Gallego

Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015

Summary: 

Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.
Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamneto das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

Características:

  • Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).

  • Os materiais poderán utilzarse online e offline.

  • Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguemento da rede de formación Permatente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o anexo da convocatoria.

  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

  • Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

Máis información:

Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es

Tl.: 981 546.514/ 981.546.513

EDUCACION DIXITAL

C1302016: III Xornadas de formación e sensibilización sobre a Atención á Diversidade

Summary: 

Na sala Xulio Cuns de Betanzos, os días 9 e 10 de maio.
Gallego

III XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Referencia: C1302016
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  09/05/2014  -  10/05/2014
Data límite de inscrición: 14/04/2014
Lugar: Sala Xulio Cuns (Edificio Liceo). Pza. Hermanos García Naveira. 15300 BETANZOS
Prazas:  170

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 0

Obxectivos

1.Achegar e sensibilizar á comunidade educativa respecto do tema da atención á diversidade

2.Compartir estratexias e boas prácticas educativas no ámbito da atención á diversidade

3.Mellorar o proceso educativo e de aprendizaxe do noso alumnado

Contidos

1.Fundamentos da atención á diversidade.

2.Problemáticas e NEE de atención máis ordinaria na aula.

3.Problemáticas e NEE de atención máis extraordinaria na aula.

4.Asesoramento e apoio ás familias.

5.Modelos educativos e metodoloxías que favorecen a inclusión do alumnado.

Asesor responsable da actividade

Asesor:  NISTAL MARTINO, GERARDO

Enderezo Electrónico:  cfr.coruna.organizacionediversidade@edu.xunta.es

Materiais da actividade

www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=237

III XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A creación literaria e os seus autores

Summary: 

O xoves 24 de abril ás 18:30 no salón de actos da UNED: Manuel Gutiérrez Aragón.
Gallego

Informámosvos que o xoves, día 24 de abril ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Nesta sesión, titulada "Literatura e cine: matrimonio de conveniencia", contará coa presenza do director de cine, guionista e escritor Manuel Gutiérrez Aragón. Conversaremos co autor da súa obra, recorreremos a súa rica experiencia vital e literaria e afondaremos nas motivacións que o levaron a dedicar unha parte importante da súa vida ao cine e a literatura

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

O enlace para seguir a sesión por videoconferencia é o seguinte:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73309&ID_Sala=102461

Encontros con escritores
Encontros con escritores

IV Xornadas de formación dos xefes/as dos departamentos de orientación

Summary: 

Nestas Xornadas do 28 de abril abordaranse aspectos da Teoría das Intelixencias múltiples de H. Gardner, no que se aposta por un modelo de escola intelixente que potencia metodoloxías activas de aprendizaxe.
Gallego

IV XORNADAS DE FORMACIÓN DOS XEFES/AS DOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Referencia: G1302004
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  28/04/2014  -  28/04/2014
Data límite de inscrición: 06/04/2014
Lugar: EGAP. Escola Galega de Administración Pública. Santiago de Compostela
Prazas:  266 . Horas totais: 8 h presenciais

Destinatarios:

511018 - Catedráticos de ensino secundario. Orientación educativa

597039 - Mestres. Orientación

590018 - Profesores de ensino secundario. Orientación educativa

Criterios de selección:

Será criterio preferente exercer a xefatura do departamento de orientación. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos:

1.Afondar na interpretación e unificación de criterios de actuación derivados das funcións xerais establecidas para os departamentos de orientación.

2.Definir accións concretas e estratexias de intervención do departamento de orientación para as funcións encomendadas.

3.Favorecer a actualización, o intercambio de experiencias e a formación de grupos de traballo.

Contidos:

1.As novas normativas

2. A orientación preventiva. Intervención por programas.

3. Novos recursos que favorezan o desenvolvemento das funcións dos departamentos de orientación.

 

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=451

intelixencias múltiples

Publicados os materiais das xornadas EscolaTIC 2014

Summary: 

Xa están á vosa disposición os materiais das Xornadas escolaTIC.
Gallego

Xa están á vosa disposición os materiais das Xornadas EscolaTIC. Tedes acceso a eles na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=452

Neste espazo web atoparedes os seguintes materiais:

  • As presentacións utilizadas polos relatores.
  • Os vídeos das conferencias e experiencias que se desenvolveron na Sala Santiago.
  • Os materiais xerados nos obradoiros.
  • Algunhas conclusións da Sala Aberta.
  • Os códigos QR que se compartiron no EduCall.


Grazas pola espera e agardámosvos en escolaTIC 2015.

Recursos multimedia
Recursos multimedia de EscolaTIC 2014

V Encuentro nacional de APFRATO

Gallego

Os días 6, 7 e 8 de xuño celebrarase o "V ENCUENTRO DE LA ASOCIACIÓN PEDAGÓGICA FRANCESCO TONUCCI"

Está actividade está pensada para todas as persoas, sectores e institucións que están relacionadas coa INFANCIA e co  futuro. Docentes, familias, institucións, organismos oficiais...

Así como para todas aquelas persoas interesadas tanto persoal como profesionalmente na educación e no  traballo compartido á hora de educar.

Máis información na seguinte ligazón: http://apfrato.blogspot.com.es/

 

 

cartel apfrato

Apertura do prazo de inscrición no curso G1302029 “Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa”

Summary: 

Ata o 22 de abril está aberto o prazo de inscrición no curso G1302029 - “Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa”
Gallego

O xoves 24 e venres 25 de abril celebrarase no Centro Demostrador TIC (CDTIC) (Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. Santiago de Compostela) o curso presencial: G1302029 - “Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa”. O curso conta con 35 prazas e requíresen coñecementos básicos en programación (C, C++, Java, PHP, Visual Basic).

Terán prioridade na selección os profesores de ensino secundario: Tecnoloxía, seguidos dos de Informática e os profesores técnicos de formación profesional na rama de “Sistemas e aplicacións informáticas”.

Os obxectivos do curso son:

1.Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch e comprender o seu potencial didáctico.

2.Coñecer metodoloxías e casos de éxitos da ensinanza da programación con Scratch.

3.Desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas educativas e disciplinas.

E os contidos a desenvolver:

1. Por que ensinar a programar a escolares?.

2. Introdución á ferramenta Scratch.

a. Audios e gráficos

b. Bucles e condicións

c. Paralelismo e eventos

d. Operacións matemáticas e lóxicas

e. Sincronización de procesos

f. Variables e listas

3. Conceptos avanzados con Scratch

a. Abstración

b. Clones

c. Integración de video

d. Variables Cloud

4.Estratexias de integración da programación con Scratch na aula .

Ficha do curso en fprofe  (o prazo de inscrición remata o 22 de abril).

Curso: Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch
Curso: Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa

Publicación dos premios ás boas prácticas de innovación educativa 2013

Summary: 

Publícase unha selección dos proxectos premiados referentes á Resolución o 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013.
Gallego

Publícase unha selección dos proxectos premiados referentes á Resolución o 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013.

Pretendemos así dar publicidade a aquelas boas prácticas innovadoras premiadas que se desenvolveron nos centros educativos galegos durante o curso 2012-2013 e que supuxeron unha mellora da calidade do ensino.

  • Modalidade A: Mellora da convivencia nos centros educativos galegos.

1º premio: IES Afonso X O Sabio, Cambre, A Coruña (Un modelo de convivencia)

2º premio: CEIP de Cespón, Boiro, A Coruña (Bos días princesa)

Accésit: CMUS Profesional de Vigo, Pontevedra (Unha proposta de modelo organizativo de Centro no contexto do século XXI)

  • Modalidade B: Atención á diversidade.

1º premio: IES Plurilingüe de Ames, A Coruña (Proxecto Eslabón. Viaxe no tempo. O musical 2011-13)

2º premio: CEIP de Oza dos Ríos, A Coruña (O blog da aula de AL: "Falando enténdese a xente...")

Accésit: IES Luís Seoane, Pontevedra (Con-vivindo con-arte)

  • Modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos.

1º premio: IES Manuel García Barros, A Estrada, Pontevedra (Dives Gallaecia)

2º premio: IES de Sabón, Arteixo, A Coruña (Aplicación dos códigos QR en contornos educativos)

Accésit: CEIP A Rúa, Cangas, Pontevedra (Utilización de Google Sites na metodoloxía de traballo por proxectos)

  • Modalidade D: Desenvolvemento das competencias básicas.

1º premio: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada, Lugo (Aprendizaxe por proxectos no desenvolvemento das CCBB)

2º premio: IES Carlos Casares, Viana do Bolo, Ourense (A adquisición das competencias básicas como unha realidade multidisciplinaria)

Accésit: CEIP Santa María do Valadouro, O Valadouro, Lugo (Competentes coas competencias!)

  • Modalidade E: Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega.

1º premio: IES Félix Muriel, Rianxo, A Coruña (Rianxo fala)

2º premio: IES Perdouro, Burela, Lugo (Modelo Burela)

  • Modalidade F: Mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras.

1º premio: CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Cambre, A Coruña (Uso das TICs nas seccións bilingües)

2º premio: EEI Concepción Crespo Rivas, Pontevedra (I can travel around the World with english)

  • Modalidade G: Iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional.

1º premio: CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, A Coruña (Inclusión do alumnado con deficiencia auditiva. Acústica das aulas e acceso á linguaxe oral)

2º premio: IES Leixa, Ferrol, A Coruña (Proxectos colaboración)

boas practicas

A creación literaria e os seus autores

Summary: 

o xoves, día 27 de marzo ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, ANTÓN CASTRO e XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL.
Gallego

Informámosvos que o xoves, día 27 de marzo ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores" na que participarán como invitados os escritores ANTÓN CASTRO e XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL. Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

Encontros

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc