Saltar navegación.
Inicio

Maruxa

08/03/2019

Loitamos a diario, pero hoxe 8 de marzo, lembramos que esa loita é de todas e de todos. Unamos as forzas para acadar dende a escola a igualdade en todos os ámbitos. As barreiras poñémolas os adultos... sexamos exemplo para a nosa infancia. Pepiño cambiou sendo velliño. Maruxa pensou sendo maior. E chegaron a conclusión que as cousiñas feitas a medias saen mellor.

Nota: A canción (co seu correspondente video) fixérase no CEIP Coirón - Dena, con música de Juanes ("La camisa negra") e letra inspirada no conto de Eva Mejuto "Maruxa".

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com