Animaker
Enviado por portalcafi a Ven, 27/03/2020 - 19:20- Animaker: ferramenta específica de creación de vídeos animados.
Website:
Áreas-CAFI:
Website:
Áreas-CAFI:
Amara: ferramenta específica para a creación e edición de vídeo. Permite engadir tradución e subtitulado.
Website:
Áreas-CAFI:
Para solicitar que o centro dispoña de Agueiro, a dirección do propio centro educativo deberá facer unha solicitude por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo agueiro@edu.xunta.gal e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.
File:
Website:
Áreas-CAFI:
eXeLearning é unha ferramenta de código aberto de creación de contidos.
Website:
Áreas-CAFI:
Summary:
Tema:
Sección:
Summary:
Referencia: C1901154
Centro de formación e recursos: CFR A Coruña
Temporalización:
15 e 16 de abril de 16:30 a 20:00
29 e 30 de 16 de abril de 16:30 a 20:00
20 e 21 de maio de 16:30 a 20:00
Data límite de inscrición: 23/03/2020
Lugar: CFR da Coruña - Aula Audiovisuais - 4º Andar
Prazas: 24
Horas totais: 25, das cales 4 son non presenciais. Haberá que realizar unha proposta de aula e presentala na última sesión.
Destinatarios: Educación infantil e Educación primaria.
Criterios de selección:
1.- Os criterios do plan anual de formación.
Obxectivos:
1. A adquisición de coñecementos e habilidades para aplicar o método indagativo na aula.
2. Ofrecer aos alumnos a oportunidade de explorar o mundo dende o punto de vista científico, aprendendo a facerse preguntas e a investigar a súa contorna.
3. Crear unha rede de profesores interesados en métodos activos de ensino das ciencias.
Contidos:
1.Ferramentas do explorador científico.
2.Exploramos cos nosos sentidos: ollos, orellas, nariz, lingua, mans e máis.
3.Exploramos a nosa contorna: a ciencia na cociña, o cuarto de baño, o xardín, o patio do colexio, e máis.
4.Exploremos fenómenos sorprendentes: luz, cor, ilusións ópticas, sonido, magnetismo e máis.
5.Exploramos a tecnoloxía-Robots garabateadores: aprender a construir uns artiluxios a motor que se moverán das formas máis sorprendentes e debuxarán os garabatos máis inesperados.
6.Exploremos o que aprendimos: proxecto final.
Asesor:
Óscar Domínguez Pérez (cfr.coruna.cientifico-tecnoloxico@edu.xunta.gal)
Summary:
Tema:
Sección:
Summary:
O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.
Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Informámosvos que o luns, 2 de marzo ás 18:30 h. no salón de actos da UNED da Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presenza do escritor vasco Bernardo Atxaga. Aproveitaremos a presenza do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar algúns dos seus textos máis significativos, entre eles a súa recente novela, Casas y tumbas (Alfaguara, 2020)
Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor nesta mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estes encontros concíbense da maneira máis libre e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturais con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.