Skip to Content

Anuncios

Calendario de probas de pendentes de cursos anteriores

CADRO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
PROBA EXTRAORDINARIA DE MAIO

CURSO 2018/19

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES (ESO)

DÍAHORAMATERIACURSOAULA*
LUNS
13 DE MAIO
16:00INGLÉSESOSalón de actos
17:00LINGUA GALEGAESO23
MARTES
14 DE MAIO
17:50LINGUA CASTELÁESO23
XOVES
16 DE MAIO
16:00MÚSICAESO23
17:00XEOGRAFÍA E HªESO23
LUNS
20 DE MAIO
16:00MATEMÁTICASESO23
17:00ED. FÍSICAESO23
MARTES
21 DE MAIO
17:50BIOLOXÍAESO23
XOVES
23 DE MAIO
16:00VAL. ÉTICOS
FRANCÉS/ALEMÁN
TECNOLOXÍA
ESO23
17:00ED. PLÁSTICA
FÍSICA E QUÍMICA
ESO23


*      *      *

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
DE CURSOS ANTERIORES (BACHARELATO)

DÍAHORAMATERIAAULA
MARTES
23 DE ABRIL
17:50

L. CASTELÁ
FÍSICA E QUÍMICA

Aula propia
XOVES
25 DE ABRIL
16:00L. INGLESA
FILOSOFÍA
Aula propia
LUNS
29 DE ABRIL
12:30MATEMÁTICASAula da clase de reforzo

7ª CONVOCATORIA BOLSAS EUROLINGUA

EurolinguaEurolingua Venairlanda convoca bolsas de axuda para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión con todos os gastos incluídos. Trátase dun total de 20 bolsas dirixidas a alumnado de secundaria, bacharelato ou FP. O prazo de solicitude remata o día 17 de abril. Pódese atopar más información nos enlace do Portal educativo da Xunta de Galicia.

BOLSAS DO CONCELLO: IDIOMAS DO MUNDO

Idiomas del mundo

Infórmase de que do 8 ao 29 de marzo ábrese o prazo de inscrición para o Programa do Concello da Coruña Idiomas do Mundo 2019.  

Este programa ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o mes de xullo de 2019 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

O prazo de presentación de solicitudes será do 8 ao 29 de marzo de 2019 ás 14:00h.

Para todos os interesados haberá unha reunión informativaxoves 7 de marzo ás 19:00h no Fórum Metropolitano (Parque Europa).

Toda a información está dispoñible na páxina web do servizo de educación do Concello (enlace)

ACTIVIDADES DO CENTRO CÍVICO DE ELVIÑA

Informamos da interesante oferta de actividades e programas educativos vinculados ao Centro cívico de Elviña:

a. Programa NOCTURNIA: amplísimo abanico de actividades de todo tipo do Programa Nocturnia do Servizo de Educación do Concello da Coruña dirixidos a xóvenes de entre 12 e 30 anos.

Revista nocturnia

b. Programa POTÉNCIATE de apoio educativo para alumnado con dificultades en Ciencias: programa de clases de apoio en contidos de ciencias impartidas por profesionais nos diversos Centros cívicos da cidade. Toda a información na páxina web do Servizo de Educación do Concello.

c. Programa PARENTALIDADE POSITIVA da Concellería de Servizos Sociais: plan de obradoiros destinados a pais, nais e responsables legais con adolescentes ao seu cargo. Información neste cartaz.

TALLER PARA A REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES

CINEOIO Concello da Coruña, en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas, dentro do seu programa de actividades para estudantes de secundaria do presente ano, ofrece un Obradoiro de acercamento práctico ao proceso de realización de curtametraxes. O alumnado interesado en matricularse pode facelo seguindo os pasos da web educativa municipal, onde tamén pode atoparse toda a información precisa sobre o obradoiro. O prazo de matrícula estará aberto do 1 ao 15 de febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut