Saltar navegación.
Inicio

Instalacións

O comedor segue subindo

Obras do comedor

19/10/2009

As obras do comedor seguen a bo ritmo. O alumnado de 3º B de ESO, aproveitando as súas boas vistas, está facendo un seguimento especial e seguramente ofrecerannos un traballo sobre o tema cando remate todo.

As obras do comedor xa están en marcha

As obras do comedor
Fai clic para ampliar a imaxe

02/10/2009

Parece que o asunto do comedor do Feal vai en serio. Dende esta web, faremos un seguimento das obras para asegurarnos de que todo vai ben.

O grupo de 4º de Diversificación restaura o invernadoiro

Invernadoiro

21/04/2009

Non é a primeira vez que o grupo de 4º de Diversificación participa na mellora das instalacións do centro. Neste caso, podedes ver como traballan na restauración do invernadoiro, que necesitaba unha man de pintura e un novo cubrimento de plástico. Grazas rapaces!!

Educación Vial no patio cuberto

Educación Viaria

O Concello de Narón leva varios anos organizando actividades de Educación Vial para escolares a través da Policía Local. En 2008, pintouse un circuito no patio cuberto do noso centro por este motivo, e esperamos que a Policía Local veña periodicamente cos seus coches de pedais para educar ao noso alumnado. Os días 12 e 13 de febreiro, houbo actividades para os nenos e nenas que están agora entre 3º e 6º de Primaria (na foto aparecen algúns de 4º).

Encerado dixital

Aula de Plástica

05/04/2008 

En 2007 chegou un encerado dixital ao centro. Despois de darlle moitas voltas á sua ubicación, comezamos probando coa aula de Plástica durante dous trimestres e finalmente trasladouse á aula de Audiovisuais. Todo o profesorado do centro pode reservar hora nesta aula apuntándose no correspondente cadro da sala de profesores.

Novos ordenadores para os alumnos na Biblioteca de Secundaria

Biblioteca de Secundaria

10/03/2008

Na Biblioteca de Secundaria houbo unha gran transformación durante os dous últimos cursos: renovación do catálogo, reorganización, ampliación do mobiliario...

O último paso foi a instalación de dous ordenadores para os alumnos. Neste caso, non se trata de equipos enviados pola Consellería, se non mercados cos aforros da propia Biblioteca. Tedes máis información no apartado "Novas" da Biblioteca.

O noso agradecemento a Gelu e María Anca polo seu traballo.

Estreamos rocódromo

Rocódromo

06/03/2008

Aquí tedes a dous alumnos de 4º de ESO estreando o rocódromo do Pavillón de Secundaria, despóis de varios anos co proxecto de Víctor e Manolo Corredoira pendente. As presas que vedes na foto pódense cambiar rapidamente para modificar a dificultade do exercicio. Contamos con que Manuel Golpe decore un pouco os taboleiros e se a instalación da bo resultado poderíase ampliar máis adiante.

Esperamos que pronto saia algún escalador punteiro da canteira do Feal e chegue aos niveis de certa profesora de Secundaria.

Na Galería hai un novo álbum de Educación Física que irá crecendo, pero xa ten algunha foto adicional do rocódromo.

Por ordenadores que non sexa

Informática - Primaria

05/03/2008

Despóis da recente remesa de equipos enviada pola Consellería de Educación, no Feal xa temos nada menos que 93 ordenadores, que se di pronto. Aínda que os que levamos o seu mantemento estamos amargados, supoñemos que todo isto mellorará a educación dos nosos alumnos.

Na foto podedes ver parte da aula de Informática de Primaria cos últimos equipos que chegaron (os que estaban antes no seu lugar foron repartidos polas aulas de Primaria).

Novo graffiti

Manuel Golpe   Diego Lago

03/03/2008

En novembro de 2007, Manuel Golpe e Diego Lago comezaron a recuperar o graffiti que se perdera durante o verán do mesmo ano, cando a Consellería pintou todo o exterior do centro. O traballo rematou definitivamente en febreiro de 2008. Moitas grazas aos dous por axudar a darlle vida ao Feal.

Graffiti de Manuel Golpe

Graffiti de Diego Lago

A terceira aula de informática

Informática - Secundaria - 1ª planta

17/01/2008

Despois de poñer mesas e cadeiras novas recentemente, xa podemos dar por rematada a terceira aula de informática do Feal. Aínda que como sabedes está situada no corredor de 3º de ESO, loxicamente está a disposición de todo o centro. Os ordenadores están fallando demasiado para ser novos, pero parece que temos localizada a principal causa. Esperamos que tódolos usuarios da aula valoren o esforzo que se fixo para chegar a este punto e axuden a mantela sempre nas condicións actuais. Moi poucos centros do noso tamaño poden presumir de tres aulas de informática en bo estado (coñecedes algún?).

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido