Spot do Día da Internet Segura 2014 'Xuntos podemos crear unha Internet mellor'
Enviado por portalcafi a Ven, 31/01/2014 - 11:07Summary:
Summary:
Summary:
O seguinte recurso é unha revisa dixital gratuíta online: Deporte, salud y Educación Física. Está en formato Flipboard, polo que se pode consultar dende Tablets e Smartphones pero tamén dende a web. Trata as seguintes temáticas:
Summary:
O vindeiro xoves, día 23 de xaneiro ás 18:15 h. no Salón de Actos da UNED da Coruña, terá lugar unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Ese día contaremos coa presenza de LUISGÉ MARTÍN e JOSÉ OVEJERO para falar sobre "A literatura e o mal". Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.
Summary:
A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega. Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.
Destinatarios:
Competencias e obxectivos:
Obxectivos:
Contidos
Coñecementos previos necesarios:
Temporalización e características:
O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083
Summary:
Summary:
O CERN, xunto coa Fundación Príncipe de Asturias (FPA), desexan promover a importancia da ciencia e a tecnoloxía nas nosas vidas, así como a importancia do esforzo colectivo para acadar obxectivos tan ambiciosos como o descubrimento do bosón de Higgs. Neste senso, o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica de 2013 recoñeceu aos físicos teóricos Peter Higgs e François Englert, que propuxeron a teoría do bosón de Higgs, e aos científicos e enxeñeiros do CERN polo seu descubrimento no LHC, onde hai unha importante participación española.
Por esta razón o CERN e a Fundación Príncipe de Asturias lanzan conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor.
O concurso está dirixido a estudantes de centros educativos españois (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que poden presentar tanto un Debuxo / Foto / Vídeo como un Artigo / Historia / Nova sobre un ou varios dos temas enumerados nas bases do concurso.
Algúns dos temas propostos son: ¿En que mellorou a Ciencia / Tecnoloxía fundamental a túa vida? ¿Que é a Ciencia / Tecnoloxía para ti? ¿Cambiará o bosón de Higgs un día a miña forma de ver as cousas?
A data límite para presentar o traballo é o 31 de xaneiro ás 23:59.
Todos os traballos seleccionados recibirán un agasallo sorpresa pola organización do concurso (50 por modalidade e categoría de idade).Tamén recibirán un agasallo os centros educativos e profesores que estimulen a participación dos seus alumnos/as.
Os 6 gañadores serán invitados a visitar a sede do CERN en Xenebra (Suíza) durante dous días con un programa adaptado a súa idade.
Os gañadores daranse a coñecer o 7 de marzo, e a visita ao CERN farase do 16 ao 17 de abril de 2014.
Máis información:
Web do concurso en CERNL: http://www.cernland.net/concurso/
Summary:
O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) anunciou a convocatoria do primeiro curso masivo aberto en rede (MOOC) organizado polo MECD para docentes de niveis non universitarios, sobre “Contornas Persoais de Aprendizaxe (PLE) para o desenvolvemento profesional docente”, cuxas actividades comezarán o día 13 de xaneiro. A convocatoria deste MOOC é unha proposta piloto que forma parte das liñas de actuación do Proxecto “Novas modalidades de formación” do Marco de Desenvolvemento Profesional Docente.
Ademais de poder experimentar esta nova modalidade de formación, é tamén unha oportunidade para que todos os docentes que libremente desexen participar poidan compartir reflexións e propostas de uso educativo das novas contornas persoais de aprendizaxe, e facilitar a mellora da súa competencia dixital e desenvolvemento profesional como “docentes conectados”, cunha proposta formativa orientada á colaboración en rede, a xestión autónoma da aprendizaxe e a xeración de comunidades educativas.
A convocatoria pódese consultar no novo portal EducaLAB, espazo onde tamén se realiza a inscrición online. Ademais, pódense seguir as últimas noticias sobre o curso en Twitter mediante a etiqueta #eduPLEmooc.
Por outra banda, ofrécese un vídeo que sintetiza as características e obxectivos do curso:
O curso consta de 7 unidades semanais agrupadas en dous módulos:
Módulo I
1. As nosas pegadas dixitais.
2. De docentes conectados a docentes en rede.
3. PLE e xestión da información.
Módulo II
4. Creación dunha comunidade de aprendizaxe.
5. Curación de contidos.
6. Aprendizaxe permanente. Aprendizaxes e pedagoxías emerxentes.
7. Conclusións do proxecto e balance do curso.
Mediante a realización das actividades do curso, as persoas participantes poderán conseguir tres emblemas dixitais: un ao final do primeiro módulo, o segundo ao completar a unidade 6 e un terceiro e último emblema asociado á finalización satisfactoria do plan de actividades do curso, cuxa realización completa estímase que require unha dedicación temporal mínima de 30 horas. No entanto, cada participante poderá dedicar tanto tempo como desexe segundo os seus intereses, ou de acordo coas súas necesidades de aprendizaxe.
Summary:
G1302003_II Xornadas de atención á diversidade
Neste primeiro trimestre do curso vanse celebrar as II Xornadas de atención á diversidade, con estratexias e propostas favorecedoras da inclusión.
Referencia: G1302003
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 300
Horas: 8 horas presenciais.
Destinatarios:
Bacharelato
Educación infantil
Educación primaria
Educación secundaria obrigatoria
Corpos e especialidades
511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres
Criterios de selección:
Os criterios xerais do plan anual do profesorado.
Obxectivos:
Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma.
Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.
Contidos:
A normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión.
Aula virtual >>> http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=421
File:
Summary:
O próximo 12/12/13 remata o prazo para inscribirse nos cursos en rede do plan de formación do profesorado correspondentes ao segundo e terceiro trimestre do presente curso 2013/14 e que se realizarán en PLATEGA.
A inscrición nun curso en rede realízase do mesmo modo que para o resto do cursos do plan de formación, en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Pódese filtrar a busca por “forma de participación / en rede”. Os criterios de admisión serán os que aparezan no plan anual.
Para consultas e inscricións en Fprofe, picar aquí.
Para máis información sobre PLATEGA, picar aquí.