Skip to Content

Anuncios

CURSO 24-25. INICIO DE CURSO (1)

CURSO 2024-25

Comezo das clases no IES Plurilingüe Elviña

     Como xa saberán, o inicio do curso, dacordo co calendario escolar oficial (Orde do 12 de abril de 2024), será o vindeiro mércores 11 de setembro. Ese día haberá clase normal con entrada ás 08:40 e saída ás 14:10.

   Ata o día 10 de setembro iremos publicando nesta páxina web as informacións precisas para a organización do primeiro día de clase: paradas do transporte, horario e liñas dos autobuses, información sobre aulas e grupos, organización da entrada e da saída do alumnado, etc.

      Todas estas informacións serán comunicadas unicamente a través desta páxina e a través das comunicacións que o centro envíe por medio do servizo Abalar, segundo vaian definíndose e confirmándose. 

    Pregamos estean atentos ás publicacións se desexan estar informados.

Moitas grazas e feliz curso 2024-25!

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2024-25

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 26 de xullo publicáronse as listaxes de asignacións definitivas do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-25. As listaxes poderán ser consultadas na aplicación de Fondolibros se os solicitantes dispoñen de certificación dixital ou chave 365. As listaxes poderán ser consultadas tamén no taboleiro da secretaría do IES Elviña a partir do día 29 en horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas).

Vales de material

    Os vales de material poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 1 de setembro.

 

 

AVISO: PECHE DA SECRETARÍA

AVISO

A secretaría do IES Elviña estará pechada o venres día 26 de xullo e o mércores día 31.

Asimesmo, o mes de agosto a secretaría estará pechada por vacacións de todo o persoal administrativo.

As solicitudes de certificacións poderán facerse todo o mes a través da sección de CERTIFICACIÓNS desta mesma páxina. As solicitudes realizadas en agosto serán atendidas a partir do 1 de setembro.

Lembren que as certificacións de matrícula do alumnado poden descargalas directamente a través da aplicación ABALAR.

ADMISION FP BÁSICA 2024-2025

PUBLICADO O PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN FPB PARA O CURSO 2024-2025

    Como cada ano, iníciase a fin de curso o proceso de admisión en ciclos de FP Básica. O procedemento, para o alumnado en cursos de ESO, terá dúas modalidades:

MODALIDADE A. A proposta do propio centro de ensino. O alumnado matriculado en 2º ESO que teña 15 anos (ou os cumpla en 2024) deberá ser proposto polo centro. As familias terán que dar o seu consentimento para a proposta final antes de presentar a solicitude de admisión en secretaría.

MODALIDADE B. A proposta do/a propio/a alumno/a. O alumnado matriculado en 3º ou 4º ESO que teña cumpridos 16 anos (ou os cumpra dentro do ano 2023), poderá facer a solicitude na secretaría por conta propia dentro do período oficial de admisión, do 24 de xuño ao 4 de xullo.

PRAZOS DO PROCEDEMENTO

Prazos FPB 24-25        (Fonte: instrucións)

 

Documentación necesaria para presentar a solicitude:

Copia do DNI/NIE
Anexo I. Formulario de solicitude asinado polo/a alumno/a e polos proxenitores/titores legais
Anexo II. Consello orientador do centro de ensino (se recibe cos boletíns de cualificacións)
Anexo III. Consentimento das familias [só alumnado de 2º ESO a proposta do centro]
Anexo IV. Comunicación de incorporación á FPB
[só alumnado de 2º ESO a proposta do centro]

DATAS DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2024-25

DATAS DE MATRICULACIÓN
(CURSO 2024-2025)

Debido ao elevado número de alumnos que haberá no centro o vindeiro curso, co fin de facilitar a xestión do procedemento de matrícula, habilitaranse na secretaría do centro días de matriculación específicos para cada nivel. Son os que se reflicten neste cadro.

DATASNIVEL
26, 27 e 28 de xuño1º ESO
1, 2 e 3 de xullo2º ESO e 1º BACHARELATO
4 e 5 de xullo3º e 4º ESO e 2º BACHARELATO
8 de xulloTODOS OS NIVEIS

 

CARPETIÑAS DE MATRÍCULA

ALUMNADO QUE XA PERTENCE AO CENTRO:

Alumnado de 1º, 2º, 3º ESO. A documentación de matrícula será entregada ao alumnado xunto cos boletíns de cualificacións finais (26 de xuño).

Alumnado de 4º ESO que NON PROMOCIONA. Recibirá a documentación de matrícula xunto cos boletíns de cualificacións finais (26 de xuño).

Alumnado de 4º ESO que PROMOCIONA. Se quere continuar estudos en 1º BACH. recollerá a carpetiña na secretaría a partir do día 26 de xuño.

Alumnado de BACHARELATO. Poderá recoller a carpetiña de matrícula para 1º ou 2º BACH. na secretaría a partir do día 26 de xuño.

 

ALUMNADO QUE SE MATRICULA NO CENTRO POR PRIMEIRA VEZ:

O alumnado novo de 1º ESO poderá recoller a carpetiña de matrícula na secretaría do centro a partir do día 21 de xuño.

O alumnado novo dos demais niveis poderá recoller a carpetiña de matrícula en secretaría desde o día 27 de xuño.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut