Gallego

Proxecto "Una cebra en el agua"

Summary: 

"Una Cebra en el Auga" é un proxecto educativo de divulgación do método científico e das novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación co peixe cebra, modelo que supón un achegamento ao mundo da investigación co propósito de incentivar vocacións científicas entre estudantes de 4º da ESO de Galicia.
Gallego

Este proxecto vai dirixido a alumnos de 4º de ESO e aos profesores responsables de Bioloxía e Xeoloxía e Inglés. O seu obxectivo é a xeración de vocacións científicas e o acercamento da ciencia en idades temperás.

Desenvolverase mediante un acuario na aula e unha ferramenta pedagóxica que pon a disposición do profesor e do alumno recursos educativos para o seu emprego na aula como información detallada, casuística, cuestionarios de autoavaliación, xogos, acceso a webs de interese, etc, apoiadas nun taller de formación ao profesorado impartido por profesores investigadores do Departamento de Xenética do grupo ACUIGEN (USC)

O prazo de inscrición remata o 7 de marzo de 2015

Para máis información visitar a web: http://www.unacebraenelagua.es/

Formulario de inscrición: http://unacebraenelagua.es/formulario_adhesion.php

proxecto una cebra en el agua

A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores

Summary: 

O próximo mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Autor invitado o escritor JULIO LLAMAZARES.
Gallego

Data: 

25/02/2015

Sección: 

A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores.

Summary: 

O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Autor invitado o escritor JULIO LLAMAZARES.
Gallego

O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor JULIO LLAMAZARES.

Julio Llamazares naceu en Vegamián, unha viliña da montaña de León desaparecida baixo as augas dun encoro, en 1955. Poeta, ensaísta e narrador español, cultivou a literatura de viaxes, a crónica de prensa e o guión cinematográfico. Estudou Dereito antes de instalarse en Madrid, cidade á que se trasladou para dedicarse ao periodismo. Deuse a coñecer como poeta con La lentitude dos bois (1979), e tras publicar un curioso ensaio titulado El entierro de Genarín (1981), consolidou a súa posición de poeta con Memoria de la nieve (1982, Premio Jorge Guillén). Escribiu literatura de viaxes -El río del olvido (1990), Trás-os-Montes (Alfaguara, 1998), Cuaderno del Duero (1999) e Las rosas de piedra (Alfaguara, 2008), primeiro volume dun percorrido sen precedentes por España a través das súas catedrais. Como novelista publicou Luna de lobos (1985), La lluvia amarilla(1988), Escenas de cine mudo (1994), El cielo de Madrid (Alfaguara, 2005) e Las lágrimas de San Lorenzo (Alfaguara, 2013). Tamén cultivou o relato curto -En mitad de ningunha parte (1995) e Tanta pasión para nada (Alfaguara, 2011)- e o guión cinematográfico, Retrato de un bañista (1996), El techo del mundo (1998), escrito conxuntamente con F. Veiga para unha filmación sobre a memoria histórica. Os seus artigos xornalísticos foron recollidos nos libros En Babia (1991), Nadie escucha (Alfaguara, 1995) e Entre perro y lobo (Alfaguara, 2008). De moi recente aparición é a súa novela, Distintas formas de mirar el agua (Alfaguara, 2015). Obtivo en Italia os premios ITAS e Nonino e foi finalista do Premio Nacional de literatura en dúas ocasións.

A seguinte sesión celebrarase o día 5 de marzo e o autor invitado será Felipe Benítez Reyes.

Encontros con escritores

C1402028: Os proxectos de ciencia na aula

Summary: 

Os días 19 e 26 de febreiro de catro e media a nove na Domus da Coruña.
Gallego

Do 2 ao 4 de outubro de 2015 celebrarase na Coruña a XVI edición do concurso internacional para países de fala hispana ou portuguesa, Ciencia en Acción. Con este motivo o CFR da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, desenvolverá, os días 19 e 26 de febreiro, unha actividade para promover os proxectos científicos no marco das competencias e a igualdade de xénero.

Proxectos de ciencia na aula

C1402028: Os proxectos de ciencia na aula

Summary: 

Os días 19 e 26 de febreiro de catro e media a nove na Domus da Coruña.
Gallego

Do 2 ao 4 de outubro de 2015 celebrarase na Coruña a XVI edición do concurso internacional para países de fala hispana ou portuguesa, Ciencia en Acción. Con este motivo o CFR da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, desenvolverá, os días 19 e 26 de febreiro, unha actividade para promover os proxectos científicos no marco das competencias e a igualdade de xénero.

 

 

Data: 

19/02/2015 - 26/02/2015

Sección: 

Día de Internet Seguro 2015

Summary: 

Mañá, 10 de febreiro celébrase o 12º aniversario do "Día de Internet Seguro" (Safer Internet Day), promovido desde 2004 por Insafe, Rede Europea por un Internet Seguro, da Comisión para a concienciación sobre un bo e seguro uso da rede. A celebración deste ano leva por lema "Imos crear un mellor internet xuntos". Trátase dunha conmemoración que terá lugar nun grande número de países, co obxecto de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores, mozos e mozas.
Gallego

Os organizadores proporcionan ideas e inspiración para apoiar o Día de Internet Seguro: organizar charlas e obradoiros sobre a seguridade na rede, programar debates co alumnado, seguir a campaña nas redes sociais e ver os vídeos publicados na súa canle, etc.

Os seguintes enlaces poden ser de utilidade para este evento:

· http://www.saferinternetday.org/web/guest

· http://www.protegeles.com/

No repositorio de contidos do espazoAbalar hai dispoñibles varios recursos que poden empregarse para traballar a seguridade na rede:

·  Novas formas de comunicación e seguridade na rede: secuencia didáctica creada por Red.es no marco do programa Internet na aula recomendada para 6º curso de Educación Primaria.

· Jesús Arribí creou tres obxectos dixitais para explicar o funcionamento de Internet en 1º de ESO nos que, entre outros temas, toca o tratamento da privacidade e seguridade na rede: Funcionamento e servizos de Internet, Web social e Busca de información en Internet.

· Internet: Obxecto de aprendizaxe para traballar o tema de Internet e os sistemas de comunicación en 2º de ESO creado por Mª Teresa Mancebo.

· Nas unidades didácticas para 1º curso de Bacharelato a distancia elaboradas polo IES San Clemente hai dúas nas que se traballa a seguridade en Internet: A sociedade da información e as súa oportunidades e riscos e Propiedade intelectual e seguridade no uso das TIC.

Tamén están dispoñibles as guías de navegación para familias, alumnado e profesorado do programa Navega con rumbo, cuxa 5ª edición está desenvolvéndose durante este trimestre con 240 sesións informativas programadas nos centros de ensino galegos.

Safer Internet Day 2015
Safer Internet Day 2015

C1402001: Xornadas de actualización fiscal 2015

Summary: 

No CFR da Coruña do 27 de xaneiro ao 11 de febreiro.
Gallego
Lugar celebración:
CFR da Coruña. Aula de audiovisuais. 4º andar do Edificio UNED. R/ Pepín Rivero, 3, 15011 A Coruña
Duración total: 12 horas
Área FP: Administración e Xestión
Destinatarios :
Profesorado das Familias Profesionais Administración e Xestión e de Formación e Orientación Laboral
Relator:
José Antonio Fernández Pérez
                 Corpo técnico da Axencia Tributaria de Vigo
                 Profesor asociado da Universidade de Vigo
                 Profesor do Máster Profesional en Tributación na Universidade de Vigo
                Asesoría Fiscal do CEF.
Temporalización:
días 27 e 29 de xaneiro e 11 de febreiro de 2015,
Horario: de 17 a 21 horas
Coordinación: Gerardo Nistal Martino. CFR A Coruña.

gnistal@edu.xunta.es

Data: 

27/01/2015 - 11/02/2015

Sección: