A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores

O vindeiro mércores, 12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.
Mar, 11/11/2014 - 14:54
encontros

O vindeiro mércores,  12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.

Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

 
CARLOS G. REIGOSA (A Pastoriza, 1948). É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos. Publicou as novelas Oxford, amén (1982); Crime en Compostela (1984, primeiro Premio Xerais de novela); O misterio do barco perdido (1988); A guerra do tabaco (1996); Narcos (Premio Benito Soto, 2001); Intramundi (2002)Pepa A Loba (Xerais 2006); A vida do outro ( Premio Gonzalo Torrente Ballester, 2008); A lei das ánimas (2010) e A vitoria do perdedor ( 2013). Publicou así mesmo algún libros de relatos como As pucharcas da lembranza (1985), Irmán Rei Artur (1986) Os outros disparos de Billy (1991) e Homes de Tras da Corda (2012).  É autor do libro de poemas Kid salvaxe (Xerais 2014)  e dunha importante obra de investigación e ensaio xornalístico que inclúe títulos tan destacados como Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Fuxidos de sona (1989); A agonía do león (1996); Doutor Livingstone, supoño (1998); O regreso dos maquis (2004); Laxeiro por si mesmo (2008) ou A Galicia máxica de García Márquez (2013). De moi recente aparición e a súa novela A vinganza do defunto (2014) na que se presenta un novo caso a resolver polo detective Nivardo Castro e o seu amigo o xornalista Carlos Conde.