Skip to Content

Anuncios

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS DE ALUMNADO

Presentación

Portal WEB da Competencia dixital (Consellería de Educación)

Instrucións para a realización da proba (alumnado)

*   *   *

ENLACE COA PROBA

1. Comprobar data e hora do ordenador antes de comezar a proba

2. Introducir datos de entrada:

     USUARIO: DNI/NIE

     CONTRASINAL: comdix4eso

3. Introducir PIN

 

FONDOLIBROS 2024-25

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2023/24)

Normativa legal

Prazos de solicitude e presentación

Documentación necesaria

Listaxes provisionais e definitivas

*     *     *

     Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 7 de maio de 2024 [DOG do 20 de maio]

Volver a inicio


Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 21 de maio e remata o día 21 de xuño, ambos incluídos.

  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes ou traslados con posterioridade ao 31 de marzo.

  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • No centro de ensino onde ten praza asignada. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
  • No centro no que se atopa matriculado se está pendente de recibir praza de admisión noutro centro. Alumnado que solicitou praza noutros centros e está pendente de que lle asignen praza en escolarización subsidiaria. Unha vez se lle asigne praza, o novo centro solicitará o traspaso do Fondolibros presentado en prazo.
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Volver a inicio


Documentación

  • Formularios do Anexo I e Anexo II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 11 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodio do/a menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º Certificado ou volante de convivencia / 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión da medida.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Volver a inicio

Listaxes do Fondolibros

Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de ** xullo. Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións ou reclamacións contra as listaxes provisionais.

 

Listaxes definitivas. Publicaranse o ** de xullo.


INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES:
De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro. 

Volver a inicio

adorno

DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE

Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar no curso 2023-24 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 21 de xuño. A non devolución de TODOS OS LIBROS PRESTADOS implicará a perda automática do dereito ao fondo.

Volver a inicio

 

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

ACTO DE GRADUACIÓN
2º curso de Bacharelato
2022-2024

No auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña

Orla 22-24

BOLSAS MEC PARA ALUMNADO NEAE (2024-2025)

CONVOCATORIA DE BOLSAS NEAE
(Curso 24-25)

Becas


     Xa está publicada a convocatoria anual para a solicitude de bolsas para alumnado con necesidades especiais de apoio educativo (NEAE). O prazo para a solicitude ábrese desde o día 30 de abril de 2024 e remata do 13 de setembro.
     A solicitude realízase únicamente on line a través do servizo electrónico do Ministerio de educación. Os solicitantes deberán imprimir o documento pdf da solicitude e presentalo na secretaría do seu centro de estudos para a súa comunicación aos servizos de orientación e inspección correspondentes. Poden atopar toda a información necesaria da convocatoria no Portal de bolsas do ministerio e na páxina de información da sede electrónica do mesmo portal.

 

 

PROBAS DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES (ESO)

PROBAS DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES COMUNICADAS Á DIRECCIÓN

    Os seguintes departamentos didácticos comunicaron á dirección do centro que, segundo as súas programacións, teñen previstas probas de recuperación para alumnado pendente de cursos anteriores nas datas indicadas neste cadro.

MATERIADATA DA RECUPERACIÓN PREVISTA
BIOLOXÍALuns, 06/05/2024 ás 16:30 horas
FeQ
Xoves, 09/05/2024 ás 16:30 horas
INGLÉSLuns, 13/05/2024 ás 16:30 horas
ED. FÍSICALuns, 27/05/2024 ás 16:30 horas
L. GALEGA
Luns, 27/05/2024 ás 18:00 horas

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut