Revenue management, distribución e márketing hostaleiro
Enviado por pedrolado a Sáb, 02/09/2017 - 16:57Summary:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Revenue management, distribución e márketing hostaleiro
Competencias profesionais: Especialista na súa materia - Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.
Forma de participación: Presencial
Modalidade: Curso
Referencia: C1701008
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 04/09/2017 - 06/09/2017
Data límite de inscrición: 03/07/2017
Lugar: A Coruña
Prazas: 17
Horas presenciais: 24
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades:
511106 - Catedráticos de ensino secundario. Hostalaría e turismo
590106 - Profesores de ensino secundario. Hostalaría e turismo
Criterios de selección: Os do plan anual
Obxectivos:
1.Desenvolver unha estratexia de revenue management
2.Elaborar unha estratexia de márketing e distribución hostaleira
3.Realizar unha estratexia e práctica integral de revenue management e distribución hostaleira con ferramentas de software
Datas: do 4 ao 6 de setembro. Lugar: aula audiovisuais. CFR A Coruña.
Contidos:
1.Conceptos básicos e historia
2.Traslado de datos ás ferramentas de xestión.
3.Elaboración dun modelo de análise de punto morto para xestionar grupos.Breves nocións do márketing dixital integrado nunha estratexia de revenue management e distribución hostaleira.
Asesor: PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT
Enderezo Electrónico: mpenelas@edu.xunta.es
Summary:
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2016/17.
O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.
Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Concederase un premio ao mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI, consistente nunha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do PFPP no curso 2017/18.
Tamén se concederá unha mención especial ao mellor proxecto de formación de entre os premiados, consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.
O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2017.
Para máis información, clica aquí.
Summary:
A creatividade e a innovación son elementos que viñeron interactuando coa contorna empresarial desde hai moito tempo. A medida que os mercados se fan máis competitivos, ambos os elementos adquiriron cada vez maior protagonismo á hora de desenvolver vantaxes competitivas para as organizacións.
A creatividade é a capacidade que posúe un individuo para idear algo novo e orixinal, mentres que a innovación é a arte de converter as ideas en produtos, procesos e servizos novos e mellorados. Ambas son ferramentas diferentes e á súa vez complementarias, polo que resulta fundamental que as empresas promovan unha filosofía de xestión creativa e innovadora que lles permita desenvolverse tanto vertical como horizontalmente, logrando unha cadea de valor competitiva e diferenciadora.
Partindo desta premisa, habemos de ser conscientes de que unha das claves para dispoñer dun modelo produtivo innovador e competitivo reside na educación. No caso de España, para conseguir un cambio de modelo debemos abordar este aspecto desde a base, que non é outra que a educación dos mozos que pasado un tempo compoñerán a base da forza produtiva española.
Neste contexto, con motivo da Semana Mundial da Creatividade e Ia Innovación, APD e a Xunta de Galicia organizan a xornada Escolas creativas, empresas innovadoras, na que expertos do ámbito educativo e empresarial debaterán e poñerán sobre a mesa temas como a promoción da creatividade na contorna laboral co fin último da innovación empresarial, a necesidade dunha adaptación eficiente dos actuais estudantes ao mercado de traballo ou a importancia de promover a incorporación e práctica do pensamento creativo nas aulas de educación de Galicia, atendendo ás demandas do mundo empresarial e do novo contexto económico.
Esperámoste o próximo 20 de abril na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Summary:
Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.
Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.
Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17, segundo as seguintes características:
Categorías de participación
E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:
Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.
Premios:
Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador. Cada centro poderá recibir un só premio.
O alumnado dos equipos gañadores recibirá un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos.
O docente titor de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.
Resolución do 13 de marzo de 2017
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Introdución ao manexo do kit de Arduino e Raspberry Pi
Competencias profesionais:
Competente en TIC - Dispositivos.
Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.
Forma de participación: Mixta
Modalidade: Xornadas
Referencia: C1602021
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 09/02/2017 - 02/03/2017
Data límite de inscrición: 01/02/2017
Lugar: Baio
Prazas: 30
Horas totais: 12
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades: Todos os corpos
Criterios de selección: Terá preferencia o profesorado da especialidade de tecnoloxía.
Obxectivos
1.Coñecer e manexar con soltura o kit de Arduino e Raspberry Pi
2.Dominar os distintos enfoques metodolóxicos e actividades de aula que os kits permiten
3.Coñecer actividades que tiren partido das posibilidades conxuntas dos equipos, así coma a súa vinculación co kit de Robótica e a impresora 3D (se ha houber). Explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM
Contidos
1.Hardware incluido nos kits Arduino UNO e Raspberry Pi
2.Montaxe, manexo e programación dos kits e das placas
3.Utilización dos kits na aula e montaxes experimentais, así coma cotiás (enfoque maker, domótica, accesibilidade,...)
4.Metodoloxía e innovación desde a robótica e a programación
Día | Horas | Duración | Observacións |
---|---|---|---|
09/02/2017 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | |
16/02/2017 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | |
23/02/2017 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | SESIÓN NON PRESENCIAL. |
02/03/2017 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas |
Relator: Fernández Cueto, Florentino Blas.
Asesor responsable da actividade: LADO GARCÍA, PEDRO
Enderezo Electrónico: cfr.coruna.tic3@edu.xunta.es
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Informámosvos que o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 18:30 no auditorio do centro Ágora (Lugar da Gramela, 17). celebraremos unha nova sesión do ciclo: "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores" na que contaremos coa presenza do escritor e guionista mexicano Guillermo Arriaga quen nos visitará para falar da súa nova novela, EL salvaje (Alfaguara, 2017) e comentará o seu traballo de novelista e cineasta.
Guillermo Arriaga (Cidade de México, 1958) escritor, produtor e director cinematográfico mexicano. Publicou as novelas Escuadrón Guillotina (1991), Un dulce olor a muerte (1994), El búfalo de la noche (1999) e a colección de contos Retorno 201.
A súa obra foi traducida a numerosos idiomas. É o guionista de películas tan coñecidas e premiadas como Amores perros, 21 gramos e Babel, que forman unha trilo´xía que apostou pola narrativa no lineal e que reflexiona sobre o peso da vida por encima da morte. É autor tamén de Os tres enterros de Melquiades Estrada. No 2008 presentou a súa ópera prima como director: The Burning Plain. Recentemente produciu e coescribiu a historia titulada Desde allá, primeira película iberoamericana en gañar o León de Ouro no Festival de Cine de Venecia. De recente publicación é a súa novela El salvaje (Alfaguara, 2017) unha historia de vinganza onde convive unha entrañable historia de amor que impide que a protagonista se deslice cara a súa destrución.
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI: