Grupos de traballo aprobados. Curso 2015/16
Enviado por pedrolado a Lun, 09/11/2015 - 12:04Summary:
Xúntase ficheiro cos relación de GT aprobados polo CFR da Coruña, xunto co orzamento, coordinador/a e centro base.
File:
Summary:
Xúntase ficheiro cos relación de GT aprobados polo CFR da Coruña, xunto co orzamento, coordinador/a e centro base.
File:
Summary:
O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos" . O conferenciante, D. Víctor Salgado Seguín, especialista en Dereito Informático, abordou con éxito a temática relacionada coa protección de datos e respostou as cuestión que xurdiron entre os 70 participantes.
Summary:
Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:
Summary:
Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:
Nesta ligazón pódese acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:
Nesta páxina web podemos descargar un exemplo de programación LOMCE en tres formatos diferentes.
Website:
Summary:
A II Xornada eTwinning celebrarase o día 24 de outubro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela en horario de 10:00 a 20:00 horas. Esta actividade forma parte do Plan Anual de Formación do Profesorado 2015-2015.
Tema:
Summary:
O próximo luns 19 de outubro dará comezo o curso "G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE".
Os obxectivos do curso son:
Analizar e interpretar información estatística con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.
Manexar representacións gráficas de información real a través do uso didáctico da folla de cálculo.
Interpretar conceptos de estatística oficial usados habitualmente nos medios de comunicación
Aínda quedan prazas libres.
Inscrición en fprofe co código G1501047 : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do
Para máis información consultar a guía do curso
File:
Summary:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Información para os que desexen participar nos cursos CALC.
É conveniente verificar os días e horas de celebración do curso a través da ficha da actividade en FPROFE: pestana Consulta/Inscrición - Consultar ou Inscribirse.
A adxudicación das prazas nos cursos CALC realizaráse conforme aos criterios de selección que figuran nas fichas de cada actividade.
Para poder participar nun curso CALC é necesario acreditar que se posúe o nivel de lingua inmediatamente anterior (por exemplo, ter o A2 para participar nun curso B1).
A acreditación de nivel de lingua solicitaráse ás persoas que resulten finalmente admitidas nos distintos cursos.
Aquelas persoas que cursaron e superaron o Bacharelato con inglés como primeira lingua poden acceder a participar nun curso CALC de nivel B1. Deberán acreditar esta situación coas calificacións do Bacharelato ou con certificación do centro onde cursou o Bacharelato.
Para as persoas que non poden acreditar o seu nivel real de lingua con titulacións, poden facer a proba de nivel. Ésta terá lugar o día 8 de setembro de 2015 no CFR da Coruña, de 11.00 a 12.00. En función do resultado acadado nesta proba poderáse acceder a un curso CALC de nivel B1 ou B2. Esta proba non é obrigatoria, e non conleva adxudicación de praza nun curso CALC.
Aqueles que desexen facer a proba de nivel, deberán inscribirse a través do FPROFE na actividade C1502008.
A Coruña, 2 de setembro de 2015.
Asesoría de Linguas Estranxeiras