Saltar navegación.
Inicio

Novo espazo no Feal

Biblioteca nova baleira

30/09/2019

Moita xente coñece xa esta novidade nas nosas instalacións, pero quedaba pendente publicalo nesta web. Durante o pasado verán, a Consellería de Educación reformou a antiga vivenda do/a conserxe (situada xunto ao patio cuberto), creando tres espazos novos para o noso centro: a futura Biblioteca de Infantil e Primaria (na foto), unha pequena aula para Audición e Linguaxe, e un baño accesible.

Desde a aula que aínda está dedicada á Biblioteca de Infantil e Primaria, irase trasladando o material ao novo espazo pouco a pouco, quedando dispoñible para o seu uso ordinario. Ademais, a nova biblioteca mellorarase con novo material.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com