Gallego

Foro Internacional dos Contidos Dixitais

Summary: 

Acada a súa sexta edición co obxectivo de responder ás inquedanzas do sector dos contidos dixitais en España
Gallego

Desde Red.es estase organizando a sexta edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid. Reunirá baixo un mesmo teito aos principais actores das diferentes áreas que o compoñen: audiovisual, música, videoxogo, publicidade e márketing dixital, comercio electrónico, aplicacións, redes sociais, e-learning, publicacións e servizos e produtos tecnolóxicos para contidos dixitais. Neste sentido, resulta especialmente interesante para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria o Eixo Talento. Podedes consultar o programa interactivo nesta ligazón: PROGRAMA.  O evento poderase seguir por streaming na páxina web oficial.

ficod
ficod

A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores

Summary: 

O vindeiro mércores, 12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.
Gallego

O vindeiro mércores,  12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.

Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

 
CARLOS G. REIGOSA (A Pastoriza, 1948). É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos. Publicou as novelas Oxford, amén (1982); Crime en Compostela (1984, primeiro Premio Xerais de novela); O misterio do barco perdido (1988); A guerra do tabaco (1996); Narcos (Premio Benito Soto, 2001); Intramundi (2002)Pepa A Loba (Xerais 2006); A vida do outro ( Premio Gonzalo Torrente Ballester, 2008); A lei das ánimas (2010) e A vitoria do perdedor ( 2013). Publicou así mesmo algún libros de relatos como As pucharcas da lembranza (1985), Irmán Rei Artur (1986) Os outros disparos de Billy (1991) e Homes de Tras da Corda (2012).  É autor do libro de poemas Kid salvaxe (Xerais 2014)  e dunha importante obra de investigación e ensaio xornalístico que inclúe títulos tan destacados como Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Fuxidos de sona (1989); A agonía do león (1996); Doutor Livingstone, supoño (1998); O regreso dos maquis (2004); Laxeiro por si mesmo (2008) ou A Galicia máxica de García Márquez (2013). De moi recente aparición e a súa novela A vinganza do defunto (2014) na que se presenta un novo caso a resolver polo detective Nivardo Castro e o seu amigo o xornalista Carlos Conde.

 
encontros

Invitación á Semana da Ciencia 2014

Summary: 

A ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato
Gallego

Co obxectivo de involucrar ao alumnado preuniversitario coa Ciencia e a Tecnoloxía a través de actividades de divulgación e difusión, a Escola de Enxeñaría da Universidade de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Ciencia.

Ao igual que nos anos últimos sete anos a ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato. Deste  xeito a escola converterase nun espazo interactivo podendo: visitar os laboratorios de investigación, manipular por exemplo módulos demostrativos de explosivos; participar en traballos de campo, como o levantamento tridimensional dunha parte dun edificio mediante escaneos cun láser 3D; coñecer as posibilidades das enerxías alternativas ou as propiedades dos novos materiais e colaborar na toma de imaxes cunha cámara termográfica.

Ao remate da actividade os/as participantes recibirán agasallos-recordos da mesma e terán unha visión máis realista das actividades profesionais que emanan no Espazo Bolonia do novo Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do novo Grao en Enxeñaría da Enerxía recentemente implantados na ETS de Enxeñaría de Minas. Con posteridade aos centros interesados enviaráselles un DVD cunha reportaxe fotográfica que inclúe os termogramas e scaneados láser tridimensionais realizados na súa visita.

Para máis información visitar a web da escola:  http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=81,0,0,1,0,0

Para reservar quenda poñerse en contacto co director da escola nos teléfonos ou correo máis abaixo indicados

José Benito Vázquez Dorrío (Director)
Universidade de Vigo E.T.S.E. de Minas
Campus Universitario
E36310 Vigo (SPAIN)
Tf: +34 986 813 490 +34 6473 43275
E-mail: directorminas@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/etseminas/
http://www.laser.uvigo.es/
http://www.clickonphysics.es/cms/
 

 

 

semanaciencia2014

Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Summary: 

Quinto e último nivel do itinerario de competencia dixital do profesorado
Gallego

Referencia: G1401047
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50
Duración: 100 horas
Terán prioridade os que teñan superado o nivel anterior (nivel medio) ou realizado o cuestionario de autoavaliación de competencia en TIC

Obxectivos:

1.Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.

2.Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modal

3.Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos:

1.Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.

2.Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.

3.Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.

4.Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das tecnoloxías da información e da comunicación no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos.

5.Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

6.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.

7.Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Asesor de contacto: Xosé Antón Vicente Rodríguez  (antonvicente@edu.xunta.es)

Nivel avanzado en competencia TIC
Nivel avanzado en competencia TIC

Cinedfest 2014

Summary: 

Festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes.
Gallego

Cinedfest é un festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes. Para obter máis información e facer a inscrición preme na imaxe:

cinedfest

Novo MOOC do Intef

Summary: 

As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula
Gallego

O INTEF ofrece un novo MOOC, "As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula". Para acceder a toda a información e facer a inscrición preme na imaxe:

 

 

Novo MOOC do INTEF

C1402002: Aprender nos museos

Summary: 

A celebrar en varios museos da Coruña do 29 de outubro ao 27 de novembro .
Gallego

Aprender nos museos

Referencia: C1402002
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 29/10/2014  -  27/11/2014
Data límite de inscrición: 30/09/2014
Lugar: A Coruña
Prazas:  25

Horas presenciais: 15

Horas non presenciais: 0

Lugar de celebración: os diferentes museos a estudar. (Ver programa)

 

Obxectivos

1. Presentar ao profesorado os recursos didácticos que ofrecen os museos da localidade como ferramentas fundamentais na aprendizaxe de contidos histórico-artístico.

2. Desenvolver competencias profesionais cara á selección, utilización e elaboración de actividades didácticas en base a estes recursos museísticos que podan levarse á práctica de aula nos diferentes niveis educativos.

3. Fomentar o traballo colaborativo e de investigación entre o profesorado participante na actividae e o persoal técnico das entidades museísticas, posibilitando a futura formación de grupo de traballos de carácter multidisciplinar.

 

Contidos

1. Emprego dos fondos museísticos como fonte de recursos e materiais didácticos.

2. Presentación dos programas didácticos, actividades e obradoiros propostos polos diferentes museos visitados.

3. Bases para a planificación dunha visita didáctica: obxectivos, contexto curricular, multidisciplinariedade.

4. Orientacións para a elaboración de guía didácticas de aproveitamento de museos e da súa riqueza patrimonial.

 

Asesor responsable da actividade na Coruña:

Asesor:  MAQUEDA BLASCO, Mª ASCENSIÓN

Enderezo Electrónico:  mmaqueda@edu.xunta.es

Aprender nos museos

File: 

Impacto Erasmus. Estudo da UE

Summary: 

Impacto Erasmus. Estudo da UE
Gallego
A Comisión Europea encargou un estudo do impacto que o programa de intercambio de estudantes máis famoso da UE, Erasmus, tivo nos xoves europeos. O resultado confirma que mellora a capacidade de inserción e a mobilidade dos profesionais.
Xúntase arquivo cun resumo dos resultados
 
impacto Erasmus

Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014

Summary: 

Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014
Gallego
O proxecto ICT-Go-Girls! "Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC" (www.ictgogirls.eu) celebra o próximo mércores día 15 de outubro a súa conferencia final en Amberes, na que será posible participar en directo a través de web. A lingua da conferencia será en inglés para facilitar a súa difusión por toda Europa.
 
Nesta conferencia participarán destacadas mulleres do ámbito do emprendemento e as TIC a nivel europeo, presentaranse tamén os resultados e experiencia do proxecto europeo, no que participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela, así como a Consellería de Cultura, Educación e O.U e diversos centros educativos de Galicia como CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro de Santiago, entre outros. Presentarase tamén o manual práctico para centros educativos, dispoñible en 5 idiomas, entre outros en español.
 
O evento terá dúas partes: na primeira, dende ás 9:00 ata ás 11:35, será posible participar de forma interactiva dende calquera PC con conexión a Internet mínima de 1Mb, e un navegador actualizado. Poderanse enviar preguntas e comentarios en directo aos/ás relatores/as mediante a web da Conferencia final.
Os participantes no evento recibirán o manual práctico para os centros educativos en formato papel + recursos en CD. Pódense inscribir nesta web para participar en todo ou parte do evento, a título individual ou como centro: http://ictgogirls.eu/?q=es/node/124
 
A axenda da parte retransmitida do evento será a seguinte:
 
Mércores 15 de outubro:
• 9.00 - Welcome and opening of the conference. (General Director of CVO Antwerpen)
• 09.15 –9:45 Girls, Entrepreneurship and ICT. Personal perspective (Saskia Van Uffelen, CEO of Bull Belox and ICT Woman of the Year in Belgium 2011).
• 09.45 –10:15 Woman 4 Woman initiative. Girls, leadership and ICT (Lindsey Nefesh Clarke, founder and Manager of Woman 4 Woman initiative).
• 10.15 -10:40 ICT-Go-Girls project and its products (Maria R Malmierca, CESGA, ICT-Go-Girls! Project coordinator)
• 10.40 -11:00 Why do women not opt for being leaders in ICT? (Lil Reif, Researcher. Danube University, Austria)
• Break
• 11.15 – 11:35 ICT-Go-Girls experience taken to schools. Aheadteacher's view. (Milagros Trigo, K-12 school headteacher, CPI O Cruce, Spain).
 
 
Calquera dúbida ou consulta sobre este evento, escríbanos ao cesga: Cecilia (e-learning@cesga.es)
GOICTGIRLS

Convocatoria Erasmus + Curso 2014/2015

Summary: 

Convocatoria Erasmus + Curso 2014/2015
Gallego
Con data dous de outubro de 2014 o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a nova convocatoria Erasmus + para o curso 2014-2015 na que cabe destacar as seguintes datas.
  • KA1 Mobilidade no Ámbito da Educación e a Formación 4 de marzo de 2015
  • KA2 Asociacións Estratéxicas no Ámbito da Educación, a Formación e Xuventude 30 de abril de 2015
Acceso á convocatoria:
Para a elaboración de proxectos publicouse tamén a guía do Programa actualizada, nestes momentos só en inglés.
 
Acceso á guía:
erasmus+