Skip to Content

Anuncios

INICIO DO PROGRAMA DE REFORZO (PROA)

COMEZO DO PROGRAMA REFORZA-T (PROA)

Infórmase ás familias do alumnado seleccionado para o Programa REFORZA-T (ao abeiro dos Contratos-programa da Consellería de educación solicitados para o presente curso) de que o Programa comezará o próximo luns día 20 de xaneiro. Este ano haberá dous grupos de alumnado, un de 1º ESO e outro de 2º ESO atendidos por unha profesional docente de Educación Primaria contratada pola Consellería de Educación. O calendario de cada grupo é o seguinte:

GRUPO 1 (1º ESO)
CALENDARIO

MES

LUNS
(16:10-17:50)

MÉRCORES
(16:10-17:50)

Xaneiro20, 2722, 29
Febreiro3, 10, 175, 12, 19
Marzo2, 9, 16, 23, 304, 11, 18, 25
Abril20, 271, 15, 22, 29
Maio11, 18, 256, 13, 20, 27
Xuño1, 83, 10

*   *   *

GRUPO 1 (2º ESO)
CALENDARIO

MES

MARTES
(18:00-19:50)

MÉRCORES
(17:50-19:40)

Xaneiro21, 2822, 29
Febreiro4, 11, 185, 12, 19
Marzo3, 10, 17, 24, 314, 11, 18, 25
Abril14, 21, 281, 15, 22, 29
Maio5, 12, 19, 266, 13, 20, 27
Xuño2, 93, 10

*   *   *

AVISO IMPORTANTE

O alumnado con dereito a transporte tomará os horarios de entrada e saída como referencia.
Calquera modificación no calendario será comunicada ás familias participantes previamente.

 

Convocatoria das Bolsas Junior Year 2018-19

Programas educativos do Concello da Coruña. Bolsas Junior Year

 

Un ano máis, o Concello da Coruña pon en marcha o programa educativo A Coruña no mundo: Junior Year, para cursar 1º de bacharelato nun high School en EE.UU.
Para todas as persoas interesadas, o mércores 28 de novembro haberá una reunión informativa no Centro Cívico Municipal dos Mallos ás 19:00 h. Calquera que o desexe, pode consultar a información sobre o programa clicando no seguinte enlace web

ELECCIÓNS A MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa normativa legal que se enumera no punto 1, este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. A seguinte información resume os distintos aspectos das eleccións ao consello escolar de centro tanto no que atinxe á formación da xunta e das mesas electorais, promulgación de candidaturas, ao calendario das eleccións e, en fin, a todos os aspectos da súa organización.

 1. Referencias legais que afectan ás eleccións de membros do Consello escolar

a. Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021]

b. Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario [DOG do 29/04/1988]

c. Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria [DOG do 9/28/1996]


2. Membros que se renovan no Consello escolar

     De acordo coa normativa indicada, corresponderá nestas eleccións a renovación dos seguintes membros do actual Consello escolar:

a) 4 membros do profesorado
b) 3 membros do alumnado
c) 3 membros das familias
d) 1 membro do persoal de administración e servizos

 

3. Xunta electoral

      Ao efecto de elixir aos membros referidos do Consello escolar, seguindo as directrices ditadas pola normativa legal vixente débese constituír una Xunta electoral encargada de velar polo normal desenvolvemento dos comicios e polo estricto cumprimento da legalidade. Esta Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

a. o director ou directora do centro de ensino, como presidente da mesma
b. 1 profesor elixido por sorteo público
c. 1 pai ou nai elixido/a por sorteo público
d. 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
e. 1 membro do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público

4. Calendario e método para a constitución da Xunta electoral

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

1. farase sorteo público o día 27 de outubro de 2021 no despacho de xefatura de estudos do IES Plurilingüe Elviña ás 11:00 horas

2. no sorteo, aberto a calquera membro da comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña, previa solicitude (en cumprimento da normativa sanitaria non seá posible permitir o acceso dun número amplo de persoas), asistirán: o director e os secretario do instituto (presidente e secretario do proceso), 1 membro do profesorado elixido ao azar, 2 membros do alumnado elixidos ao azar

3. método do sorteo:

a. elixiranse dous representantes por cada membro necesario, o primeiro en calidade de titular e o segundo en calidade de suplente
b. o secretario do centro acudirá coas listaxes de pais/nais, alumnado, PAS e profesorado do centro nas que cada membro da comunidade figurará cun número de referencia
c. na elección procederase pola seguinte orde:

A. elección do membro do alumnado: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

B. elección do membro das familias: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

C. elección do membro do profesorado: extraeranse 2 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a decena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

D. elección do membro do persoal administrativo e de servizos: extraerase 1 bola (con números do 1 ao 7)

    A elección por cada membro realizarase dúas veces, a primeira para escoller ao membro titular da Xunta e a segunda para escoller ao membro suplente de cada posto. Se na elección dun membro da Xunta saíse unha combinación de números sen asignación de persoa (000, por exemplo), repetirase esa elección desde o principio.

5. Calendario estimado (pendente de aprobación pola Xunta electoral no seu acto de constitución):

O 3 de novembro procederase á constitución da Xunta electoral no IES Plurilingüe Elviña. Nese mesmo día, a Xunta acordará o calendario a seguir para os seguintes pasos dos comicios:

a. publicación dos censos electorais provisionais de pais/nais, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos (4 de novembro)
b. prazo de reclamación aos censos (ata o día 11 de novembro, incluído)
c. prazo de presentación de candidaturas (entre o día 4 e o 11 de novembro, incluídos)
d. resolución de reclamacións e elección dos membros das mesas electorais (12 de novembro), que estarán formadas por:

mesa das familias: director do centro + 4 pais/nais escollidos por sorteo público entre os non candidatos
mesa do alumnado: director do centro + 2 alumnos/as escollidos/as por sorteo público entre os non candidatos
mesa do profesorado: director do centro + 2 profesores (maior e menor, vogal e secretario/a respectivamente)
mesa do persoal administrativo e de servizos: director do centro + secretario + 1 PAS (o de maior idade)

e. proclamación das candidaturas presentadas (12 de novembro), establecendo un prazo de reclamacións contra as candidaturas (ata o día 16 de novembro). En caso de reclamacións, a Xunta Electoral resolverá en reunión extraordinaria (16 de novembro).
f. campaña electoral (entre o día 12 e o 22 de novembro)

g. xornada das votacións (24 de novembro)
h. publicación das actas de resultados e envío das actas á Consellería (24 de novembro)


6. Procedementos:

A. para reclamar as listas do censo: presentarase instancia escrita na secretaría do IES Elviña explicando o motivo da reclamación e as correccións solicitadas. A instancia irá dirixida á Presidencia da Xunta electoral para membros do Consello escolar.

Formulario modelo para reclamar as listas do censo: alumnado, profesorado, pais, PAS

B. para presentar candidaturas: presentarase instancia escrita na secretaría do IES Elviña facendo constar os datos persoais completos e a listaxe pola cal se quere presentar. A instancia irá dirixida á Presidencia da Xunta electoral para membros do Consello escolar.

Formulario modelo para presentar candituras: alumnado, profesorado, pais, PAS

C. para as votacións: as votacións realizaranse en furna nun espazo amplo do instituto. No caso dos pais/nais/titores o/a votante deberá acreditarse co DNI. No caso do alumnado, do profesorado e dos PAS, bastará coa súa identificación verbal. As votacións realizaranse preferentemente na mesma data en horario lectivo. No caso do profesorado, aqueles docentes que, por teren labores asignados para o intervalo preciso da votación, poderán depositar o seu voto na furna precintada na hora anterior á votación en presenza do secretario, do director e dun membro do profesorado que actuará coma testemuña.

a. profesorado: en sesión de claustro extraordinario ás 11:50 horas do día 23 de novembro
b. alumnado: por niveis educativos ao longo da mañá (8:30-12:20) do 23 de novembro
c. persoal de administración e servizos: ás 13:30 horas do día 23 de novembro na secretaría do centro
d. familias: entre as 16:30 e as 17:30 horas do 23 de novembro


7. NOTA SOBRE PUBLICACIÓN DE CENSOS

Aínda que nestes casos, a Lei de Protección de Datos establece excepcións á publicación de datos persoais dos participantes nos comicios, en atención á especial sensibilidade destes datos, só estarán dispoñibles para todos os interesados no taboleiro do interior da Secretaría do centro no horario habitual de atención ao público.

RECEPCIÓN DE FAMILIAS COS TITORES

     Un curso máis, dirixímonos ás familias para informar de que o vindeiro martes día 9 de Outubro ás 18:30 horas terá lugar no noso centro a habitual recepción das familias do alumnado cos titores. Nesta reunión o profesorado titor informará das horas de titoría e de numerosas cuestións de interese sobre a organización do centro, características dos grupos e moitos outros asuntos de importancia para o bo desenvolvemento dos estudos ao longo do curso que comeza.

      Nin que dicir ten que a dirección do IES Elviña e todo o seu profesorado consideran de esencial importancia para a educación dos rapaces e rapazas a comunicación fluída coas familias, por iso, é sempre recomendable a asistenza a este acto de posta en común entre titores e pais.

ACTIVIDADES PLURILINGÜES DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS (IES PLURILINGÜE ELVIÑA)

Este luns 1 de Outubro, tal e como se sinalaba na circular de solicitude, comezan as actividades plurilingües no IES Elviña. O horario das actividades será de 16:10 a 17:00. O alumnado realizará actividades de inmersión en lingua inglesa coa auxiliar do centro Janna Karatas e o profesor Francisco Amado Vilariño. O alumnado seleccionado pode consultarse nesta lista (clicar aquí). A non asistencia ou as posibles baixas supliranse co alumnado excluído pola orde que se indica na mesma listaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut