Skip to Content

Filosofía

Viaxe a Altamira, Atapuerca e o val do Arlanza - Febreiro de 2015

VIAXE A ALTAMIRA E ATAPUERCA

XOVES 19 DE FEBREIRO - DOMINGO 22 DE FEBREIRO DE 2015

FILOSOFÍA E HISTORIA

 

XOVES 19 DE FEBREIRO: ¡ALTAMIRA!

•Saída de Santiago de Compostela (na dársena de autobuses do instituto) ás 6 de mañá

Charla de David Chao: arte e luz

O martes 24 de marzo de 2015 tivemos a sorte de disfrutar dunha excelente conferencia do profesor de Historia da Arte (Facultade de Xeografía e Historia - USC) sobre a luz e a arte, dentro do ciclo de conferencias e obradoiros que organizou o Arcebispo Xelmírez II co gallo do ano da luz.

A conferencia foi áxil, didáctica, entretida, chea de beleza.

Aquí vos deixamos o enlace á Galería Multimedia, onde poderedes atopar fotos e videos.

Conferencia: As aportacións da investigación farmacolóxica á nosa sociedade

O martes 17 de marzo de 2015 tivemos o enorme pracer de ter a María Isabel Loza, catedrática de Farmacoloxía e directora de Biofarma (USC) impartindo unha conferencia, ó alumnado de 2BACH, sobre a farmacoloxía en xeral e sobre as aportacións que hai no campo no que ela traballa, á sociedade.

A conferencia foi moi, moi interesante. A Sra. Loza foi amena e cercana a todas as persoas alí presentes. Non se pode pedir máis. Como dixo Marcos (ver máis abaixo) "é como ter a Messi xogando no Trazo".

Queremos agradecerlle dende aquí a súa aportación, altruista e desinteresada, ó ensanchamento de horizontes do noso alumnado.

Participación na Xornada de células nai, USC

O venres día 13 de marzo de 2015, 50 alumnas e alumnos do noso centro, participaron nunhas xornadas informativas sobre células nai.

A actividade foi organizada, na USC, polo Grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson, pertencente o Departamento de CC Morfolóxicas.

A saída didáctica lle foi proposta ó alumando por o Departamento de Bioloxía e o Departamento de Filosofía.

Despois das áxiles e instructivas charlas que  se lle impartiron ó alumnado, do contacto con grupos de investigación doutras universidades, do xogo de rol e do  - fermoso - documental que poideron ver, pensamos que aprenderon moito e dun xeito moi ameno. Polo tanto: obxectivos cumpridos.

Obradoiro "O meu corpo, os meus dereitos" de Amnistía Internacional - 4 ESO

O luns 9 de marzo, Noelia volveu visitarnos ó centro. Desta vez impartiu un interesante obradoiro ó alumnado de 4ESO, dentro da campaña de Amnistía Internacional titulada "O meu corpo, os meus dereitos".

Aquí vos deixamos un enlace para que saibades algo máis da campaña.

AMNISTÍA INTERNACIONAL - CAMPAÑA STOP TORTURA - OBRADOIRO 4ESO

Hoxe, 11 de decembro de 2014, volvemos a desfrutar dun Obradoiro de Amnistía Internacional sobre a temática da violación do dereito humano a non ser torturada/o, pero esta vez para o alumnado de 4ESO.  

 

Noelia (a dinamizadora do obradoiro de 2ESO)  quedou tan leda onte coa nosa "chavalada" que quixo "aínda máis" e achegouse hoxe tamén, fóra de programa, para compartir con Amara (alumna de Xornalismo da USC) a experiencia co alumnado que xa a piques de rematar a Ensinaza Secundaria Obrigatoria.

 

Según nos dixeron uns "paxariños" tanto Noelia, como Amara, como o alumnado quedaron ben contentas e contentos con como transcurriu o obradoiro.

 

Noraboa Noelia e Amara e MOITAS GRACIAS.

 

Se queredes ver algunhas imaxes do que hoxe estiveron a facer clicade aquí.

AMNISTÍA INTERNACIONAL - CAMPAÑA STOP TORTURA - OBRADOIRO 2ESO

O día 10 de decembro de 2014 a sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional tivo a ben colaborar co noso centro para impartir un obradoiro ó alumnado de 2ESO sobre a necesidade de erradicar a violación dun dereito humano fundamental: o de non ser torturada ou torturado.

CHARLA DA OFICINA DE COORDINACIÓN DE TRANSPLANTES (OCT)

O mércores 3 de decembro de 2014 tivemos o pracer de ter a dúas excelentes - Marta, que é a coordinadora da Oficina, e Lola que é unha persoa que recibiu un transplante -  conferenciantes para explicarlle ó noso alumnado de 2 BACH e da materia de Antropoloxía de 1 BACH todo o referente a doazón de órganos. O certo é que charla foi magnífica. Tanto é así que o alumnado non parou de preguntar e preguntar.

Na galería de imaxes temos testimonio gráfico do evento.

Moitas, moitas gracias Marta e Lola. Dende aquí o recoñecemento de toda a comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez II pola vosa dedicación e entusiasmo.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA FILOSOFÍA

 

O Día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves do mes de novembro. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa conmemoración no ano 2005. O seu obxectivo é destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara ao xóvenes, e incidir no seu interese na medida en que “estimula o pensamento crítico e independente e é quen de traballar para un mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

INFORMACIÓN SOBRE COMO SE VAI A IMPARTIR A MATERIA DE ANTROPOLOXÍA (OPTATIVA DE 1BACH)

A previsión de como se vai a impartir esta materia no próximo curso 2014-2015 está pendente da adxudicación de carga horaria ó Departamento de Filosofía no mes de setembro, pero todo fai pensar as profesoras que compoñen dito Departamento que a materia vai axustarse ó modelo presentado no arquivo que tendes adxuntado, seguendo as liñas didácticas dos cursos indicados 2011-2012 e 2012-2013.

 

Un saúdo. María del Carmen Rey Sobral. Xefa do Departamento de Filosofía.

PROPOSTAS PARA UNHA ECONOMÍA SOSTIBLE ECOLÓXICA E SOCIALMENTE. CONFERENCIA A CARGO DO PROFESOR DA FACULTADE DE FILOSOFÍA DA USC

ALUMNADO 2ª Bacharalato (Historia da Filosofía)

 

OBXECTIVOS HISTORIA DA FILOSOFÍA

 

OB02: Recoñecer as cuestións que ocuparon permanentemente a filosofía ao longo da súa historia e relacionalas con temas traballados en filosofía e cidadanía, utilizando con propiedade os conceptos adquiridos.

OB08: Debater temas de actualidade en relación cos contidos da materia, fundamentando racionalmente a propia postura, recoñecendo as achegas doutras persoas e illando os prexuízos infundados.

OB09: Valorar o coñecemento do pasado como unha achega continua de elementos que contribúen á comprensión do presente e á planificación do porvir.

ENTREVISTA CON JESÚS SANTAMARINA, DIRECTOR DO PROXECTO MARGAL-ULLA

A Unión Europea prorroga o proxecto

Margal-Ulla, para salvar a dúas especies

fluviais ameazadas a nivel global

O proxecto  galego, desenvolvido dentro do marco

Life da Unión Europea pretende crear as condicións

necesarias para a recuperación das poboacións de

VISITA Á FUNDACIÓN PÚBLICA DE MEDICIÑA XENÓMICA ALUMNADO DE ANTROPOLOXÏA- 1º BACH

 O Doctor Ángel Carracedo está a dirixir un importante estudio para identificar os factores xenéticos causantes do Autismo. O equipo encargado de redactar a sección de Ciención e Tecnoloxía para El País de los estudiantes, do que seu fillo forma parte, está especialmente interesado nesta noticia. Solicitamos unha entrevista co Doctor Carracedo que accedeu amablemente a recibirnos no Hospital, no Departamento de Medicina Xenómica. Ademáis de realizar a entrevista, os alumnos tiveron a oportunidade de ver como se fai un diagnóstico.

Esta é a entrevista realizada polos alumnos Manuel Caamaño Souto (1ºC), Sergio Regueiro Viqueira (1º A) e  Francisco Suárez Facorro (1ºC).

 

“O autismo pode ter unha orixe

Visita didáctica ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Alumnado: Antropoloxía e Filosofía e Cidadanía 1º Bach

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro foi inaugurado pola  no ano 2011 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como un espazo que permita á vez a conservación, investigación e difusión dos petroglifos de Galicia.

A visita ao parque inclúe a visita a tres espazos diferentes:

Visita do alumnado de Antropoloxía á exposición "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido" na Cidade da Cultura de Galicia

 A Fundación Cisneros recopilou, durante máis de 30 anos, máis obxectos etnográficos  (mostras da artesanía, e os utensilios da vida diaria) das12 etnias da ribeira do río Orinoco: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Hoti, Wakuenai (Curripaco), Baniwa (Baniva), Baré, Puinave, Warekena e Tsase (Piapoco). Máis tarde s umáronse as coleccións do etnógrafo Edgardo González Niño e de Walter Coppens.

Distribuir contido


by Dr. Radut