Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"
O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:
-
Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.
-
Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.
-
Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
-
Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.
Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.
Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209. Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.
A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:
-
Currículo e aproximación á programación
-
Rúbricas e mínimos esixibles
-
Perfil de competencia.
- Tarefas integradas.
O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.
Menús CAFI node R
Áreas-CAFI
- Ensinanzas artísticas e deportivas
- Formación, innovación e internacionalización
- Infantil e Primaria
- Linguas
- Linguas estranxeiras
- Lingüística e social
- Organización escolar e Diversidade
- Educación dixital
- Departamentos
- Artística e deportiva
- Bibliotecas escolares
- Científico e tecnolóxica
- Científico, tecnolóxico e social