Saltar navegación.
Inicio

O Feal desde o aire

28/12/2022

No conxelador desta web, tiñamos imaxes aéreas do Feal que non se utilizaran no vídeo do 50 aniversario, así que pensamos en aproveitalas con esta pequena montaxe.

A música de Kate Bush resucitou en 2022 grazas a Stranger things, pero xa é case tan vella como o noso centro, polo que pensamos que podería encaixar nesta montaxe, e fixemos unha versión instrumental caseira para a ocasión.

Pechamos así este ano de celebracións. Vémonos no 100 aniversario!

Nota: as primeiras imaxes aéreas do noso centro tomáranse en 2010 (con moi baixa resolución), desde un helicóptero da Guardia Civil.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com