Skip to Content

Filosofía

Charla: Pracer e sexualidade

Un curso máis, e gracias ao consello das anteriores xeracións, a psicóloga e sexóloga Noa Tilve, de Quérote+, charlou co alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH) o día 29 de outubro de 2019, sobre aspectos da sexualidade que van máis aló do meramente anatómico, do ámbito da protección fronte ás ETS ou dos embarazos non desexados.

Pracer re sexualidade

 A charla foi moi interesante porque abordou aspectos sobre os que os adolescentes o xoves non “saben” ou non “teñen” con que falar dun xeito franco, empático e sen vergoña. Ante todo falouse de respecto, de tolerancia, de autocoñecemento, e de comunicación.

Quérote + e Noa Tilve aceptaron inmediatamente a petición do alumnado.

Dado o alto grao de satisfacción que ten esta charla, dende o Departamento de Filosofía pensamos que o próximo curso imos ter que repetir a petición.

Conferencia de Marcelino Agís

Conferencia de Marcelino Agís

Feminismo pacifista: Exposición 100 anos WILFP. Encontro con Carmen Durán

Dende a semana pasada temos no vestíbulo do centro a exposición "100 anos WILFP", unha mostra de 40 paneis que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizou en todo o mundo nos seus 100 anos de historia. WILFP é unha ONG internacional con seccións nacionais en todos os continentes. Carmen Durán, unha das fundadoras da sección española de WILFP, veu ter un encontro co noso alumnado, para contarlles como mulleres de todo o mundo que participan en movementos pola paz, están cambiando de distintas formas as nosas sociedades. É un feito de experiencia que a probabilidade de que un acordo de paz sexa duradeiro, aumentan se participan nel as mulleres. Vamos, que a paz é cousa de mulleres...

Feminismo pacifista

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Charla de Marcelino Agís (Decano de Filosofía). A filosofía moderna como nunca cha contaron

Din que a Filosofía é un saber de minorías, pero o caso é que o pensamento é o que nos iguala e nos fai auténticamente humanos (e tamén auténticamente libres). Esta convicción que compartimos con Marcelino Agís é o que animou ao actual Decano de Filosofía a escribir unha Historia da Filosofía peculiar, contada doutro xeito, "como nunca cha contaron", e a nós a convidalo para que nos axude a achegarlle ao noso alumnado o legado, nesta ocasión, dos filósofos da modernidade. Porque queremos que a Filosofia sexa un saber de maiorías e reivindicamos o dereito á Filosofía.

Marcelino Agís

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

 

Falando con Zósimo López Pena sobre "Publicidade e motivacións".

O pasado 26 de marzo, na aula de Filosofía contamos cun profesor convidado, Zósimo López Pena, da Universidad Internacional de la Rioja. O profesor López Pena participou nunha sesión interactiva co alumnado sobre o tema "Publicidade e motivacións", para reforzar o traballado na aula, ao destacar a influencia que a linguaxe publicitaria exerce sobre as nosas condutas e expectativas.

Previr o narcisismo

XOAN A. SOLER

 

JOEL GÓMEZ 
SANTIAGO / LA VOZ 13/03/2019 08:44 H

 Buscar información para resolver dúbidas ao ser pai levaron a Julio Rodríguez, biólogo e psicólogo, especialista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago  IDIS) a escribir o seu primeiro libro, Previr o  narcisismo. Educa ao teu fillo para ser feliz, non para ser o mellor. Presentouno o ano pasado. Agora acaba de publicar o que di a ciencia sobre educación e crianza, tamén resultado daquel traballo. Onte falou no Xelmírez II desta faceta. O instituto programara unha intervención de 50 minutos, pero mantivo case dúas horas de diálogo co seu alumnado e docentes. 

Inauguración da exposición "Santiago 1936"

A inauguración da mostra “Santiago 1936” foi un evento de grande interese. O alumnado presente (2BACH e 2ESO) puido escoitar palabras que iluminaron as fotos, as portadas dos periódicos, os carteis anunciadores ou reivindicativos que están no vestíbulo do instituto.

No vestíbulo, entre os paneis da mostra escoitaron moitas palabras. As palabras, sempre as palabras. As palabras que teñen que estar por riba do asubío das balas, por riba do ruído das patadas e puñadas, por riba do ruído da terra caendo sobre as fosas dos corpos das persoas asasinadas.

Dende o grupo HISTAGRA quíxose construír un novo relato do sucedido en Santiago despois  do golpe de Estado de 1936, nese momento no que se empezou a deixar atrás unha República democrática para ir cara unha Ditadura pasando por unha Guerra Civil.

"Boa vida, boa morte".

Charla de Rafael Martínez Castro sobre o dereito a unha morte digna.

Dirixida a alumnado de Valores éticos 3º y 4º. Filosofía 4º. Psicoloxía 2º Bach

A casualidade quixo que fora o 5 de febreiro o día no que Ramón Sampedro - o primeiro cidadán español en solicitar a eutanasia- tería cumplido, contra a súa vontade, 76 anos. Sampedro- quen inspirou o filme de Alejandro Amenábar "Mar adentro"- solicitou unha e outra vez ante os tribunais a asistencia necesaria para unha morte digna. Denegáronllo sempre alegando o dereito á vida, a unha vida que el considerou que perdera aos 25 anos despois dun accidente na praia das Furnas que o deixou tetrapléxico.

Charla de Coordinación Autonómica de Transplantes

Geny, Lola e Marta

O alumnado de 2bach tivo unha charla, o martes 29 de xaneiro de 2019, organizada pola Coordinación Autonómica de Transplantes. Marta Álvarez Vázquez, enfermeira especializada nesa área explicoulle ao alumnado toda parte "técnica" que rodea aos transplantes, ámbito no que España é referencia mundial.

Tamén adentrouse nos aspectos sociais, culturais e psicolóxicos que rodean a este acto que non é só un acto médico, senón un acto de xenerosidade e soliedariedade.

Lola e Geny, dúas mulleres que tiveron que recibir un transplante relataron como foi que chegaron a necesitar un órgano novo, como foi a recuperación da intervención e como é o seu día a día hoxe.

VI Olimpiada Filosófica de Galicia

 

Parabéns para o alumnado de 3º e 4º da ESO e dos dous cursos do Bacharelato que ven de participar, o pasado 18 de xaneiro, na VI Olimpiada Filosófica de Galicia.  A fotografía foi tomada  despois de realizar a proba presencial das modalidades de disertación e dilema sobre o tema da presente edición: "Realidade e apariencia no mundo actual". Voltaremos o 14 de marzo para asistir á defensa dos traballos finalistas. A bo seguro que as nosas alumnas e alumnos non han ser únicamente expectadores. Orgullosas de todos eles por ter descuberto no exercicio libre do pensamento crítico, máis alá da obriga escolar, un atractivo desafío. Ademáis pasámolo ben.

Visita ao CIMUS do alumnado de Bioloxía e Psicoloxía de 2BACH

O xoves 17 de xaneiro o alumnado de Bioloxía e Psicoloxía tivo a inmensa sorte de facer unha visita guiada a tres laboratorios do CIMUS: ao do grupo de investigación Innopharma (dirixido por Ángel Carracedo e Mabel Loza), da man do Dr. Daniel Torrecilla, ao do grupo de investigación Genomics and Bioinformatics (dirixido por Ángel Carracedo, e no apartado de investigación en Psicoloxía por Montse Prieto), da man da graduada en Psicoloxía e doutoranda María Tubío, e ao do grupo de investigación Molecular Metabolism (dirixido por Rubén Nogueiras) da man do licenciado en Bioloxía e doctorando Marcos Fernández (que cursou estudos no Xelmírez II, todo un orgullo para nós) e a Dra. Cintia Folgueira.

Charla para o alumnado de Psicoloxía: "Nuevas opciones de tratamiento para pacientes con dolor crónico"

 

18 de decembro de 2018. Biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II.

 

A psicóloga e doutoranda Noelia Samartín explicou ao alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH), con moita claridade, en que consiste a fibromialxia, como esta provoca unha dor crónica (ademais doutras consecuencias que inflúen negativamente no benestar físico e psíquico das persoas afectadas ela), en que consiste a investigación que está a levar a cabo baixo a supervisión da profesora Maite Carrillo (xefa do equipo de investigación que tamén estivo presente na charla facendo achegas na rolda de preguntas e diálogo) e en como podería afectar eito á vida de moitas persoas.

Inversa Teatro: "Sofía e as postsocráticas" 4ESO (Valores Éticos - Filosofía) / 2BACH (H. Filosofía - Psicoloxía)

O alumnado quedou moi satisfeito coa representación teatral que Inversa Teatro levou a cabo no "Salón Teatro" (Santiago de Compostela) o 13 de decembro de 2018. En xeral sentiuse polos temas tratados e pola forma en que foron tratados.

O diálogo que mantiveron as actrices despois da representación foi moi valorado polas alumnas e os alumnos, xa que con el puideron despexar moitas dúbidas e achegarse máis á concepción da obra (tanto dende o punto de vista da súa orixe, como da escritura do texto, como da súa relación coa actualidade ou das súas conexións con diferentes correntes filosóficas).

Queremos agradecer especialmente ás actrices o diálogo tan cercano e coidadoso que mantivo co alumnado ao terminar a representación. Moitas gracias por todo, pola representación e polo diálogo!

Modificación calendario de probas para o alumnado con materias pendentes.

 Trala recente incorporación de unha alumna coa materiaValoresÉticosde1ºcurso deESO pendente e dun alumnos coa materia Valores Éticos de 2ºcurso deESO pendente,

o Departamento de Filosofía, en reunión celebrada o día 10 de decembro de 2018 acorda:

Modificar a data da Primeira proba parcial prevista para o 18 de decembro e convocar ao alumnado coas materias pendentes para o día 22 de xaneiro de 2019, ás 18:10

 ALUMNADO COAS MATERIA VALORES ÉTICOS DE 1º E 2º ESO PENDENTES

Primeira proba parcial: 22 de xaneiro de 2019, ás 18:10

DATAS DE EXAMES. ALUMNOS PENDENTES

 

Despois da reunión celebrada co alumnado que ten pendente a materia Valores Éticos de 1º curso de ESO, estabécense as seguintes datas para as probas:

Primeira proba parcial: 18 de decembro ás 16:20

Contidos:

Distribuir contido


by Dr. Radut