C1603004: A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores

O xoves 2 de febreiro no centro Ágora o escritor Guillermo Arriaga falará da súa nova novela "El Salvaje".
Xov, 02/02/2017 - 11:30
Guillermo Arriaga
Guillermo Arriaga

Informámosvos que o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 18:30 no auditorio do centro Ágora (Lugar da Gramela, 17). celebraremos unha nova sesión do ciclo: "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores" na que contaremos coa presenza do escritor e guionista mexicano Guillermo Arriaga quen nos visitará para falar da súa nova novela, EL salvaje (Alfaguara, 2017) e comentará o seu traballo de novelista e cineasta.

Guillermo Arriaga (Cidade de México, 1958) escritor, produtor e director cinematográfico mexicano. Publicou as novelas Escuadrón Guillotina (1991), Un dulce olor a muerte (1994), El búfalo de la noche (1999) e a colección de contos Retorno 201.

A súa obra foi traducida a numerosos idiomas. É o guionista de películas tan coñecidas e premiadas como Amores perros, 21 gramos e Babel, que forman unha trilo´xía que apostou pola narrativa no lineal e que reflexiona sobre o peso da vida por encima da morte. É autor tamén de Os tres enterros de Melquiades Estrada. No 2008 presentou a súa ópera prima como director: The Burning Plain. Recentemente produciu e coescribiu a historia titulada Desde allá, primeira película iberoamericana en gañar o León de Ouro no Festival de Cine de Venecia. De recente publicación é a súa novela El salvaje (Alfaguara, 2017) unha historia de vinganza onde convive unha entrañable historia de amor que impide que a protagonista se deslice cara a súa destrución.