante todo o curso realizaranse convocatorias de cursos en rede titorizados para todo o profesorado, na plataforma de teleformación Platega. Os materiais usados nos cursos presenciais e en rede poñeranse a disposición do profesorado para a formación en aberto.

Por outra banda, a formación para a implantación do novo currículo poderá impartirse ao abeiro dos plans de formación en centros, que se desenvolven durante todo o curso no propio centro segundo a súas necesidades e á que ten acceso todo o profesorado do mesmo. Un total de 106 centros de primaria ( 1 de cada 8) solicitaron participar neste curso 14/15 nesta liña formativa.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

C1403001 e C1403002: Falar, cantar e contar

Summary: 

No CEIP San Francisco Javier da Coruña os días 14, 21 e 28 de outubro. Na casa da cultura de Vimianzo os días 15, 22 e 29 de outubro.
Gallego

I Encontros para falar, cantar e contar

Referencia: C1403001
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  15/10/2014  -  29/10/2014 en Vimianzo e 14/10/2014 - 28/10/2014 na Coruña
Data límite de inscrición: 29/09/2014
Lugar: Vimianzo
Prazas:  60

Horas presenciais: 10
Horas non presenciais: 0

Obxectivos

1.Valorar a lingua oral como medio de expresión e comunicación.

2.Fornecer distintas estratexias metodolóxicas para traballar a lingua oral.

3. Dar a coñecer a tradición oral galega para a súa incorporación á escola.

Contidos

1.Aproveitamento na aula dos contos, refráns, lendas, cantigas, cancioneiro, etc, da tradición oral galega.

2.A arte de contar contos.

3.A dramatización como aglutinadora das diversas linguaxes expresivas.



Asesor responsable da actividade en Vimianzo:

Asesor:  VARELA MARTÍNEZ, JOSÉ MARÍA

Enderezo Electrónico:  jose.maria.varela@edu.xunta.es

Asesor responsable da actividade na Coruña:

Asesor:  FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA

Enderezo Electrónico:  fernandeztrelles@edu.xunta.es

Falar, cantar e contar

C1401018: Desenvolvemento da LOMCE FP básica

Summary: 

O 30 de setembro e o 7 de outubro de 2014 no CFR da Coruña.
Gallego

Referencia: C1401018
1ª Xornada - 30/9 de 17:00 a 21:00 horas

         Desenvolvemento normativo da FP básica en Galicia

         Relator: Jesús Manuel Rodríguez Buján

2ª Xornada - 7/10 de 17:00 a 21:00 horas

         Os títulos e os currículos de formación profesional básica.

         As programacións de módulos na formación profesional básica

         Relatora: Sonia García Novoa

Horas presenciais: 8

Obxectivos

1. Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE.

2.Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia.Estrutura dos títulos de FP básica.

3.Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.

Contidos

1.A Lei orgánica 8\2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

2.O desenvolvemento normativo da LOMCE en Galicia.Os títulos de FP básica.

3.Procedemento de elaboración na aplicación informática de programacións na FP básica.

Asesor responsable da actividade

Asesor:  PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico:  mpenelas@edu.xunta.es

Observacións

Sede: CFR A Coruña-aula de audiovisuais. 3º Andar. Relator 1ª sesión: D. Jesús Manuel Rodríguez Buján. Relator 2ª sesión: Dona Sonia García Novoa.

 

 

Desenvolvemento LOMCE FP básica

A creación literaria e os seus autores. XI encontros con escritores

Summary: 

O 1 de outubro ás 18:30, no salón de actos da UNED Coruña.
Gallego

O día 1 de outubro ás 18:30, no salón de actos da UNED Coruña terá lugar a sesión inaugural dos XI encontros con escritores, que contará coa presenza da prestixiosa escritora nicaraguana Gioconda Belli.

Intervirá como interlocutor na mesa de debate Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

Organiza os encontros o CFR da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor.

A sesión será emitida por videoconferencia.

Gioconda Belli

Curso en rede: Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

Summary: 

Do martes 23 de setembro ao martes 14 de outubro realizarase o curso na aula virtual de Platega dirixida ao profesorado de FP que no curso actual vai a impartir docencia nalgún módulo dun ciclo LOE.
Gallego

Referencia: G1401015
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/09/2014  -  14/10/2014
Data límite de inscrición: 15/09/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50

Criterio de selección: Figurar en XADE como que no curso actual se vai a impartir docencia nalgún módulo dun ciclo LOE da FP.

Obxectivos:

1.Coñecer o proceso de desenvolvemento curricular. Título, currículo e programación.

2.Coñecer a aplicación informatica para a elaboración de programaións LOE

3.Elaborar a programación de unha unidade didáctica de un módulo LOE

Contidos:

1.Títulos e currículos de FP LOE

2.Procedemendo de elaboración de programacións LOE.

3.Aplicación informática para a elaboración de programacións en Formación Profesional.

Titores:

Nicolás Espasandín Gerpe

Xosé Romarís Lens

Asesor responsable da actividade:

Xosé Antón Vicente Rodríguez

 

 

G1401015 - Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática
Curso en rede: G1401015 Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

PCD Generator

PDC 3.0 é un programa que proporciona un sistema áxil, rápido e sinxelo para a planificación e o desenvolvemento de Programacións Didácticas e Unidades Didácticas baseadas en Competencias Clave. Dispón de distintos sistemas de avaliación e permite xerar en calquera momento un informe de cada alumno recollendo aqueles aspectos nos que é competente e aqueles nos que non. Tamén inclúe a posibilidade de crear adaptacións curriculares e PTIs (Plans de Traballo Individualizado).

 

 

Gallego
PCD generator

Formación Profesional básica

Summary: 

Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos
Gallego

Xúntase o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos

FP basica

Curso ITEC Abalar 2º ciclo

Summary: 

G1401078 (CAFI), O1401024 (CFR Ourense) e P1401035 (CFR Pontevedra) Últimos días para inscribirse no curso mixto do ITEC
Gallego

Resumo do proxecto
iTEC describe unha serie de escenarios de aprendizaxe, compostos por actividades secuenciadas coas que se resolverá un problema real buscando a motivación do alumnado e o aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Estes escenarios non dependen do nivel, materia e contidos a traballar, sendo o profesorado o responsable de ordenar as actividades e elixir levalas a cabo baseándose na realidade da súa aula e o acceso á tecnoloxía de que dispoñan. Exemplos de escenarios de aprendizaxe son “narrar unha historia”, “crear un xogo”, “deseñar unha simulación de física” ou “crear un obxecto”.
Os escenarios de aprendizaxe deseñados no proxecto iTEC están empregándose en aulas piloto de 19 países coa fin de estudar a súa aplicabilidade. En Galicia a pilotaxe está dirixida pola Universidade de Vigo, única institución española participante no proxecto.

Adaptación do proxecto iTEC ao proxecto Abalar
Ao longo do ano 2014 están realizándose accións de pilotaxe do proxecto iTEC en aulas galegas. Nunha primeira fase, realizada entre xaneiro e maio participaron 6 docentes cuxo traballo pode verse en http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec.
Ao longo deste trimestre vai desenvolverse a segunda fase, que comeza no mes de setembro coa realización de tres cursos no CAFI e os CFR de Ourense e Pontevedra e continuará os próximos meses coa selección de 9 docentes participantes nestes cursos aos que se apoiará na implantación na aula do escenario perfilado durante o curso.
A inscrición nestes cursos remata o día 16 de setembro e pode realizarse mediante a plataforma Fprofe. Os códigos dos cursos son G1401078, O1401024 e P1401035.

Requisitos para participar na pilotaxe do proxecto
A finalidade da pilotaxe é adaptar as propostas de iTEC ás necesidades específicas de cada aula tendo en conta o equipamento e recursos dispoñibles nas aulas Abalar. Polo tanto pode participar todo o profesorado que imparta docencia en aulas Abalar, independentemente da etapa, que estea aberto á participación en novas iniciativas metodolóxicas.
A que alumnado está dirixido?
Aínda que os escenarios de aprendizaxe proporcionados polo iTEC son adaptables a calquera curso de todas as etapas educativas, o obxecto do traballo é a súa adaptación ás aulas Abalar, polo que está destinado ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Que ten que facer o profesorado participante?
Debe levar á aula un dos dous escenarios de aprendizaxe que se van ensaiar durante o primeiro trimestre do curso 2014-2015. Queda á súa elección a materia e unidade didáctica na que o encadre así como o curso, sempre que sexa un dos niveis Abalar.
Ao longo do proceso o profesorado contará co apoio telefónico e online proporcionado por persoal da Universidade de Vigo.


Ligazóns de interese:
Web do proxecto: http://itec.eun.org/web/guest/home
Escenarios, deseños e prototipos iTEC: http://itec.aalto.fi/es/
Escenarios realizados na primeira fase do proxecto en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec

itec

Currículo da educación primaria

Summary: 

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 171)
Gallego

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo da educación primaria no sistema educativo galego, dentro do marco de distribución de competencias da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, e en atención á nova configuración curricular que establece o agrupamento de disciplinas en tres bloques: troncais, específicas e de libre configuración autonómica

 

DECRETO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

CURRICULUM