Gallego

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

Summary: 

Proxecto europeo Erasmus+ sobre portfolios dixitais na avaliación.
Gallego

A Consellería de Educación e O.U. participa como socio no proxecto europeo ATS2020 (Assessment of Transversal Skills (http://www.ats2020.eu/) sobre a avaliación das competencias dos estudantes.

A finalidade do proxecto é avaliar as competencias dos estudantes mediante o uso do portfolio dixital nas materias dos primeiros curso de educación secundaria e últimos cursos de educación primaria, así como estudar e elaborar modelos de aprendizaxe a través das TIC.

O vindeiro 2 de abril (sábado) impartirase unha formación presencial en Santiago de Compostela para dar a coñecer o proxecto e centrarse na utilización do portfolio dixital na plataforma Mahara (http://mahara.eufolio.eu/) para traballar na aula, tendo como obxecto a avaliación das competencias dos estudantes.

Máis información en fprofe:X1502051 - A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

ATS20202
X1502051 - A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

Kits de aula dixital

Summary: 

Aberto o prazo de matrícula para a formación sobre o equipamento dos novos Kits de Aula Dixital instalados
Gallego

Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación relacionada co novo equipamento (kits dixitais) instalado recentemente nas aulas do seu centro.

Os principais obxectivos son:

  1. Familiarizar ao profesorado co equipamento dos novos kits de aula Dixital instalados.
  2. Coñecer o software específico de manexo do EDI e outras aplicacións instaladas na maqueta Debian dos portátiles
  3. Presentar metodoloxías e recursos que permitan aproveitar a interactividade do EDI

Estes cursos impartiránse no terceiro trimestre.  Os presenciais constan de 12 horas en 4 sesións de 3 horas. O curso en rede, que consta de 30 horas, comezará unha vez rematados os cursos anteriores, profundizando nos contidos vistos nos presenciais.

O profesorado interesado pode inscribirse, a través da web de formación do profesorado: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

  • C1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. A Coruña
  • O1502015 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ourense
  • P1502019 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Pontevedra
  • L1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Lugo
  • F1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ferrol
  • S1502034 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. CAFI
  • V1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Vigo
  • G1501105 - Sacando partido ás aulas dixitais. En rede

Os destinatarios son todos os docentes que impartan en Primaria, Secundaria e Bacharelato, sendo a data límite para inscribirse o día 18 de marzo.

 

Kit aula dixital
Kit aula dixital

1503006: Información e orientación profesional 2016

Summary: 

Do 2 ao 9 de marzo no CFR da Coruña.
Gallego

Información e Orientación Profesional 2016

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Referencia: C1503006

Centro de formación e recursos: A Coruña

Temporalización: 02/03/2016 - 09/03/2016

Data límite de inscrición: 30/09/2015

Lugar: A Coruña - Centro de Formación e Recursos (CFR) A Coruña. Rúa Pepín Rivero (Edificio UNED). 15011 A Coruña. Aula de Audiovisuais. 3º Andar. 

Prazas: 30

Observacións prazas: Ciclos formativos, Orientadores de Centros de Secundaria e de Centros Integrados de Formación Profesional.

Horas totais: 8. Horas presenciais: 8 Horas non presenciais: 0

Destinatarios: Ciclos formativos

Corpos e especialidades 511 - Catedráticos de ensino secundario 590 - Profesores de ensino secundario 591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

1. Coñecer a actualidade da ordenación da FP.

2. Coñecer os itinerarios académicos e formativos da FP.

3.Analizar a relación FP - empresa.

Contidos 

1.Actualidade da ordenación de FP.

2.Itinerarios académicos e formativos.

3.Relación FP - empresa.

Horario

Día Horas Duración Observacións

02/03/2016 17:00 - 19:00 2.0 horas Relator: José Manuel Rodríguez Buján. Xefe de servizo de Ordenación e Formación Profesional.

02/03/2016 19:00 - 21:00 2.0 horas Relatora: Mª Carmen Rey Castro Asesora de Formación en Centros de Traballo.

09/03/2016 17:00 - 19:00 2.0 horas Emilia Lamelas Fariña

09/03/2016 17:01 - 18:01 1.0 horas Covadonga López López

09/03/2016 17:02 - 18:02 1.0 horas Santiago Álvarez Iglesias

09/03/2016 18:00 - 19:00 1.0 horas José Luis Souto

09/03/2016 19:00 - 20:00 1.0 horas Mª Dolores Vázquez

09/03/2016 20:00 - 21:00 1.0 horas Noa González Patiño

Asesor responsable da actividade Asesor: PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico: mpenelas@edu.xunta.es

Enlace á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual2/course/view.php?id=370

Información e orientación profesional 2016
Información e orientación profesional 2016

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Inscripción aberta en FPROFE
Gallego

INSCRIPCIÓN ABERTA: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Xornada para o fomento  das vocacións  STEM  en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Seleccionados

Neste apartado poderedes consultar o listado completo de centros seleccionados para participar nos PFPP, unha vez sexan aprobados e publicados.

 

 
 
Gallego

Peso: 

3

V Encontros de atención á diversidade

Gallego

Data: 

25/02/2016

Lugar: 

Salón de actos da UNED, rúa Pepín Rivero 3, A Coruña

Horario: 

De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Tema: 

Sección: 

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Celebraránse o 26 de febreiro no CIFP "Compostela" Consulta o programa
Gallego

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia