Saltar navegación.
Inicio

2º de Primaria

O alumnado de 2ª de Primaria representa "A galiña azul" en Geriatros - Narón

13/03/2017

Baixo o título "E, que podo facer eu?", o alumnado e profesorado de 2º de Primaria comezamos un poxecto dentro do Voluntariado Miúdo: Móvete!, dependente da Consellería de Política Social. Unha das actividades realizadas foi a representación da obra de Carlos Casares, A Galiña Azul, en Geriatros - Narón.

O pasado venres, acudimos a este centro e compartimos experiencias e saberes coas persoas maiores. Ademais, pasámolo moi ben, xa que nos tiñan preparada unha busca do tesouro polas dependencias da residencia.

GeriatrosFai clic para ver máis fotos

Moitísimas grazas a Rocío Paz Gómez (a nai da nosa alumna Lucía Alves Paz) por entregarnos o vídeo en alta definición gravado co seu móbil, para poder subilo a YouTube.

A Galiña Azul

A Galiña Azul

A Galiña Azul

08/03/2017

Hoxe os nenos e nenas d 2° de Primaria representaron a obra A Galiña Azul. Esta é unha adaptación dun conto de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas. Trata dun neno que ten unha galiña azul á que as autoridades queren matar pero que, coa solidaridade e agudeza dos veciños, se salva.

Ademais, o próximo venres día 10, actuarán en Geriatros Narón, como parte das actividades do Voluntariado Miúdo - Móvete do Plan Proxecta, representando a mesma obra.

A Galiña Azul

Mercadillo solidario

Mercadillo

20/01/2017

O alumnado e as mestras de 2º de Primaria estamos a traballar nun proxecto solidario co fin de recadar cartos para o fondo de Recursos Solidarios de Narón. Como ben sabedes (xa que moitos e moitas de vós colaborastes coas vosas aportacións e polo cal vos damos as grazas), no primeiro trimestre levamos a cabo unha campaña de recollida de alimentos, que foron doados a este organismo.

Neste trimestre, imos organizar un Mercadillo Solidario e, para iso, precisamos a vosa colaboración. Podedes facelo aportando xoguetes, ou obxectos de calquer tipo (non teñen por que ser infantís), que non precisedes e que estean en bo uso, para que, os nenos/as e nós, poidamos ir facendo unha clasificación para a venda dos mesmos. Estes pódense depositar nunhas caixas que poremos na entrada do centro. Cando teñamos todo listo, informarémosvos oportunamente para que poidades vir mercar!

Moitas grazas
O alumnado e as mestras de 2º de E.P.

Un kg por un desexo

Un kg por un desexo

14/12/2016

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Un destes programas foi o escollido por 58 alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria do CPI do Feal (Narón) e polas súas tres mestras titoras. Trátase do Voluntariado miúdo: Móvete!, que leva por título E, que podo facer eu?. A partires desta pregunta, pretenden concienciar á comunidade educativa e ao seu entorno de que podemos facer moito para axudar á xente próxima a nós.

Deste xeito, cunha metodoloxía baseada na “Aprendizaxe e servizo”, que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos, habilidades e valores, é dicir, intencionalidade pedagóxica e intencionalidade solidaria, realizarán diversas campañas ao longo do curso. A primeira  delas, que están a levar a cabo nestes días, leva por nome Un kg por un desexo. Con esta iniciativa, recollerán alimentos para o banco de Recursos Solidarios de Narón a cambio dunha tarxeta cun desexo que estes alumnos elaboraron.

Mais non é esta a única iniciativa que desenvolverán este curso. Proximamente, organizarán un Mercadiño Solidario e a Representación dunha obra de teatro nun centro de maiores e nunha escola infantil.

As titoras de 2º de Primaria

Agradecemento das familias de 2º C de Primaria a Mónica Martínez

22/06/2016

As familias de 2º C de Primaria quixeron facerlle un agasallo en forma de vídeo á titora Mónica Martínez. O vídeo está dirixido por Alberto Rodríguez, e no guión colabora Nuria Cao.

Engadimos o agradecemento da propia Mónica.

Día Internacional da Infancia

Día da Infancia 2013

20/11/2013

Na imaxe podemos ver ao noso alumnado de 2º de Primaria, que hoxe elaborou un mural sobre os Dereitos d@s Nen@s, para celebrar o Día Internacional da Infancia.

Visita de 2º de Primaria á Sociedade Galega de Historia Natural

Sociedade Galega de Historia Natural

Fai clic para ver máis fotos

14/11/2013

Susana Santalla envíanos imaxes da visita de 2º de Primaria á Sociedade Galega de Historia Natural (en Ferrol), que tivo lugar o pasado 8 de novembro.

Os pitiños do Feal

 

24/02/2013

Na aula de 2º B de Primaria (a titoría de Rebeca) está sucedendo algo moi especial: están nacendo pitiños! No vídeo, hai imaxes do día no que naceu o primeiro, e de dous días despois (xa con cinco pitiños). Grazas a Alejandro (o pai da nosa alumna Sara Flores) por cedernos a incubadora.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido