Gallego

V Encontros de atención á diversidade

Summary: 

V Encontros de atención á diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico.
Gallego

V Encontros de atención á diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico.

Forma de participación:Presencial

Modalidade: Encontros

Referencia: C1503005

Centro de formación e recursos: A Coruña

Temporalización: 25/02/2016 - 25/02/2016

Data límite de inscrición: 29/01/2016

Lugar: Salón de actos da UNED, Rúa Pepín Rivero 3, A Coruña

Prazas: 150

Observacións prazas: Terán prioridade os orientadores e orientadoras dos centros educativos.

Horas presenciais: 8 Horas non presenciais: 0

Destinatarios:Todas as ensinanzas Corpos e especialidades 511018 - Catedráticos de ensino secundario. Orientación educativa 597039 - Mestres. Orientación 590018 - Profesores de ensino secundario. Orientación educativa

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos: 

1.Optimizar a colaboración na prevención e intervención entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.

2.Manter unha rede dinámica de intercambio de información e boas prácticas entre os orientadores e orientadoras.

3.Compartir modelos, protocolos, materiais e recursos sobre a atención á diversidade.

Contidos: 

1.Estratexias de prevención e intervención na atención á diversidade coordinadas entre os Departamentos de Oirentación e o Equipo de Orientación Específico.

2.O traballo en rede entre orientadores e orientadoras para consultar dúbidas e compartir materiais, recursos e boas prácticas.

3.Modelos, protocolos, materiais e recursos sobre a atención á diversidade entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Oirentación Específico.

Asesor: NISTAL MARTINO, GERARDO

Enderezo Electrónico: gnistal@edu.xunta.es

V encontros de atención á diversidade
V encontros de atención á diversidade

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Summary: 

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning"
Gallego

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning". Despois dunha ausencia máis longa do normal debido aos sucesivos cambios na plataforma, eTwinning volve ofrecer o seu curso de formación en liña para docentes, con materiais e metodoloxías totalmente renovadas e adaptadas aos últimos desenvolvementos da plataforma Queres coñecer mellor eTwinning e as súas posibilidades na aula? Gustaríache actualizar os teus coñecementos sobre o programa? Tes ata o 29 de xaneiro de prazo para rexistrarte.

Podes ler a descrición do curso neste documento. Atoparás as ligazóns á sede electrónica e ás instrucións para rexistrarse no curso aquí. Aqueles que completen satisfactoriamente as tarefas do curso recibirán unha acreditación equivalente a 70 horas.

Esperámoste!

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

Summary: 

PLATEGA. 2º TRIMESTRE. Prazas dispoñibles.
Gallego

MODALIDADE: online (PLATEGA)

NÚMERO DE HORAS: 50

INSCRICIÓNhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66780

Constituído arredor da ferramenta eXeLearning, pretende situala no seu lugar: Por un lado pretendimos afastarnos da idea da ferramenta como fin, pero sen chegar ao punto de considerala un medio "transparente". As ferramentas tamén condicionan o uso que facemos de elas e, en consecuencia, a nosa interacción co mundo real (metodoloxía).
Parece inevitable a necesidade de formular algún tipo de obxectivo educativo previo que nos vaia a servir de guía ao longo do desenvolvemento do curso. Esta declaración inicial de principios permitiranos ir tomando decisións tecnolóxicas de calado.
O curso está inspirado na metodoloxía de traballo do Centro de Desenvolvemento Currirular en Sistemas Non Propietarios (CEDEC).

FINALIDADES INSTRUCTIVAS:

  • Axudar ós estudantes a comprender un conxunto de dilemas sobre os recursos dixitais escolares cos que, no contexto da sociedade da información e da comunicación, os profesores han de enfrontarse á hora de planificar os procesos de ensinanza e de aprendizaxe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e a valorar os factores, mecanismos e condicións que favorecen unha aprendizaxe comprensiva dos contidos escolares.
  • Axudar ós estudantes a desenvolver a autoaprendizaxe no uso de ferramentas contedoras de contidos escolares, concretamente eXeLearning.
  • Axudar ós estudantes a experimentar a transformación colaborativa de Recursos Educativos Abertos coa ferramenta eXe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e valorar a existencia de novas estruturas rede ao servizo do traballo colectivo e colaborativo.

METODOLOXÍA:

O curso contén diferentes tipos de tarefas (lectura, creación de textos, discusión, construción e publicación de contidos) para as que será imprescindible a interacción social dos participantes, é por isto que os diferentes módulos non aparecerán abertos dende o comezo, senón que seguiremos unha secuenciación común de tarefas.

Partimos da seguinte conceptualización psicopedagóxica tomada do profesor Juan Carlos Pardo Pérez: Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. O presente curso enmárcase explícitamente nunha concepción constructivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  • O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  • Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  • Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas persoas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  • Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

Xornadas para coordinadores e coordinadoras de actividades de formación en centros 2015

Summary: 

Sesión de formacion para as coordinadoras e coordinadores de actividades de formación en centros e equipos de formación dos PFPP.
Gallego

Sesión de formación para as coordinadoras e coordinadores de actividades de formación en centros e equipos de formación dos PFPP.

Terá lugar o mércores, día 2 de 16:30 a 20:30 horas no hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela. A temática da sesión céntrase na xestión de reunións eficaces e resolución de conflitos nos grupos.

 

 

 

 

coordinadores
coordinadores

File: 

Xornada escolaTAC para Educación Infantil e Educación Primaria

Summary: 

Este sábado 28 de novembro terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) en Santiago de Compostela a primeira edición de escolaTAC, un evento paralelo ao xa coñecido escolaTIC do que se celebraron dúas edicións.
Gallego

Este sábado 28 de novembro terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) en Santiago de Compostela a primeira edición de escolaTAC, un evento paralelo ao xa coñecido escolaTIC do que se celebraron dúas edicións.  

escolaTAC é unha actividade organizada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación que está fortemente centrada en obradoiros nos que os mestres e mestras das etapas de Infantil e Primaria terán a oportunidade de vivenciar diferentes formas de traballo (aprendizaxe baseada en proxectos, ludificación, resolución de problemas, creatividade...), integrando medios tecnolóxicos (realidade aumentada, dispositivos móbiles, impresión 3d, videoxogos…) e utilizando novas linguaxes (narrativa transmedia, programación…).

Esta xornada completarase coa edición para Secundaria e Bacharelato que terá lugar no segundo trimestre e cuxa inscrición aínda está aberta.

Toda a información relativa a este evento pódese consultar en www.escolatac.gal

escolaTAC
escolaTAC

Club de lectura do CFR da Coruña

Summary: 

O xoves 19 de novembro na biblioteca do CFR da Coruña.
Gallego

O xoves 19 de novembro dende as 18:00 ata as 19:30 na biblioteca do CFR da Coruña, iniciarase o club de lectura coa presenza de Beatriz Maceiras, mestra do CEIP Raquel Camacho.

Presentará dinámicas de traballo co seu libro "O álbum de Garrincha".

Límite de prazas 15.

Reserva de prazas en cfr.coruna.bibliotecas@edu.xunta.es

 

O álbum de Garrincha
O álbum de Garrincha.

Seminarios aprobados 2015/2016

Summary: 

Seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Gallego

Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016

seminarios aprobados