Encontros con autores: Santiago Gamboa
Enviado por pedrolado a Mar, 04/02/2020 - 11:41Summary:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Encontros con autores.
Informámosvos que o mércores, 5 de febreiro ás 18:30 h. no Salón de actos da Uned de A Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presencia do escritor colombiano Santiago Gamboa. Aprovitaremos a presencia do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar o seu libro máis recente, Será larga la noche (Alfaguara, 2019)
Organiza estos encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estos encontros concíbense da maneira máis ceibe e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturales con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.
A sesión poderá seguirse por videoconferencia dende a seguinte ligazón: http://www.intecca.uned.es/
Summary:
Código do curso: G1901048
Relatores:
Pablo Nimo e Mª Luz Castro
Datas:
3 de febreiro a 3 de maio de 2020
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Obxectivos
1.Desenvolver a programación da materia de Identidade Dixital para 1º ou 2º da ESO
2.Desenvolver unha unidade didáctica que exemplifique o traballo nesta materia
3.Coñecer e dominar todos os elementos prescritivos do currículo desta materia
Contidos
1.A identidade do ser humano racional. Dereitos e dignidade persoal.
2.A identidade dixital.
3.Pensamento crítico e redes.
Máis información e inscripcións en Fprofe
Tema:
Áreas-CAFI:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés
Código actividade: C1901149
Do 05/02/2020 ao 26/03/2020 no CFR da Coruña
Data límite de inscrición: 22/01/2020
Prazas: 15
Proposta formativa destinada ao profesorado de inglés para potenciar a expresión oral entre o alumnado de educación primaria e secundaria.
Neste apartado da web podes consultar todo o referente ás diferentes modalidades formativas que oferta o Centro Autonómico de Formación e Innovación. É o espazo onde atopar información sobre convocatorias, relación de seleccionados na formación en centros, así como toda a oferta formativa nas modalidades presencial, mixta e en rede.
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Pedro Feijoo (Vigo, 1975). Antes de adicarse á escritura, exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. En 2005 publicou Viva o Fu Remol! (Xerais,2005), unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. A súa primeira obra Os fillos do mar (2012, finalista do Premio Xerais en 2011). En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica. En 2017 publica Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de Os fillos do mar, se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación. En 2018 publica Sen piedade, un libro dolorosamente persoal no que o autor tivo que enfrontarse a algúns dos fantasmas pendentes da súa vida. Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas.
De moi recente aparición é a súa novela Un lume azul (Xerais, 2019), unha historia de suspense, dura por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, intensa e apaixonante como son todas as narracións deste autor.
Resolución provisional dos centros seleccionados e suplentes: a partir do día seguinte da publicación, abrirase un prazo de tres días hábiles para presentar as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas mediante o envío ao correo cafi@edu.xunta.gal.
Áreas-CAFI: