Saltar navegación.
Inicio

A Biblioteca volveu ao recreo

Bibliorecreo 2013Fai clic para ver todo o álbum da Biblioteca de 2013

 

07/06/2013

Continuamos este curso coa tradición de sacar un día a Biblioteca de Secundaria ao recreo. Foi unha gran satisfacción ver o entusiasmo co que case todos e todas saían pola porta e se achegaban ás mesas cheas de libros (claro que as lambonadas que había de agasallo axudaron un pouco!). Moitos cubristes o cuestionario que preparamos para a ocasión... e xa temos o gañador elixido pola man inocente de Sara entre os acertantes:

Michelle de Gregorio Otero (1º A ESO)

Noraboa!

Farémoslle entrega dun agasallo no recreo do xoves da vindeira semana na Biblioteca.

Ah! E moitísimas grazas aos nosos colaboradores que aportaron o seu esforzo e amosaron unha enorme ilusión coa actividade!

María e Michelle

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com