XVI encontros con escritores: Bernardo Atxaga

O acto terá lugar o 2 de marzo ás 18:30 horas no salón de actos da UNED da Coruña
Lun, 02/03/2020 - 12:15
Bernardo Atxaga
Bernardo Atxaga

Informámosvos que o luns, 2 de marzo ás 18:30 h. no salón de actos da UNED da Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presenza do escritor vasco Bernardo Atxaga. Aproveitaremos a presenza do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar algúns dos seus textos máis significativos, entre eles a súa recente novela, Casas y tumbas (Alfaguara, 2020)

Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor nesta mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estes encontros concíbense da maneira máis libre e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturais con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.