Skip to Content

Anuncios

PREMIOS CONTRA O SEXISMO

PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Logo     A Fundación Mulleres fixo públicos os premios do seu concurso de banda deseñada "Nin racista, nin machista! Mocidade feminista!" e, cal non será a sorpresa, que os tres primeiros premios foron outorgados a dúas rapazas e un rapaz do noso centro. Sorte? Non, sorte non, calidade dos traballos e das ideas gañadoras. Parabéns aos gañadores e aos demais participantes, e moi especialmente, á súa profesora de plástica, a nosa compañeira Ángeles Novás, venturosamente xubilada, que animou a participar ao seu alumnado de debuxo de 3º e 4º de ESO. 

1º Premio    1º premio: Sophia (3º ESO)
   "Un mundo coloroso"
   Afonda Sophia na semellanza entre as persoas e
   as ceras de cores: todos podemos ser diferentes,
   pero as diferencias fan o mundo máis fermoso.
2º Premio

    2º premio: Paula (4º ESO)
   "Máis forte ca xenreira"

    A muller ten que loitar contra os estereotipos
    machistas: as veces a aparente forteza exterior
    agocha moita dor e sufrimento.

3º Premio

   3º premio: Alen (3º ESO)
    "Oruga"
    Hai moita xente empeñada en dicirlle aos demais o
    que teñen que ser: pero cada un de nós sabemos
    o que queremos ser...

RESOLUCIÓN DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA

Dacordo co Artigo 12 da Orde do 12 de marzo de 2013, infórmase de que o número de solicitudes de reserva para centros adscritos chegadas en prazo ao noso centro supera ao número de prazas dispoñibles.

Por esta razón, todos os afectados deberán facer solicitude de admisión no centro do seu interese entre o 1 e o 20 de marzo.

Rematado este prazo, de continuar existindo máis solicitudes que prazas, abrirase un período de 10 días para entregar a documentación xustificativa dos puntos do baremo entre o 23 de marzo e o 3 de abril (ámbolos dous incluídos). A resolución provisional de admitidos e excluídos será publicada con data límite de 25 de abril. A resolución definitiva, despois do período de reclamacións, publicarase con data límite de 15 de maio.

Na Coruña, a 27 de febreiro de 2020

 

Formulario de
solicitude
Documentación
necesaria
Criterios do baremo
e acreditación

SEMANA DA ORIENTACIÓN ACADÉMICA DO IES ELVIÑA

Cartel Semana da OrientaciónRemate de etapa e orientación

     Atendendo á necesidade de informar e orientar coas máximas garantías que sexan posibles ao alumnado que remata ciclo dentro da educación secundaria obrigatoria e post-obrigatoria, o Departamento de Orientación do IES Plurilingüe Elviña, dirixido pola docente Ana Rivera, organizará entre os días 2 e 6 de marzo unha Semana de Orientación Académica e Profesional no IES Plurilingüe Elviña destinada ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

      Durante esa semana, o alumnado destes cursos asistirá a charlas informativas impartidas por representantes de diversas institucións locais, autonómicas e nacionais sobre as saídas académicas e profesionais dos estudos de secundaria.

      Entre as institucións invitadas nesta ocasión haberá representación das universidades galegas, de varias facultades privadas, centros de FP e doutras institucións públicas.

     Ademais, o martes día 3 de marzo a partir das 17:00 horas e ata as 19:00, abrirase a todo o alumnado destes grupos e ás súas familias unha sesión conxunta de mesas abertas na que os representantes de cada institución invitada informarán aos interesados que se acerquen. Todas as persoas que desexen asistir serán benvidas.

     No seguinte enlace poderán consultar o cartaz informativo e os horarios das sesións.

EnseñaTríptico

PARENTALIDADE POSITIVA

CURSO DE PARENTALIDADE POSITIVA NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DE MONELOS

    Ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para un Curso de parentalidade positiva organizado desde o Centro cívico municipal de Monelos. O obradoiro está dirixido a pais, nais, representantes legais, nenos e nenas interersados. Desenvolverase os xoves entre o 6 de febreiro e o 30 de abril e se traballarán estratexias educativas que melloren o clima de convivencia dentro da familia.

     Os interesados deben inscribirse enviando un email cos seus datos (nome, apelidos, teléfono) á dirección ccmonelos@coruna.es

BADALADAS DE FIN DE ANO DESDE O IES ELVIÑA

Festival de fin de trimestre

O día 20 de decembro remataron as aulas do ano 2019. Triste circunstancia que celebramos cun alegre festival, no que cantamos e bailamos, como correspondía coa xornada. O plantel do festival deste ano non desmereceu, de feito, máis de un (e de unha) quedou abraiado coa calidade das voces e das interpretacións musicais. No IES Elviña hai talento á esgalla.

Festival

Felicidades para o ano novo

     E despois do festival, chega o fin de ano! Como non podía ser menos, celebrámolo tomando as uvas noutro programa especial da Elviña Broadcasting Corporation. Que vostedes o desfruten!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut