Skip to Content

Filosofía

Visita a Unistem 2017

O alumnado de Psicoloxía, xunto co de Bioloxía de 2 BACH, asitiu as xornadas de Unistem 2017 organizadas na Facultade de Medicina da USC. Aprenderon moito sobre células nai, aínda que quedaron con algo de mágoa por ter que volver para o centro antes de que rematara o programa de actividades (cousas do transporte ...).

Se é posible, voltaremos!

Gracias a Jannette Rodríguez e Juan Parga por acordarse sempre de nós e invitarnos persoalmente!

Té con Kant

O 6 de  marzo de 2017, 30 das nosas alumnas e alumnos (o que nos permitiu o aforo) asistiron a representación de "Té con Kant" no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. A obra non só foi moi esclarecedora dende o punto de vista filosófica, senón moi, moi divertida.

Se nos invitan, queren repetir!

Alejandro Villamor Iglesias: A construción da identidade sexual na adolescencia: o modelo da pornografía

Alejandro Villamor Iglesias, Graduado en Filosofía pola USC e alumno do Máster de Profesorado de Educación Secundaria (et alt) pola USC, en prácticas no noso centro, impartiu unha conferencia moi interesante ao alumnado da materia de Psicoloxía sobre os problemas, derivados do visionado da pornografía existente na rede, no que se refire a construción da identidade sexual.

O alumnado seguiu con moito interese as reflexiones do ponente. 

Moitas gracias pola túa colaboración Alejandro!

Xosé Luís Barreiro Rivas: Filosofía das cousas humanas

O profesor de Ciencias Políticas e da Administración da USC, impartiulles unha interesante conferencia ao alumnado de 4ESO sobre a relación entre cidadanía e política a partires da concepción central de política de Aristóteles. Tratou temas de actualidade e cercanos. A conferencia foi o 18 de abril de 2017.

Moitas gracias por sacar tempo da súa apretada axenda e achegarse ata o noso centro!

Manuela Lema Bouzas: unha viaxe pola neuroloxía

A primeira neuróloga galega, Manuela Lema Bouzas, que exerceu con CHUS (actualmente está xubilada), fixo un percorrido moi interesante sobre a historia da neuroloxía para o alumnado da materia de Psicoloxía o día 27 de marzo de 2017.

Gracias Manuela por darnos toda a túa sabedoría e simpatía!

IV Olimpíada Filosófica de Galicia

En febreiro de 2017 alumnado de noso centro achegouse ata a Facultade de Filosofía para participar na Olimpíada Filosófica de Galicia. Foi unha experiencia moi interesante e divertida! Penso, logo estorbo!

Conferencia de Ángel Carracedo: Estudo Farmacoxenético sobre tratamentos con persoas con TDAH

O xoves 15 de marzo de 2017 Ángel María Carracedo Álvarez, director do Instituto de Medicina Legal da USC e do Grupo de Medicina Xenómica, achegouse ata o noso centro para impartir unha conferencia sobre o novo pulo que lle deu a esta investigación. A sala de usos múltiples estaba a rebosar, aínda que el viña para falar co alumnado de Psicoloxía! Xa non cabía ningúen máis!

Moitas gracias Ángel pola túa cercanía e xenerosidade.

 

Olimpiada de Filosofía de Galicia

A nosa alumna de 4º ESO B,  Leila Fernandez Castro , é finalista en Disertación Moral.

O próximo venres, día 17, defende a súa tese.

Parabéns, Leila!

 

Visita ao CIMUS - Alumnado da materia Psicoloxía de 2º de Bacharelato - 1/2/2017

O mércores 1 de febreiro de 2017 o alumnado da materia de Psicoloxía (optativa de 2º de Bacharelato) realizou unha visita guiada ás instalacións do CIMUS en Santiago de Compostela.

Ruth González organizou ata o mínimo detalle todo e, ademais, guiounos polas instalacións comúns do centro. Jannette Rodríguez e Juan Parga ensináronlles os laboratorios onde traballa o grupo de investigación sobre a enfermidade de Párkinson. Amparo Pérez fixo que comprenderan a importancia da investigación básica na elaboración de fármacos mostrándolles as instalacións do grupo Innopharma.

Conferencia: "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia"

O luns 19 de decembro de 2016 o alumnado da materia de Filosofía de 4ESO e da materia de Psicoloxía de 2BACH tivo a sorte de escoitar a Sandra Golpe Ferreiro, doctoranda en Psicoloxía,  impartir unha conferencia sobre o "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia". Sorte pola calidade da conferenciante, sorte pola súa cercanía, sorte polo tema tratado que entra de cheo na súa cotidianeidade ó ser algo que ou pode afectarlles a si mesmos ou a algún igual ... Moita sorte ten o noso alumnado con esta xente tan xenerosa.

Os 100 minutos que gardamos para a charla souberon a pouco; tanto é así que a Sandra non lle deu tempo a comentar as preguntas que o alumnado lle tiña enviado.

Gracias Sandra. Xa te volveremos a chamar!

As achegas da investigación en nanotecnoloxía farmacéutica á nosa sociedade

O 18 de febreiro o noso alumnado tivo a enorme sorte de poder escoitar a María José Alonso, profesora da USC e investigadora do CIMUS. A profesora Alonso charlou co alumnado sobre a importancia da investigación en xeral e sobre os avances da nanotecnoloxía no ámbito farmacéutico. Por se esto non fose suficiente, tamén contamos coa colaboración do noso ex-alumno Marcos Fernández Fondevila, quen dende os seus primeiros pasos como investigador na área de endocrinoloxía no CIMUS, lles explicou como se aplica o método científico ó quefacer diario dunha investigación nun laboratorio.

 Achegamos aquí o díptico que lle proporcionamos ó alumnado con información sobre María José Alonso.

Participación do Departamento de Filosofía na grabación dun vídeo de apoio ás persoas refuxiadas

A sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional, que sempre, sempre, conta con nós, invitounos a intervir nun proxecto consistente nun vídeo de apoio ás persoas que vense obrigadas a fuxir dos seus fogares, das súas paisaxes, das súas rúas, dous seus olores, das súas comidas, das súas vidas. 

Pedimos colaboración a outros departamentos e obtivémola. Pedimos colaboración ó alumnado e obtivémola.

Tivemos que facer dous vídeos, saíron "máis ou menos", pero saíron. En canto podamos poñeremos un enlace a eses vídeos.

Agora o imporante: o enlace o vídeo de Amnistía Internacional.

 

Angrois no esquecemento: as achegas da investigación xornalística á nosa sociedade

O martes 1 de decembro de 2015 Fran Piñeiro e Susana S. Recouso, dous dos creadores do premiado documental "Angrois no esquecemento" estiveron no noso centro contándolle ó alumnado como xurdiu a idea de facer este documental que enfoca a enorme traxedia de Angrois dende un punto de vista estritamente humano. Ademais desto falaron de moitas outras cousas, todas elas  moi interesantes: a manipulación nas noticias, o oficio de xornalista ou de reporteiro gráfico, etc.

Moitas gracias, Fran e Susana. Seguro que vos volveremos a chamar.

Proximamente poñeremos material gráfico do evento na galería multimedia.

Charla da Oficina de Coordinación de Transplantes

O 16 de outubro de 2015 o noso alumnado de primeiro de bacharelato tivo a inmensa sorte de contar coa presencia da intensivista Eva, coa enfermeira Lucía e coa persoa que tivo un transplante, Lola. Elas lle explicaron en que consiste a doazón de organos, como se realiza o procedemento, en que casos, lle proporcionaron información obxectiva sobre condicións nas que unha persoa pode ser donante, etc.

Dende aquí queremos agradecer que, un ano máis, a OCT colabore con nós nesta importante labor de concienciación.

Aquí tendes o enlace a galería multimedia.

Charla sobre os estudos universitarios: o Grao de Comunicación Audiovisual. Alex Pazos.

O día 24 de setembro, o noso ex-alumno Alex Pazos, achegouse ata o centro para compartir co alumnado de segundo de bacharelato a súa experiencia do paso pola universidade. Alex, recén graduado pola Universidade de Burgos en Comunicación Audiovisual non só ofreceu consellos senón que dialogou dun xeito distendido co alumnado, o cal lle plantexou múltiples preguntas.

Aquí tendes o enlace á galería multimedia con fotografías e vídeos do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut