Encontros con autores: Santiago Gamboa

Mércores 5 de febreiro ás 18:30 no salón de actos da Uned de A Coruña
Mar, 04/02/2020 - 11:12
Santiago Gamboa
Santiago Gamboa

Encontros con autores.

Informámosvos que o mércores, 5 de febreiro ás 18:30 h. no Salón de actos da Uned de A Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presencia do escritor colombiano Santiago Gamboa. Aprovitaremos a presencia do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar  o seu libro máis recente, Será larga la noche (Alfaguara, 2019)

Organiza estos encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estos encontros concíbense da maneira máis ceibe e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturales con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.

A sesión poderá seguirse por videoconferencia dende a seguinte ligazón:  http://www.intecca.uned.es/