Orientación Educativa

Orientación Educativa

Aberto Prazo para solicitar as Bolsas Xerais do MEFP para estudos universitarios e non universitarios 2022/2023

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (FP, bacharelato e outros) ou universitarios.

Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.

Abierto el plazo de las becas MEC 2021-2022: Cómo enviar la solicitud y  requisitos

 

 

Hai que pedir a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou non saibas con seguridade se vas estudar ou non.

Podes poñer os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.

  • Prazo para a súa solicitude: Desde o 30 de marzo ata o 12 de maio do 2022.

 

PRESENTACIÓN CHARLA BACHARELATO

Aquí tedes a presentación da charla de Orientación Académica e Profesional. Nela atoparedes todas as ligazóns para acceder a información que vos será de utilidade para a TOMA DE DECISIÓNS.

 

 

LIGAZÓNS

CLASES SEN FUME. ACTIVIDADE CREATIVA

CLASES SEN FUME. SLOGANS 2020/2021

Sesión informativa sobre a ABAU 2021

Encontros virtuais nas universidades galegas

Por mor da situación sanitaria,as universidades galegas están levando a cabo distintos encontros virtuais para darse a coñecer e aclarar as dúbidas que poidades ter.

A continuación vos facilitamos os enlaces:

 

Protocolo ABAU 2021 en Galicia

A CIUG ten publicado na súa web o protocolo de actuación na ABAU na convocatoria ordinaria (8,9 e 10 de xuño) e na extraordinaria ( 13,14 e 15 de xullo)

Enlace protocolo

TÉCNICAS DE ESTUDO

PROGRAMA DE CONVIVENCIA: ALUMNADO AXUDANTE

O Programa de Convivencia "Alumnado axudante" consite en favorecer a convivencia e a resolución pacífica dos pequenos conflitos no alumnado dos primeiros cursos de ESO.

 

Receitario de Igualdade

Receitario de Igualdade

Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas. 

Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!

 

 

EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO 

Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21

                                         

Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.

 

                                                                      

                                              

 PROBAS DE ACCESO 2020/21

Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.

PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación

Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.

PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía

As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.

 

              

 

 

Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo. 
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.

Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno

Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.

A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución

 

 

Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

 

 

 

Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020

 

Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.

Moito ánimo e o esforzo será recompensado.

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

 

 

 

 

Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020

No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.

 

 

https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html  

 

Recomendámos que lle votedes un ollo.

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

Ponderacións ABAU 2020-2021

Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.

 

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

Xornadas de Orientación Universitaria Virtual da UDC

A Universidade da Coruña ofrécenos unhas xornadas virtuáis con videoconferencias explicativas sobre as diferentes titulacións que ofrecen. Pode ser moi interesante para o alumnado con dúbidas sobre que estudar ó rematar o bacharelato.

Dende o departamento de orientación animámosvos a navegar no seguinte enlace:

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/

 

 

 

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE

O Departamento de Orientación segue neste tempo  de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos   sobre o voso futuro académico e profesional  é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .

  • INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO

Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com

Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es

  • INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP

Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com

Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.

 

LIGAZÓNS

ABAU 2020

ABAU 2020

 

No documento adxunto podedes atopar toda a información necesaria para a realización da ABAU 2020.

 

CONTACTO PARA CALQUERA DÚBIDA:

IES Politécnico de Vigo: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es

Departamento de Orientación:

María Irma Álvarez Diéguez - orientacion.vigo@gmail.com

Sara Rivera Villanuevasara.rivera@edu.xunta.es

Distribuir contido