Gallego

III Encontros de Educación Infantil e educación primaria

Summary: 

9 de maio / Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela / Sábado: 9:30h - 20:00h
Gallego

Dada de celebración: 9 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela

Horario: Sábado: 9:30h -  20:00h

Ligazón Aula Virtual:http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=583

 

A celebración dos III Encontros de Educación Infantil e educación primaria, xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e  facer visible boas prácticas de aula. Para  a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

 

encontros_infantil
programa para la web

G1402008 V Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación

Summary: 

O vindeiro 14 de maio celebraranse as V Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamento de Orientación, no Auditorio Abanca en Santiago de Compostela.
Gallego

 V XORNADAS DE FORMACIÓN DOS XEFES E XEFAS DOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Referencia: G1402008
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  14 de maio
Data límite de inscrición: 29/04/2015  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Lugar: Santiago de Compostela. Auditorio ABanca ; r/ Preguntoiro, 23  Santiago de Compostela
Prazas:  360   Duración: 8 h presenciais

Criterios de selección: Será criterio preferente exercer a xefatura do departamento de orientación. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos:

Afondar na interpretación e unificación de criterios de actuación derivados das funcións xerais establecidas para os departamentos de orientación.

Definir accións concretas e estratexias de intervención do departamento de orientación para as funcións encomendadas.

Favorecer a actualización, o intercambio de experiencias e a formación de grupos de traballo.

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=576

orientacion

Novo MOOC do INTEF sobre competencia dixital

Summary: 

Ensinar e avaliar a competencia dixital
Gallego

O INTEF anuncia a convocatoria dun novo curso masivo aberto en Rede (MOOC) sobre como "Ensinar e avaliar a competencia dixital", destinado a docentes de niveis non universitarios. Este curso ofrece unha oportunidade de reflexión colectiva e formación sobre como integrar o ensino da competencia dixital na aula. Para máis información consultade a seguinte páxina: ENSINAR E AVALIAR A COMPETENCIA DIXITAL

MOOC competencia dixital

Xornadas escolaTic 2015

Summary: 

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Gallego

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.


Ampliado prazo de inscrición ata o 9 de abril. 

Inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe .

Código da actividade: G1402009.

Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.
Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos/as os/as participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

escolaTic 2015

C1402004: Xornadas de formación do profesorado de apoio

Summary: 

Do 15 ao 29 de abril de 18:00 a 21:00 no salón de actos da UNED da Coruña.
Gallego

Xornadas de formación do profesorado de apoio

Referencia: C1402004
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  15/04/2015  -  29/04/2015
Data límite de inscrición: 06/04/2015
Lugar:  Salón de Actos do Edificio UNED. r/Pepín Rivero, s/n. 15011 A Coruña
Prazas:  170
Observacións prazas: 
Preferencia especialista en Ped.terapéutica ou en aud. e ling. no 2014-15.

Horas totais

Horas presenciais: 10
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario

597037 - Mestres. Educación especial: Audición e Linguaxe

597036 - Mestres. Educación especial: Pedagoxía Terapéutica

Temas e subtemas

Plan anual - 2014-2015

Criterios de selección

Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos

1.Actualizar información e intercambiar expereincias das diferentes especialidades

2.Afondar na interpretación e unificación de criterios e modalidades de intervención educativa

3.Afondar nos mecanismos de coordinación e colaboración co profesorado titor, co equipo docente e co departamento de orientación

Contidos

1.As distintas experiencias de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

2.As modalidades de intervención educativa e de desenvolvemento curricular.

3.O asesoramento e a colaboración entre o equipo docente e o departamento de orientación.



Asesor responsable da actividade

Asesor:  NISTAL MARTINO, GERARDO

Enderezo Electrónico:  gnistal@edu.xunta.es

Materiais da actividade

www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=310&edit=off&sesskey=5ozUJC8CwE

C1402004: Formación do profesorado de apoio

I Encontro de equipos directivos

Gallego

I Encontro de equipos directivos

11 de abril, EGAP_ Santiago de Compostela

 

Obxectivos

1.Compartir experiencias que favorezan a mellora e a innovación dos centros educativos.

2.Afondar na organización e funcionamento dos centros educativos impulsando a súa interrelación co contorno.

3.Intercambiar ideas, modelos e proxectos de dirección potenciando o uso de redes colaborativas profesionais.

Contidos

1.Liderado e xestión de centros educativos.

2.Modelos e proxectos innovadores para a dirección dos centros escolares.

3.Boas prácticas que favorecen a calidade do ensino.

Aula virtual : http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=578
 

Data: 

07/04/2015 - 12/04/2015

I Encontro de equipos directivos

Summary: 

O vindeiro 11 de abril terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, o I Encontro de Equipos Directivos.
Gallego

I Encontro de equipos directivos


Obxectivos

- Compartir experiencias que favorezan a mellora e a innovación dos centros educativos.

- Afondar na organización e funcionamento dos centros educativos impulsando a súa interrelación co contorno.

- Intercambiar ideas, modelos e proxectos de dirección potenciando o uso de redes colaborativas profesionais.


Contidos

- Liderado e xestión de centros educativos.

- Modelos e proxectos innovadores para a dirección dos centros escolares.

- Boas prácticas que favorecen a calidade do ensino.


 

I Encontro de equipos directivos

2015 Ano internacional da Luz

Summary: 

O ano 2015 foi nomeado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", tamén coñecido polo acrónimo en inglés IYL2015
Gallego

 No ámbito das conmemoracións do "Ano Internacional da Luz e as tecnoloxías baseadas na luz" en Galicia, e co apoio de diferentes organismos e patrocinadores, organízanse tres concursos abertos a toda a poboación, escolar e adulta:

Concurso literario "¿Que é a luz para ti?". Pretende animarte a expresar en galego o que a luz che inspira. http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=179

Concurso gráfico "As mil e unha luces". Pretende poñer de manifesto a evidente relación luz-imaxe, a través da súa manifestación gráfica en diferentes soportes. http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=190

Concurso de experimentos "Coas mans na luz". Ten tres categorías de idade e pódese participar en grupo.  http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=199

Toda a información na web:  http://ail2015.laserphotonics.org/
 

 

Ano internacional da luz 2015

Campus Científicos de Verán 2015

Summary: 

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Gallego

Durante sete días os participantes en CCV 2015 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015.

Máis información con todos os detalles do programa no seguinte enderezo:  http://www.campuscientificos.es

En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es

campus cientificos veran 2015