Título node Learning object

Revista "Deporte, salud y Educación Física"
Lun, 27/01/2014 - 11:50
deporte e saude

O seguinte recurso é unha revisa dixital gratuíta online: Deporte, salud y Educación Física. Está en formato Flipboard, polo que se pode consultar dende Tablets e Smartphones pero tamén dende a web. Trata as seguintes temáticas:

  • Educación Física e Deportes. Artigos relacionados con deporte, alimentación para o deporte, hábitos saudables, exercicios, estiramentos, plans de adestramento, e outros beneficios do deporte  para a saúde.
  • As TIC no Deporte e na Educación Física. Presentaranse os últimos Gadgets tecnolóxicos, aplicacións para smartphones e tablets, programas de xestión deportiva e outras ferramentas de apoio e monitorización da nosa actividade física.
  • Educación. Deseño de actividades educativas, usos educativos de aplicacións para tablets e smartphones na aula e outros temas interesantes relacionados co ensino.
  • Saúde. Pequenas suxestións e recomendacións para para mellorar a nosa saúde, beneficios do deporte, como levar unha dieta san, receitas, beneficios dos alimentos e outras recomendacións saudables.