Saltar navegación.
Inicio

Prensa

O problema da admisión de alumnado en Educación Infantil

12/06/2008


Finalmente, o problema foi resolto na Comisión de Escolarización e todo o alumnado de Infantil que solicitara praza no Feal para o curso 2008/09 foi admitido. A ANPA publicou unha nota en La Voz de Galicia.

10/05/2008


Estes días, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CPI do Feal está manifestando a súa postura respecto ao problema que estamos tendo coa admisión de alumnado de Educación Infantil, a través dos medios de comunicación do noso contorno. Por exemplo, podedes ver o artigo publicado en La Voz de Galicia. Aclaramos que o Consello Escolar ten unha postura unánime neste tema: a mesma que a ANPA.


O mapa escolar de Narón

14/02/2008

Finalmente, a proposta da Consellería foi aprobada no Pleno do Consello Escolar Municipal celebrado o 13 de febreiro de 2008. Polo tanto, Domirón seguirá correspondendo ao Feal a falta dalgúns trámites adicionais. Despois de dúas horas de intenso debate, a votación tivo o seguinte resultado: 7 votos a favor da Consellería, 3 en contra e unhas trinta abstencións.

Deixamos aquí unha pequena mostra da actividade mediática dos días previos:

Reiteramos o noso agradecemento á ANPA do Feal pola súa colaboración.

O asalto pirata en La Voz de Galicia e no Diario de Ferrol

O asalto pirata organizado pola Biblioteca de Primaria apareceu en La Voz de Galicia do 31 de xaneiro de 2008 e no Diario de Ferrol do 27 de xaneiro de 2008.

A Tribo no Diario de Ferrol

A nosa revista escolar apareceu na contraportada do Diario de Ferrol do 1 de outubro de 2007.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido